jueves, 12 de noviembre de 2026

MULLER RAÍZ

 Hoxe, a través da @fundacionfilomenariveroalonso , recibimos a visita de @xavierblanconogueira e @martinaferradasmartinez , da Fundación Legar. Por primeira vez, fixeron para os nen@s o concerto “Mulleres Raíz”, onde recollen as profesión das mulleres a principios do século pasado, aínda q cando se lles preguntaba a elas dicían: “eu non facía nada”.


Agradecidísim@s por esta experiencia musical e cultural marabillosa!



NON É SERIO ESTE CEMINTERIO

 O venres celebramos o Samaín facendo unha serie de xogos de lengua que nos gustaron moito. Empezamos co secuestro da bibliotecaria, despois o bestiario e rematamos creando epitafios para o noso Ceminterio, inspirados pola nosa visita ao ceminterio dos Eidos.

#sextoreboreda, #samain, #lengua





viernes, 30 de octubre de 2026

CABACIÑAS DE CÓMIC

 Este ano os nosos artístas cabaceiros traballaron arreo para transformalas nas súas personaxes favoritas dos cómics.




jueves, 29 de octubre de 2026

ACTIVIDADES DE SAMAÍN: VISITA AO CEMINTERIO DOS EIDOS

 Hoxe os sextos tivemos a sorte de desfrutar dun auténtico paseo pola historia patrimonial e cultural da nosa Vila da man de @mellorconguia onde aprendemos, ademáis,moito sobre simboloxía.

Pasámolo moi ben. #sextoreboreda,#saidas, #samain



lunes, 21 de septiembre de 2026

ARRANCAMOS CO PDI: NAVEGANDO ENTRE VIÑETAS

 Arrancamos un novo curso facendo o que máis nos gusta: resolver misterios!!! Sobre todo cando traen unha boa recompensa.

#sextoreboreda, #iniciodecurso, #aprenderfacendo



lunes, 14 de septiembre de 2026

No noso novo proxecto para este curso imos indagar, descubrir e experimentar coas palabras e as imaxes, a ilustración e o cómic. Como xa compartimos, formamos parte do proxecto escolas azuis, debido ao traballo sobre o mar do curso pasado, polo que seguiremos navegando, solo que desta volta, entre ilustracións. Benvidos a un novo curso, a unha nova aventura! #ceipReboreda #aprenderfacendo #navegandoentreviñetas #pdi #traballoporproxectos



miércoles, 27 de mayo de 2026

PROXECTO ESCOLAS AZUIS

 Este curso a marea tróuxonos unha chea de aprendizaxes, aventuras e emocións que agoran toman forma no proxecto que imos presentar para ser recoñecidos como unha Escola Azul.

A ver se hai sorte.


jueves, 21 de mayo de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano a nosa semana das Letras quedounos chea de actividades.

- O luns comezamos co izado de bandeira e a homenaxe a Ángel Barros acompañados do @carballocenpolas78. Os alumnos e alumnas de terceiro faláranos de Begoña Caamaño e a nosa directora fixo unha breve e emotiva biografía de Ángel Barros, que debería ter vido ao centro neste día pero finou fai un mes e non puido ser. Despois cantamos todos xuntos o himno e demos comezo a semana das letras no noso centro.
- Martes e mércores: Desfrutamos do XXVII Festival de Títeres de Redondela baixando en quendas para desfrutar das obras no Multiusos da Xunqueira.
- Xoves: O equipo de educación física organizou unha carreira solidaria no centro na que participou todo o alumnado cuxa recaudación foi entrega á ONG Save the Children.
-Venres: O grupo Amalgama fixo unha actuación musical adicada ás cousas que nos trae a marea como parte do noso PDI do centro. Despois de cantar e bailar, tivo lugar o fallo do xurado do concurso literario da Reboraina.

En maio non para a festa!



martes, 19 de mayo de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

 Apadriñamento lector' 2026

Non hai mellor maneira de celebrar o Día do libro que compartindo lecturas e momentos .
Feliz día do libro a tod@s☀️
Desexámosvos boas lecturas hoxe e todo o ano ❤️📖.
#diadolibro2026 #beescolaresgal #apadriñamentolector



jueves, 14 de mayo de 2026

MAESTRO ENTRECARTONES

 Hoxe tivemos a grandísima sorte de ter unha vista moi especial! Unha visita coa que aprendemos mooooito (eu a primeira) e coa que o pasamos aínda mellor!


O profe Diego @maestro_entrecartones veu facer un obradoiro cos Indios (no seu día libre). Experimentamos e creamos ao grande co seu proxecto #obratectura que é unha auténtica marabilla! Pero, teño que dicir, que ademais do seu traballo, a súa conexión coas nenas e cos nenos é brutal.

Admiración e agradecemento a partes iguais profe Diego! Quedamos asombrados e encantados! As nosas portas sempre abertas para ti! Que sigan voando todos eses paxariños na túa cabeza❤️

#afortunados #osindios #ceipReboreda



viernes, 8 de mayo de 2026

FORMACIÓN DO PROFESORADO E PLEA

 Durante este curso estamos levando a cabo un grupo de traballo sobre competencia lingüística que ten, entre outros obxectivos, elaborar o noso novo Plan de lectura ,escritura e acceso a información .

O profesorado estamos mergullándonos nesta competencia na procura da mellora das nosas metodoloxías, en base a evidencias científicas e adaptándonos aos ritmos do noso alumnado.
Adicamos unha das sesións ao aprendizaxe basado en xogos ,que tantas oportunidades nos ofrece, porque aprender tamén pode ser moi divertido.

#plea #biblioblogreboreda #mergullándonosnacompetencialingüística



sábado, 2 de mayo de 2026

MAIOS E DESMAIOS

Durante a semana dos maios , o alumnado de segundo adentrouse na historia de "Maios e desmaios" , escrito por @ramond.veiga . A súa narración levounos a coñecer un pobo onde todos os nenos e nenas teñen nome de flor e no que, coma no noso, tamén se fan figuras con flores na véspera do 1 de maio. Pero tamén a unha escura fraga onde unha nena, un chisco misteriosa, en vez de maios...fai desmaios!

🌿Non podíamos ter escollido mellor lectura para acompañarnos entre costura de pampullos e ensaio de coplas 💛. Unha historia divertida que nos achega a unha das nosas tradicións máis fermosas, ilustrada maravillosamente pola man única de @ivan_r_
🍎Grazas aos dous por esta xoia que tanto nos gustou.