lunes, 20 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS EN REBOREDA

Este curso a semana das letras galegas comezou cun pequeno teatriño dos nen@s de 5ºA e co tradicional izado de bandeiras e a interpretación do himno


Nas clases tod@s aprendemos moitas cousas de autor homenaxeado Roberto Vidal Bolaño (se premedes no nome iredes á páxina de recursos sobre este dramaturgo). 
Os máis pequenos do cole tiveron ocasión de asistir no multiusos aos títeres da compañía Babaluva e a súa obra "Lume" (preme no título para saber máis).
 E os rapaces e rapazas de primeiro contaron cunha contacontos de excepción a nosa orientadora Ángeles Pérez Espiña que lles presentou o seu libro "En Redondela vive..." e coa que pasaron un rato moi, moi especial. Grazas, Ángeles!


miércoles, 8 de mayo de 2013

O KAMISHIBAI CHEGA Á BIBLIOTECA

O Kamishibai é un teatriño tradicional xaponés que se usa para contar historias mediante unhas láminas ilustradas. E este curso chegou a Reboreda grazas ás profes de primeiro. As mestras fabricaron con madeira o teatriño e os nen@s de primeiro prepararon as láminas cos contos.  Os de 1º B eran contos tradicionais con finais abraiantes e o conto de 1º A  foi totalmente inventado polos nen@s demostrando o moito talento que teñen. 
Unha vez preparado todo invitáronnos ao espectáculo: os narradores ían contando o conto e mostrando os debuxos según ía sucedendo a historia. FOI UN ÉXITO!!!
Despois regalaron o Kamishibai cos seus contos para a biblioteca:
 Que contenta estaba Margarida! 
Agora temos o Kamishibai a disposición de tod@s: animádevos a preparar os vosos contos!