O pasado venres día 11, Alba P, Alba S e María participaron no desafío
final de Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia. Tiveron que facer
fronte as mesmas probas que o alumnado de secundaria. Comezaron con
nervos e quedándose un pouco atrás pero, pronto remontaron, gañaron
confianza e, ademais de pasalo moi ben, conseguiron gañar.
Insisto unha vez máis en que só con ser finalistas para mi xa erades as
gañadoras e quero, unha vez máis, recoñecer o traballo do resto dos
equipos que, aínda que non chegaron a final, tamén fixeron un traballo
xenial e digno de recoñecer.jueves, 24 de mayo de 2018
martes, 22 de mayo de 2018
I CONGRESO DO COLEXIO DE REBOREDA
O próximo día 1 de xuño o noso centro vai a celebrar o I Congreso do Colexio de Reboreda, que este ano está adicado ao "Reino animal", ademais, tamén levaremos a cabo a I Feira de Ciencia e Tecnoloxía. Aquí tedes o programa para ir abrindo boca.
martes, 8 de mayo de 2018
FEIRA STEMLAB GALICIA
O pasado 20 de abril fomos convidados a participar na primeira feira STEM de Galicia. Unha feira que pretende ser un referente a nivel nacional onde se recollen as iniciativas relacionadas coas aprendizaxes STEM no ámbito educativo.
Foi un día moi intenso onde presentamos os nosos traballos a miles de estudantes que pasaron polo noso stand, así coma a mestres, inspectores, autoridades, familias e, incluso, tivemos a sorte de poder ensinarlle os nosos traballos a Pedro Duque.
Un día intenso e cheo de emocións onde, ademais de expor, tamén puidemos visitar a feira e ver o traballo de outros 17 centros educativos de Galicia así coma de empresas e centros que se adican a desenvolver técnicas STEM relacionadas co ámbito educativo.
Pasámolo moi ben e, unha vez máis, aprendemos de xeito directo e participativo, compartindo con demais o noso xeito de facer.
NORABOA A TODOS OS RAPACES QUE, UNHA VEZ MÁIS, O FIXERON XENIAL!!! ORGULLO DE ALUMN@S.
SODES FANTÁSTICOS!
miércoles, 2 de mayo de 2018
CALIGRAMAS
Os luns temos taller de escritura.
Aproveitamos estes talleres para aprender a mellorar o noso xeito de
expresarnos e, de paso, traballar con diferentes técnicas e formas de
expresión.
Levamos dúas semanas traballando poesía, coma é un pouco máis complicado fixémolo dun xeito lúdico, creando caligramas.
E sairon cousas moi interesantes!!
Etiquetas:
3º ciclo,
taller expresion escrita
Suscribirse a:
Entradas (Atom)