miércoles, 27 de noviembre de 2013
martes, 26 de noviembre de 2013
O CARBALLO DOS 100 CONTOS
Na biblio de Margarida estamos dando forma entre todos os nenos e nenas do cole de Reboreda ao noso particular "Carballo dos 100 contos". É una árbore diferente e moi orixinal que se enche de cores coa axuda de todos os nenos e nenas. Pouco a pouco os peques vanse animando e van deixando as súas recomendacións nas pólas desta árbore tan particular. Mirade que fermosa se está poñendo coa axuda de todos.
Free digital scrapbooking design customized with Smilebox |
Etiquetas:
biblioteca,
contos,
Educación Infantil
miércoles, 20 de noviembre de 2013
jueves, 14 de noviembre de 2013
LARETA 2013, Festival de Monólogos de Redondela
O
Servizo de Normalización Lingüística organiza a segunda edición do
Festival de Monólogos de Redondela, LARETA 2013.
Trátase
dun evento cultural que naceu en 2012 co obxectivo de fomentar o uso
oral da lingua galega e de promover a creación artística daquelas
persoas que apostan pola nosa lingua como ferramenta de traballo e
medio de comunicación.
O
nome do festival de monólogos, LARETA, quere incidir precisamente
niso: en laretar, falar sen control e sen medida, dicir o que se
queira pero sempre utilizando a lingua galega como vehículo de
comunicación. Alén diso, quere ser tamén unha proposta creativa e
artística con continuidade no tempo, que se converta nun referente
dentro da oferta cultural redondelá e que vén avalada polo éxito
da súa primeira edición.
Nesta
segunda edición, que se celebrará os sábados ás 20.00 h,
contaremos coa participación de Luís Zahera, Quico Cadaval, Sergio
Pazos e Cándido Pazó para público adulto, e Paula Carballeira para
público infantil.
As
sesións celebraranse no Auditorio da Xunqueira de Redondela os
sábados 16, 23 e 30 de novembro, e 7 e 21 de decembro. O prezo da
entrada xeral é de 4 €, e para persoas xubiladas, estudantes e
público infantil 2 €. Mais é posible tamén adquirir un bono para
as cinco funcións ao prezo de 16 € ou 8 € para a entrada
reducida, que se poderá reservar dende o xoves 7 de novembro.
A
venda de entradas anticipadas para cada función farase dende dous
días antes a cada unha, na recepción do Multiusos da Xunqueira.
O
Servizo de Normalización Lingüística anima a toda a veciñanza
redondelá a asistir a esta proposta cultural que reivindica o uso
oral da lingua propia de Galicia.
martes, 5 de noviembre de 2013
ESTE SAMAÍN INTERCAMBIAMOS CONTOS DE MEDO NO CEIP SANTO PAIO!
AQUÍ VOS DEIXAMOS AOS NENOS E NENAS DE 1º B COA OBRIÑA QUE FIXERON POLO SAMAÍN NO INTERCAMBIO DE CONTOS DE MEDO. ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES. NORABOA ESTES GRANDES ACTORES E ACTRICES E A PROFE CECI E MARTINA!
lunes, 4 de noviembre de 2013
ASÍ CELEBRAMOS SAMAÍN OS NEN@S DE INFANTIL
A semana pasada foi unha semana moi, moi intensa. Fíxemos unha chea de cousas relacionadas co Samaín: decoramos os corredores, escribimos os nosos medos, cociñamos chulas, decoramos cabazas...
Rematamos a semana coma máis nos gusta, con contos. Os nen@s de 1º prepararon unha obriña sobre o Samaín e fomos en dous turnos ao salón de actos a disfrutar da mesma. Gustounos moitísimo. Aquí vola deixamos para que vos tamén podiades disfrutar con ela.
Etiquetas:
Educación Infantil,
halloween,
lectura silenciosa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)