Como xa case é tradición no cole este día, organizamos xogos cooperativos no patio ☀️ repartímonos en grupos de idades mixtas e compartimos un moi bo rato rotando por dez xogos nos que nos temos que axudar para acadar un obxectivo común. Pasámolo moi moi ben!
miércoles, 31 de enero de 2024
martes, 30 de enero de 2024
DÍA DA PAZ: MURO DE FAVORES
Axudar a gardar a merenda, axudar a construír unha pista, facer un debuxo xuntas, axudar a colgar o mandilón, dar unha aperta… estes son algúns dos moitos favores da nosa cadea! En orde, pedimos un favor a un/unha compañeir@ e fixemos outro ao seguinte. Despois escribímolo ou debuxámolo nun ladrillo para, finalmente, pegalo no muro.
Tamén lemos un conto dun muro relacionado coa superación dos medos, a curiosidade e as fronteiras: Ratoncita y el muro rojo.
miércoles, 24 de enero de 2024
TIPS PARA ESCRIBIR HISTORIAS
En quinto todas as semanas temos un taller de escrita creativa onde traballamos diferentes tècnicas.
Este trimestre estámolo adicando aos contos de pantasmas.Estamos usando moito material do escritor Enrique Paez para as nosas propostas e a idea è ter, ao final do trimestre, un bo relato de medo.
Unha das propostas do taller foi preparar inicios de historias. Na aula lemos o inicio de diferentes novelas, as analizamos e usamos estes tips para crear cinco comezos de historias.
O resultado non estivo nada mal.
Seguide atentos que próximamente vos contaremos máis.
miércoles, 17 de enero de 2024
CIBERACOSO E CIBERSEGURIDADE
Hoxe os quintos e sextos tivemos as charlas do Plan Director da man de Pelayo.
En quinto falamos longo, tendido e sen pelos na lingua sobre o acoso e o ciberacoso e, nos sextos, sobre ciberseguridade.Unha actividade moi, moi necesaria.
viernes, 12 de enero de 2024
RETROPROXECTAMOS UN CONTO
En quinto, no terceiro laboratorio imos crear un proxector así que hoxe rescatamos o retroproxector do centro e observamos as súas partes, analizamos o seu funcionamento e, por suposto, fixemos probas.
Agora si, xa estamos preparados para facer o noso.martes, 9 de enero de 2024
Así arrincaron os sextos este segundo trimestre, unindo o universo do cómic coa diversidade corporal. Hoxe tivemos a primeira sesión, mañá e o mércores seguiremos avanzando neste tema, xa vos iremos contando!