UN ALIMENTO, UN LIBRO!
miércoles, 29 de octubre de 2014
LIBROS SOLIDARIOS
Unha vez mais, a comunidade educativa do ceip Santo Paio de Abaixo, aporta o seu grao de area nunha iniciativa de apoio as persoas que mais o necesitan. MOITAS GRAZAS!!
OBRADOIROS DE MANUALIDADES NOS RECREOS DA BIBLIO
O pasado martes, no recreo da biblio levóuse a cabo un sinxelo obradoiro de manualidades, no que fixemos puntos de libros para as nosas lecturas. Nesta ocasión creamos divertidos mostros xa que pronto ía chegar o samaín. Ahí vos deixamos uns pequenos retazos deses momentos e non vos preocupedes se queredes ter un deses divertidos marcapáxinas porque para a semana voltaremos a facelos.
Etiquetas:
manualidades,
recreos da bibio. obradoiro
jueves, 23 de octubre de 2014
miércoles, 22 de octubre de 2014
LIBROS SOLIDARIOS
As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que se destinarán a Cáritas Redondela
Libros solidarios é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio.
Libros solidarios é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio.
ESTE VENRES NON ESQUEZAS A TÚA APORTACIÓN A ESTA CAMPAÑA
QUE É A CDU?
A biblioteca está a piques de abrir as súas portas. Algunha vez te preguntaches como están ordeados os nosos libros? Margarida explícacho nesta presentación. Aínda que o mellor xeito de sabelo e entrando na biblioteca e comprobándoo ti mesm@.
martes, 21 de octubre de 2014
BALONCESTO NO COLE
A semana pasada recibimos a visita no cole de varios monitores do Club de Baloncesto de Redondela. Fixeron xogos relacionados co baloncesto con todos os grupos co obxectivo de promocionar o deporte de de darsea coñecer por se alguén estaba interesado en apuntarse.
O grupo de 4ºB publicou unha reportaxe no seu blog sobre a súa experiencia. Se queredes velo só tedes que premer no debuxo.
Etiquetas:
2º ciclo,
actividades,
educación física
domingo, 19 de octubre de 2014
XOGANDO A SER ARTISTAS DA PREHISTORIA
O venres día 10 de outubro xuntámonos os nen@s de 1º e 3º, convertimos o noso corredor nunha caverna e disfrutamos facendo arte rupestre.
Etiquetas:
1º ciclo,
2º ciclo,
actividades,
arte
jueves, 16 de octubre de 2014
VISITA Á FERVENZA DE REBOREDA
Recentemente inauguraron o acceso á fervenza de Reboreda tras anos nos que estaba practicamente abandonada e con dificultades de acceso. Todas as titorías teñen a intención de visitala ao longo do curso. Os grupos de 4º visitáronna fai uns días porque teñen implicacións persoais co asunto. Cando estaban en infantil fixeron unha saída á fervenza e...
Se queredes saber máis desta historia, con videos incluidos, premede na imaxe.
martes, 14 de octubre de 2014
Visita ao mercado de Redondela
O pasado 17 de setembro os grupos de 4º, 5º e 6º baixamos en dous turnos ao Mercado de Redondela. Alí esperábannos varias monitoras para facer en pequeno grupo visitas guiadas polos distintos postos. Unha vez rematada a visita subimos á primeira planta, onde nos puxeron un vídeo sobre o choco e a continuación fixemos unha visita guiada polos distintos paneis informativos sobre o choco. Unha vez concluida a actividade agasalláronnos cunha brocheta de froita para tomar antes de voltar ao colexio.
Nos blogs das aulas de 4º colgamos reportaxes e vídeos sobre esta saída, só tedes que premer no nome do blog para poder velos.
Etiquetas:
2º ciclo,
3º ciclo,
saídas didácticas
miércoles, 1 de octubre de 2014
COMEZAMOS!!!
Xa estamos aquí de novo! A biblio está a piques de abrir as súas portas con moitas novidades. Dende aquí adiantamos que será un ano de artistas, escultores, pintores, músicos....o tema deste curso é " a arte".
Así que, xa sabedes, non deixedes de visitarnos se queredes ver as nosas creacións artísticas.
BO COMEZO DE CURSO A TODOS/AS!
Así que, xa sabedes, non deixedes de visitarnos se queredes ver as nosas creacións artísticas.
BO COMEZO DE CURSO A TODOS/AS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)