lunes, 21 de julio de 2008

NARNIA : PREGUNTA 2

Seguro que recordades que no libro "El león, la bruja y el armario", Santa Claus fai regalos a Peter, Susán e Lucy. En concreto a Peter, regálalle un escudo e unha espada, coa que mata ao lobo xefe da policía secreta da Bruxa Blanca, Maugrim, e coa que Aslan, o nomea cabaleiro.
Cal é o nome desta espada, a espada de Peter?

viernes, 18 de julio de 2008

TRIVIAL EN GALEGO

Por si vos aburrides, que espero que non suceda, incluimos no apartado "XOGA E CURIOSEA", da columna lateral, un novo enlace: Trivial en Galego. É un xogo de preguntas e respostas, en Galego, que porá a proba os teus coñecementos sobre a nosa autonomía dunha forma moi divertida.

lunes, 14 de julio de 2008

NARNIA: RESPOSTA 1

Non buscastes ben, nas páxinas que vos demos aparecían as respostas.
Os libros foron publicados na orde en que están aparecendo as pelis, que foi a orde en que o autor, C.S. LEWIS, os escribiu. Pero, logo, un neno, a través dunha carta propúxolle ao autor cambiar esa orde, para que se correspondese coa orde na que suceden as cousas (orden cronolóxico de acontecementos), e a Lewis gustoulle a idea. A partir de ahí, a maioría das editoriais decidiron utilizar esa orde.
Orde orixinal de aparición dos Libros (entre paréntesis a orde en que aparecen os libros hoxe en día):
1. "El león, la bruja y el armario" (2)
2. "El príncipe Caspian" (4)
3. "La travesía del viajero del alba" (5)
4. "La silla de plata" (6)
5. "El caballo y el muchacho" (3)
6. "El sobrino del mago" (1)
7. "La última batalla" (7)

PON MÚSICA

Se baixades pola columna lateral atoparedes unha nova sección "Pon Música", para que mentras ollades o Blog, poidades escoitar a música que máis vos gusta. Polo de agora só temos 3 melodías, (The Rasmus, Tokyo Hotel e Mago de Oz) pero se nos dicides algunha que vos guste, poremos algunha máis.
E seguide así, disfrutando do Verán.