Margarida volveu da súa viaxe, está vez foi da man dos nenos e nenas do segundo ciclo. Estivo en Chapela, Trasmañó, Vilar de Infesta e Cabeiro. Non volo perdades!
miércoles, 30 de abril de 2014
sábado, 26 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO NO COLE DE REBOREDA 23-4-14
Este ano tivemos unha celebración moi especial polo día do libro. Comezamos a mañá cunha pequena homenaxe aos grandes escritores españois, do mundo e, como non, de Galicia e de Redondela. Foi un acto sinxelo pero moi especial.
Na hora de ler, quixemos facer unha lectura diferente e nuns espazos diferentes, polo que sacamos os libros aos corredores e todos xuntos gozamos dunha sesión lectora moi particular.
Create a digital slideshow |
lunes, 14 de abril de 2014
COCIÑANDO CONTOS NO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
Os peques de Reboreda asistiron entusiasmados ao salón do libro de Pontevedra. Visitaron as instalación e xogaron coas palabras, inventaron historias de cociña e ata deixaron viaxar a imaxinación por diferentes cociñas, a través dos traballos realizados por moitos coles de Pontevedra. Pasámolo xenial e como remate asistimos ao contacontos de “A pota que trota”.
Agora vos deixamos imaxes deses bonitos momentos, estade atentos ás cariñas dos sapiens e dos cocoricos A porque estaban para comelos!!!
E así foi a sesión de contacontos...
Agora vos deixamos imaxes deses bonitos momentos, estade atentos ás cariñas dos sapiens e dos cocoricos A porque estaban para comelos!!!
E así foi a sesión de contacontos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)