Mostrando entradas con la etiqueta méxico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta méxico. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de octubre de 2009

PIMPÉ EN MÉXICO

Pimpé, na súa viaxe, tamén visitou un país de América do Norte: MÉXICO.
Alí fixo unha nova amiga: MIXCÓATL (serpe de nubes en Náhuatl). Cando se coñeceron, ela presentouse:

-ne notoka Mixcóatl (chámome Mixcóatl)
-¿ken tika? (como estás?)
Pimpé aprendeu a responderlle na súa lingua:
-kuali ¿iuan te? (ben, ¿e ti?)
O Náhuatl é unha das numerosas linguas indígenas de México. É falada por case dous millóns de persoas, e a ela debémoslle palabras como: CHOCOLATE, AGUACATE, CACAHUETE (ou cacahuate), CHAPAPOTE (orixinariamente CHAPOPOTE), GUACAMOLE, CANICA, TOMATE, CHICLE, PETACA, etc. etc.
Mixcóatl ensinoulle a Pimpé moitas cousas das tradicións mexicanas. En especial, contoulle todo o relativo ao “DÍA DE MUERTOS”. É unha festa que ocorre cando nós festexamos SAMAÍN. Nela se baila, toca, canta e bebe. Cóntanse lendas de calaveiras, bruxas e aparecidos, e fanse altares adornados con “PAPEL PICADO”. Nestes altares póñense fotos de defuntos e as comidas que lles gustaban cando estaban vivos. Tamén se fan doces con forma de calaveira; e como eles son irreverentes e toman a morte un pouco a broma, teñen personaxes como A CATRINA, que é unha “calaca” (esquelete) da alta sociedade, e que simboliza á propia morte.
Pois ben, Mixcóatl ensinoulle a Pimpé cancións, danzas e lendas do Dia de Mortos e tamén lle regalou un sombreiro de Mariachi e fotos das calacas máis famosas.