martes, 30 de noviembre de 2021

NA AULA TAMÉN SE CONTA: LA VERDAD SOBRE LOS DINOSAURIOS

 O tema do PDI deste curso está dando para moito. Os ovos invadiron a biblio pero tamén as aulas. 

Os ovos que abriron todos os compis do cole foron feitos por segundo e antes de facer ovos houbo que porse mans a obra e aprender moito sobre os dinos e que mellor que descubrindo toda a verdade.

Dende maxianaclase, a profe María nos comparte, a través de instagram un novo conto na aula.






viernes, 26 de noviembre de 2021

25 NOVEMBRO: E DESPOIS DO TRABALLO... TOCA VISIBILIZAR

Unha vez feito o mural e colocadas todas as palabras relacionadas no noso mural tocou ir pasando para ver o traballo dos compañeiros. Usamos as tablets da biblio para visibilizar e o altofalante portátil e así puidemos ir pasando por aulas aprender e poder ver o que fixeron os nosos compañeiros.
 
 

A TIRANOSAURA: 25 N

Dentro do traballo realizado polas aulas para commemorar o 25 N, os compañeiros de segundo para traballar, entender e extinguir a palabra machismo fixeron un fantástico traballo cun conto que se titula "A tiranosaura". Un conto estupendo para achegar aos máis pequenos e de xeito sinxelo contidos moi complexos, inclusivos e de igualdade.

Aquí vos deixamos o audiolibro que preparon os rapaces despois de traballar co libro.

NORABOA, fantástico traballo!!! 


25 NOVEMBRO: DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 Un ano máis o noso centro únese a commemoración deste día uníndoo co PDI Jurassic Park.

A actividade dividiuse en dúas partes, por un lado fixemos un mural co lema: "QUE VOLVAN OS DINOS E SE EXTINGA...", cada aula traballou unha palabra relacionada coa violencia e plasmou todo ese traballo nun código QR. 

Os carteis coas palabras e os códigos colocáronse no mural para que o resto dos compañeiros puidesen ver o traballo de todas as aulas.

As palabras que traballamos, entre outras foron: insultos, ameazas, humillacións, violencia, patriarcado, machismo, feminazi, mansplaining, brecha de xénero...



Por outra banda, cada aula fixo 4 pegadas de dinosaurio en aerofix violeta e dentro de cada pegada, por equipos, escribiron unha palabra en positivo para contribuír a extinción de todas estas palabras que queremos que desaparezan.  Despois, cada aula foi colocando as pegadas dende a súa aula ata o corredor central onde está o cartel, de xeito que todos os pasos nos levan ao mesmo lugar.


Un traballo no que participaron todas as aulas e todos os alumnos/as do centro. Un día no que, máis que nunca, a educación debe estar moi presente porque so a educación pode cambiar as cousas que non están ben.


martes, 23 de noviembre de 2021

NA AULA TAMÉN SE CONTA: OS CALZONCILLOS MALÉFICOS

 O covid obrigounos a repensar moitas actividades e espazos e, aínda que a nosa biblio xa está aberta, os cursos non se poden mesturar así que deseñar actividades non é sinxelo.

Inda así, as aulas sempre fan un traballo extraordinario cos contos e imos aproveitar para compartir convosco ideas e xeitos de traballar os contos nesta nova sesión que imos chamar "Na aula tamén se conta",

.Empezamos coa aula dos xirasois que publicou no noso instagram un conto que lles encantou aos cativos: "Los calzoncillos maléficos".



viernes, 19 de noviembre de 2021

COMO NOS GUSTA A NOSA BIBLIO

A biblio está tan cambianda que os nosos lectores non paran de sorprenderse e de querer sacarlle partido a este novo espazo. Como nos gusta volver a ter a biblio chea😉#biblioblogreboreda!

miércoles, 17 de noviembre de 2021

INVASIÓN MANGA

Por fin chegaron as coleccións Manga que nos levábades pedindo durante estes meses. Esperemos que deades boa conta delas!!!

viernes, 5 de noviembre de 2021

III FESTIVAL DE CURTAS: "PELÍS PUBLICADAS"

 Un ano máis o noso festival de curtas foi un éxito e xa vimos todas as pelís.

Agora tócanos compartilas con vos.

Na aula virtual da páxina web do centro tedes as pelís, non vos esquezades de pasar por alí para velas.



jueves, 4 de noviembre de 2021

ARRANCA O PDI: REBOREDA JURASSIC PARK

 Este ano imos embarcarnos nunha nova aventura. Trátase dunha viaxe ao pasado para aprender máis dos dinosaurios.

Estades preparados? A biblio xa ten todo listo:

Andeis cheos de libros de dinos

Novo espazo acorde coa temática

Ovos de dinos con algo agochado

Libro de retos para este curso

...

Aquí tedes a visita dos primeiros grupos. Ao longo da semana todas as aulas pasarán pola biblio para romper o seu ovo e comezar o traballo ao redor do PDI, estamos desexando ver os resultados!!



miércoles, 3 de noviembre de 2021

REAPERTURA DO NOSA BIBLIO 100% RENOVADA

 A nosa biblio é a de sempre pero parece nova.

Novo mobiliario, novos espazos, nova distribución e novo enfoque para un espazo fantástico no que aprender e desfrutar.

Inda non foche vela? Pois non esperes máis, agardamos por ti!!