jueves, 29 de noviembre de 2018

EXPOSICIÓN DE VERNE

Despois de traballar sobre Verne nas aulas, visitar a praia de Cesantes, coñecer ao Capitán Nemo e viaxar ao centro da Terra... Todos os alumn@s do centro debuxaron as máquinas de Verne usando información e un pouco de imaxinación.
Aquí tedes unha pequena mostra dalgunha delas

miércoles, 21 de noviembre de 2018

ESCAPE ROOM NA BIBLIO, SEGUIMOS DESCUBRINDO A VERNE

Este ano o noso samaín foi diferente. 
Comezamos o encerro vendo un vídeo que parecía inofensivo.

Non sabemos moi ben coma acabamos pechados na biblioteca e o único xeito de poder saír era ir superando probas e descifrando as pistas que nos levaban a onde estaba agochada a chave. Para iso cada equipo contaba cunha mochila onde tiña un kit básico para superar as probas no que había lapiz, bolígrafo, tesoura, pegamento, unha lanterna, un folio e a primeira pista gardada nun sobre. As probas estaban relaciondas coas cousas vistas na aula, neste caso, co proxecto de Verne e con contidos da área de matemáticas. Cos pelos de punta comezamos a buscar a saída pero, pouco a pouco, as luces da biblioteca fóronse apagando ata que quedamos a escuras e so podíamos ver con axuda das nosas lanternas. Inda así, con paciencia, confianza e, sobre todo, traballo en equipo, conseguimos saír da biblio e o equipo gañador levou 30 puntos no class dojo.

miércoles, 14 de noviembre de 2018

MÁXICO INICIO DE CURSO!!

O mércores, dia 7 de novembro, puidemos gozar no noso colexio dun espectáculo fantástico.

En colaboración con  Normalización Lingüística do Concello de Redondela , tivemos a oportunidade de ver o espectáculo "MAXIA vs CIENCIA", a cargo do mago Paco.
É unha mestura de maxia e ciencia que nos encantou.
Para mostra este vídeo.

CLUBE DE CIENCIA

Estes días levástedes unha folla con información para anotarvos no Clube de Ciencia.
No CEIP de Laredo, Chapela, levan un ano desenvolvendo esta actividade e os alumnos do clube fixeron unha chea de experimentos, aquí vos deixo a memoria visual do clube de ciencia de Laredo do curso pasado para que vexades de que se trata. Clicade na imaxe e desfrutando navegando pola páxina.
https://twitter.com/search?f=tweets&vertical=default&q=%23clubciencialaredo&src=typd

miércoles, 7 de noviembre de 2018

"UNHA PONTE DE LIBROS INFANTÍS", EXPOSICIÓN NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA

Fonte biblioteca de Redondela


A entrada do Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle, desde o pasado venres 26, unha exposición dedicada á escritora e xornalista Jella Lepman (1891-1970) que creou en 1949 a Biblioteca Internacional da Mocidade en Munich, un dos proxectos cos que contribuíu ao entendemento internacional a través da literatura infantil .
A exposición articúlase contorna a unha selección bibliográfica de autores infantís e xuvenís que recibiron dende 1956 ata a actualdiade o Premio Hans Christian Andersen considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e coñecido coma o Pequeno Premio Nobel.


A xoia da mostra son os "Cuenos de las Buenas Noches", Jella Lepman (1951), nunha 1ª edición da editorial Juventud no ano 1967, unha rareza de moi difícil localización. Este libro contén unha selección de historias para durmir elaborada a partir da colaboración de cidadáns anónimos que enviaron miles de historias das que se fixo unha selección publicada orixinalmente en tres volumes.

"Unha ponte de libros infantís". Jella Lepman, nome que designa á exposición, permanecerá aberta ao público ata finais de ano.


lunes, 5 de noviembre de 2018

SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA

Xa vos contamos o outro día coma celebramos o Día da biblioteca este ano no cole de Reboreda. Pero a cousa non quedou aí. 
Ao día seguinte 4º, 5º e 6º visitamos a praia de Cesantes no Chocochu para facer unha lectura colectiva dos libros de Verne acompañados polos ollos do capitán Nemo. 1, 2º e 3º fixeron a mesma actividade o venres.
Pero, os alumnos de sexto aproveitamos a visita a praia para axudar ao capitán Nemo a resolver un misterio e traballar todos xuntos resolvendo un reto. Tratábase dunha pequena xincana onde afrontamos un par de probas que lle brindaron un bos puntos aos gañadores no Class Dojo.
Ademais visitamos a Nemo e fixemos a lectura colectiva.
Pasámolo moi ben pero, o mellor de todo, foi viaxar no Chocochu.
Mirade, mirade!!!