sábado, 30 de enero de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 O pasado día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz en todas as escolas. Podedes ver todas as actividades na páxina web do centro pero aquí tedes tamén un  pequeno resumo para abrir boca. (premede na imaxe)

Ademais do manisfesto feito polo alumnado de sexto, tamén bailamos o BAILE DA PAZ, de Mamá cabra.




viernes, 29 de enero de 2021

PROGRAMA LER CON D: A GUERRA DOS NÚMEROS

 Os nosos bibliotecarios estaban ansiosos por comezar o segundo trimestre para poder contar contos aos peques de infantil.

Aproveitando que falta pouco para celebrar o día da paz, as primeiras bibliotecarias fixeron a súa primeira gravación.

Estas gravacións despois se poñen o venres nas aulas de infantil para que poidan desfrutar do conto e así manter as medidas covid.

Aquí tedes esta primeira entrega:


jueves, 14 de enero de 2021

AMPLIANDO O FONDO: EDUCACIÓN SEXUAL

 Volvemos este trimestre con novas ideas, propostas e propósitos, e que mellor que facelo ampliando o noso católogo?

O terceiro ciclo pediunos máis material sobre educación sexual e, aquí está.



viernes, 8 de enero de 2021

XA ESTAMOS DE VOLTA

 FELIZ ANO 2021 PARA TODOS.

 Remataron as vacacións de Nadal e dende a biblioteca de Reboreda xa estamos pensando que actividades imos facer este segundo trimestre. Así que estade atentos, en breve, irémosvos informando.