Mostrando entradas con la etiqueta aguinaldos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aguinaldos. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de diciembre de 2009

AGUINALDOS

Que fermosa tradición!
Preparar unhas cantigas e sair a cantalas, e nós os que escoitamos a cambio entregamos un pequeno aguinaldo.
Pois un ano máis da man da profe Isabel os nenos e nenas saíron polo Centro dando un auténtico ambiente de Nadal, este ano moi INTERCULTURAL.
Todas estas cancións chegaronlle a Pimpé vía correo ordinario (os bordes dos sobres tiñan as cores do país do que procedían, como antaño), para que él as transmitira aos nenos do noso cole. (menos a treboada e a canción de Silvio Rodríguez)
As cancións de México envioullas a súa amiga MIXCÓATL, as de Brasil seu amigo NUNO, e as de Bolivia seu amigo KORI SISICHA.


Queredes coñecer esas Cantigas?
Infantil 3 anos: DORME, cantiga de ninar de Brasil na que, para conseguir que o neno durma, primeiro temos que facer que durman todas as cousas que o arrodean. Puxémoslle son a cada un deses elementos empregando instrumentos brasileiros (a maioría deles).
Infantil 4 e 5 anos: GAZI SI NANA, arrullo tradicional mexicano, de OAXACA, está en lingua zapoteca do istmo de Oaxaca. Fala de que cando durman a avoa e o avó, roubarán medio real para comprar pan duro e para ir á igrexa. Tamén eliximos entre todos un son para cada unha das frases. Bibi tocará unha frauta de cana. Uns amigos que están a traballar polos dereitos dos oaxaqueños alí enviáronme a tradución. Levaremos a bandeira de México e tamén a de Oaxaca.
1º CURSO: DORME DORME MEU MENINO, cantiga de ninar de Brasil (aínda que é portuguesa), na que se intenta que o neno Xesús durma. Acompañamos con instrumentos de pequena percusión, entre eles uns “TARIYAS” (non sei como se escribe) de Marruecos que trouxo o ano pasado Salwa.
2º CURSO: SEÑORA SANTA ANA, arrullo tradicional mexicano, no que San Xoán (amigo da familia) lle píde axuda a Santa Ana (nai de María) para facer durmir ao neno, que non para de chorar. María e Xosé están ocupados coas tarefas domésticas e San Xoán promételle que se dorme, cando esperte lle dará atolito (papilla feita a base de fariña de maíz), guayabate (doce de guayaba)...pero seica non ten moito éxito co chimpallate (chamaco, guagüita, rapariguiño...). Acompañamos este berce con cabazos e axóuxeres. (e con nós si que conseguiu o obxectivo de relaxarnos, facernos bocexar).
3º CURSO: NIÑO MANUELITO, villancico coya que lle canta ao neno Manuel, que se atopa en Perú e en Bolivia (seguramente tamén o coñecen no noroeste de Arxentina e norte de Chile), Aquí tocamos sistros (variña con chapas), chas-chas (soalleiro de pezuñas de cabra), “caja chayera”, charango y pinkullo ( frauta de cana). Todos estes instrumentos son tradicionalmente empregados na música andina, e é importante salientar que as comunidades indíxenas (os primeiros ecoloxistas) reutilizan e reciclan TODO: deste xeito unha cabra dá de comer, dá a súa pel para facer a caixa, coas pezuñas fanse chas-chas, coas tripas faise o bordón que leva a caixa (nel van engarzados parte dus tubiños das plumas de aves que tamén comeron), e as canas das beiras do camiño serven para facer infinidade de cousas, entre elas quenas, pinkullos e sikus. Levaremos a bandeira de Bolivia e tamén a Wiphala (bandeira cadrada dos pobos andinos).
5º CURSO: faremos unha TREBOADA para recoller aos nenos dos patios e levalos ao multiusos. Esta, concretamente é recollida en Pazos de Borbén, e contan os gaiteros da miña idade, que de pequenos ían pedir o aguinaldo polas casas tocándoa. O instrumento por excelencia da treboada é o BOMBO, aínda que tamén hai outros como a gaita, o tambor, a pandeireta e o que atoparan....coma sempre.
6º CURSO: imos cantar CANCIÓN DE NAVIDAD, de Silvio Rodríguez. Coma sempre, Silvio fainos reflexionar sobre os nosos rituais sociais establecidos.
E como a música se presta e é cubana, tocaremos unha CONGA (máis coñecido como DJEMBÉ), CLAVES, e SHEKERÉ (este último vano construír eles con cabazos ou cocos, a ver que tal lles queda)