viernes, 25 de mayo de 2012

jueves, 24 de mayo de 2012

CLASIFICACIÓN MQS5

Impacientes estabades. Sobre todo os implicados... Pero, seguro que xa vos destes conta que a clasificación saiu na revista Bolboreta. Para os que todavía non vos enterastes, aquí tedes os gañadores.
NORABOA A TODOS E TODAS!
SODES UNS GRANDES CAMPIÓNS!
Non é fácil respostar cada semana, durante un mes, a todas esas preguntas "dificilísimas" que nos fixo Margarida.....

miércoles, 23 de mayo de 2012

REVISTA BOLBORETA


domingo, 20 de mayo de 2012

ISMAEL, CUN CONTACONTOS DE LUXO

Como cada xoves un compañeir@ da escola achégase ás clases dos peques para contarlles unha nova e divertida historia nunha sesión de contacontos sen igual. Nesta ocasión foi Ismael o que visitou a clase dos exploradores. Todos estiveron moi atentos porque a historia era emocionante, chea de ruidos estranos, pantasmas, sombras,..... ou non? O que si que é certo que había unha gatiña moi bailarina chamada "Chanel". E....... se queredes saber de que ía esta historia estade atentos que Ismael comeza nun momentiño o seu conto...

viernes, 18 de mayo de 2012

SEMANA DAS LETRAS

Que semana levamos!!
Comezamos a semana colocando as bandeiras e cantando o Himno Galego.
O martes tocaba Títeres. Na Semana dos Títeres de Redondela, a organización sempre invita aos coles a algunha actuación. Baixamos todos. Vimos a obra "Fios" de BAOBAB. Encantounos!
E onte mércores, despois dun mes de espera, por fin o tempo nos deu unha tregua e puidemos ir celebrar o Día da Árbore coas Comunidades de Montes e a Anpa. Agotadiños e cheos de calor, pero ... Un día xenial!


miércoles, 16 de mayo de 2012

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA

Despois dun mes de Marzo cheo de CÓMICS, o BAÚL VIAXEIRO tivo que marchar rumbo a outros mares. Tristura nos quedou pola despedida, pero ledicia de coñecer personaxes e historias dos que non sabiamos.
E para completar e complementar o contido do baúl, o pasado venres día 4 de maio, tivemos a sorte de poder asistir a un obradoiro de Banda deseñada a cargo do ilustrador GOCHI.

Coñecedes a editorial "Cerditos de Guínea"??
Pois Gochi, ademais de ilustrador, é o fundador desta editorial, que se encarga de comprar os dereitos de cómics internacionais para traducilos ao galego e podelos editar. Nestos momentos teñen en catálogo: Superlópez, Spirou e Fantasio, Gárgolas, Os cinco loitadores,... E ademais da man de Gochi, temos a Trasmallo, un personaxe xenial que vos vai facer rir moito. Toda unha pasada!

Despois de compartir con nós unha tarde entrañable, experimentando coa creación de personaxes, ... Agasallounos (aos coles asistentes) cunha mostra dos cómics editados por "Cerditos de Guinea" para as nosas Bibliotecas. En breve estarán á vosa disposición!

jueves, 10 de mayo de 2012

ALEX, UN CONTACONTOS MOI FEROZ

Pouco a pouco van pasando pola clase dos exploradores e do resto dos peques de Reboreda uns contacontos moi especiais. Nesta ocasión Alex agasallóunos cun conto moi chulo, "O oso e a espada". Gustóulles tanto aos peques que Alex estaba encantado ensinándolles as ilustracións, explicando as súas dúbidas e para comprobar se estiveran atentos ao final fíxolles moitas preguntas pero estes pequenos espectadores non perderan detalles. Mirade que bonita foi esta sesión de contacontos...

LETRAS GALEGAS 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE
Dende a Biblioteca "Saturnino Hermida" do IES Concepción Arenal de Ferrol chéganos esta estupenda presentación sobre o autor homenaxeado este ano nas nosas LETRAS GALEGAS.
Moitas Grazas!

martes, 8 de mayo de 2012

ACEITES AROMÁTICOS

Os alumn@s de 2º A e 2º B  xuntáronse no laboratorio do centro para realizar un experimento colectivo. Con follas de plantas e árbores : romeu, loureiro e limoeiro, fixeron  " ACEITES AROMÁTICOS "

viernes, 4 de mayo de 2012

CONTO INSTRUMENTADO

A profe Isabel, leva varias sesións liada cos compañeir@s de 4º preparando un coñecido conto cuns instrumentos moi particulares. Os peques tivemos que escoitar o conto dun xeito singular, tiñamos que estar de espaldas aos músicos e caladiños para escoitar atentamente todos os sons que aparecían para descubrir, como dunha adiviña se tratase, cal era o conto que os amig@s de 4º acababan de representar. Unha vez rematada a instrumentalización rapidamente os peques adiviñaron o conto. Explicaron como o adiviñaron e logo pedíronlle aos músicos que nos explicasen como facían cada un dos sons que aparecían no conto, como facían os personaxes, como soaba o lume, ou o vento, ou mesmo a auga fervendo.
Pasámolo xenial!!!
Queredes vós tentar adiviñar polo son de que conto se trata??
Ide a este enlace e escoitade con atención: "Descubre o que che conto"
Ahí vos deixamos algúns deses bonitos momentos.

martes, 1 de mayo de 2012

CONTACONTOS POR UN DÍA

Despois dun longo ano traballando ao redor dos contos, os maiores da escola queren agasallarnos cunhas interesantes sesións de contacontos nas clases dos máis pequenos. Nesta ocasión Pablo Amor, presentounos o conto: "Gato Guille e os monstros". Os exploradores xa coñecían este famoso conto pero estiveron moi atentos a esta diferente narración do conto. E como isto nos soubo a pouco Pablo quixo voltar a contalo pero agora coa axuda da PDI que temos na clase, porque nos estamos acostumados a velos case sempre na pantalla grande. Parabéns Pablo!!! Fixéchelo moi, moi ben!!!