martes, 29 de diciembre de 2009

FESTIVAL DE NADAL

E por fin, despois de tantos ensaios, tantos preparativos, tantos nervios,... chegou o día da posta en escena.
Que colorido!
Que melodías!
Que voces!
Certamente, hai madeira de artistas!

lunes, 28 de diciembre de 2009

OS REIS MAGOS EN REBOREDA

Despois da visita do Paxe Real, que viu buscar as cartas de todos os nenos e nenas do cole, as súas Maxestades os REIS MAGOS DE ORIENTE, pasaron polo noso Centro a comunicarnos a súa recepción. Coa axuda da ANPA, repartiron unhas bolsiñas de caramelos, que como adianto dos agasallos que logo han chegar non está mal.
Como ben sabedes, Queridos Reis Magos, Aquí, en Reboreda, todos nos portamos moi ben, Non si??

domingo, 27 de diciembre de 2009

AGUINALDOS

Que fermosa tradición!
Preparar unhas cantigas e sair a cantalas, e nós os que escoitamos a cambio entregamos un pequeno aguinaldo.
Pois un ano máis da man da profe Isabel os nenos e nenas saíron polo Centro dando un auténtico ambiente de Nadal, este ano moi INTERCULTURAL.
Todas estas cancións chegaronlle a Pimpé vía correo ordinario (os bordes dos sobres tiñan as cores do país do que procedían, como antaño), para que él as transmitira aos nenos do noso cole. (menos a treboada e a canción de Silvio Rodríguez)
As cancións de México envioullas a súa amiga MIXCÓATL, as de Brasil seu amigo NUNO, e as de Bolivia seu amigo KORI SISICHA.


Queredes coñecer esas Cantigas?
Infantil 3 anos: DORME, cantiga de ninar de Brasil na que, para conseguir que o neno durma, primeiro temos que facer que durman todas as cousas que o arrodean. Puxémoslle son a cada un deses elementos empregando instrumentos brasileiros (a maioría deles).
Infantil 4 e 5 anos: GAZI SI NANA, arrullo tradicional mexicano, de OAXACA, está en lingua zapoteca do istmo de Oaxaca. Fala de que cando durman a avoa e o avó, roubarán medio real para comprar pan duro e para ir á igrexa. Tamén eliximos entre todos un son para cada unha das frases. Bibi tocará unha frauta de cana. Uns amigos que están a traballar polos dereitos dos oaxaqueños alí enviáronme a tradución. Levaremos a bandeira de México e tamén a de Oaxaca.
1º CURSO: DORME DORME MEU MENINO, cantiga de ninar de Brasil (aínda que é portuguesa), na que se intenta que o neno Xesús durma. Acompañamos con instrumentos de pequena percusión, entre eles uns “TARIYAS” (non sei como se escribe) de Marruecos que trouxo o ano pasado Salwa.
2º CURSO: SEÑORA SANTA ANA, arrullo tradicional mexicano, no que San Xoán (amigo da familia) lle píde axuda a Santa Ana (nai de María) para facer durmir ao neno, que non para de chorar. María e Xosé están ocupados coas tarefas domésticas e San Xoán promételle que se dorme, cando esperte lle dará atolito (papilla feita a base de fariña de maíz), guayabate (doce de guayaba)...pero seica non ten moito éxito co chimpallate (chamaco, guagüita, rapariguiño...). Acompañamos este berce con cabazos e axóuxeres. (e con nós si que conseguiu o obxectivo de relaxarnos, facernos bocexar).
3º CURSO: NIÑO MANUELITO, villancico coya que lle canta ao neno Manuel, que se atopa en Perú e en Bolivia (seguramente tamén o coñecen no noroeste de Arxentina e norte de Chile), Aquí tocamos sistros (variña con chapas), chas-chas (soalleiro de pezuñas de cabra), “caja chayera”, charango y pinkullo ( frauta de cana). Todos estes instrumentos son tradicionalmente empregados na música andina, e é importante salientar que as comunidades indíxenas (os primeiros ecoloxistas) reutilizan e reciclan TODO: deste xeito unha cabra dá de comer, dá a súa pel para facer a caixa, coas pezuñas fanse chas-chas, coas tripas faise o bordón que leva a caixa (nel van engarzados parte dus tubiños das plumas de aves que tamén comeron), e as canas das beiras do camiño serven para facer infinidade de cousas, entre elas quenas, pinkullos e sikus. Levaremos a bandeira de Bolivia e tamén a Wiphala (bandeira cadrada dos pobos andinos).
5º CURSO: faremos unha TREBOADA para recoller aos nenos dos patios e levalos ao multiusos. Esta, concretamente é recollida en Pazos de Borbén, e contan os gaiteros da miña idade, que de pequenos ían pedir o aguinaldo polas casas tocándoa. O instrumento por excelencia da treboada é o BOMBO, aínda que tamén hai outros como a gaita, o tambor, a pandeireta e o que atoparan....coma sempre.
6º CURSO: imos cantar CANCIÓN DE NAVIDAD, de Silvio Rodríguez. Coma sempre, Silvio fainos reflexionar sobre os nosos rituais sociais establecidos.
E como a música se presta e é cubana, tocaremos unha CONGA (máis coñecido como DJEMBÉ), CLAVES, e SHEKERÉ (este último vano construír eles con cabazos ou cocos, a ver que tal lles queda)

sábado, 26 de diciembre de 2009

NADAL DE CINE

Son moitas as actividades que dende todas partes se nos ofertan nestas datas.

Consultastes a programación do Concello de Redondela??
Pero, temos outras posibilidades, este ano, no cine temos algunhas pelis moi recomendables, que xa sexa nas salas de cine, ou en vídeo máis adiante, non nos podemos perder:
"Donde viven los monstruos": Adaptación do famoso libro do mesmo título de Maurice Sendak.



"Planet 51": Coproducción española de animación. Quen é o alien??





"Cuento de Navidad"(+7): O sempre clásico conto de Charles Dickens, pero agora coas últimas novidades en animación dixital e captura de movemento.


"Lluvia de albóndigas": "El acontecimiento más delicioso desde que los macarrones conocieron al queso..."



"Avatar"(+7): En novísima tecnoloxía 3D.





Facede clic enriba dos títulos das pelis e visitaredes os sitios web oficiais, onde atoparedes: xogos, imaxes, trailers, .... e moito máis.

viernes, 25 de diciembre de 2009

ADORNOS DE NADAL

Nestos días irán aparecendo no blog fotos e artigos das moitas actividades que se organizaron no Centro neste mes de Decembro coa chegada do Nadal.
Seguro que nalgunha das fotos apareces ti, ou a lo menos algún dos traballos ou actividade na que participaches !!
Mirade que fermosos adornos se fixeron nos distintos ciclos polos pasillos. Nas clases todavía había máis.
Dende logo un Nadal moi INTERCULTURAL!

jueves, 24 de diciembre de 2009

BOAS FESTAS

Dende a Biblioteca do
Ceip Santo Paio de Abaixo
Desexámosvos a
tod@s


martes, 22 de diciembre de 2009

AGASALLOS FIN DE TRIMESTRE

Que mellores datas para recoñecer o traballo, dos nosos incansables bibliotecarios; a curiosidade, e sapiencia, dos nosos infatigables participantes do concurso de adiviñas; e como non, a constancia e sabiduría dos nosos visitantes bibliotecarios.
CLASIFICACIÓN CONCURSO ADIVIÑAS
Diego Muiños Míguez (1ºB) e Lucas Bouzón Veiga (5ºA)
Luis M. Rguez Mtnez. (3ºB) e Sara Álvarez Rguez (6ºA)
MELLORES LECTORES TRIMESTRE
1º Ciclo: Raquel Martínez Gallego (2ºA)
2ºCiclo: Aitana Rguez Míguez (4ºB)
3ºCiclo: Andrea Míguez Collazo (6ºA)

Ánimo e a seguir participando!!

GUÍA LECTURAS INTERCULTURAL

A nosa guía de lecturas deste Nadal lévanos a coñecer moi distintas culturas, algunhas que se están a traballar nos distintos ciclos, outras, sin dúbida algunha nos van a amosar contos, lendas, tradicións, costumes,... que nos farán comprender mellor moitas cousas.
Son libros para todas as idades.
E nestas datas, que mellor agasallo...
UN LIBRO!!

sábado, 19 de diciembre de 2009

SOLUCIÓN ADIVIÑA 8

Non era tan difícil, non??
Algúns profes e a coidadora
Comprobade se acertastes

E agora vede como os máis peques case adiviñan quen son??

http://pequesreboreda.wordpress.com/2009/12/17/adivinaquien-es-quien/

lunes, 14 de diciembre de 2009

CONCURSO ADIVIÑAS 8

ADIVIÑA 8
Adiviña, adiviñando,
no cole os atopas,
e sempre che ensinan algo
Ánimo, é a última, pero, atentos, porque conseguiredes tantos puntos como fotos acertedes

domingo, 13 de diciembre de 2009

O NADAL NO MUNDO

Sabedes quen é o "Apalpador"?
"Contan as lendas que nas devesas das montañas de Lugo vive un xigante..."
Fai clic na imaxe para ler o conto de Xoán G. da Editorial Biblos.
(Paciencia ao mellor tarda un pouquiño)
Algunhas bibliotecas escolares galegas levan meses investigando este personaxe tan relacionado co Nadal nas terras Luguesas. Estade atentos a este outro conto para saber un pouco máis. (Facede clic enriba da imaxe para ler esta outra versión do conto da editorial Barafunda)

Pero, ben sabemos que en distintas partes do mundo vívense estas festas de moi distintas maneiras. Dende o Ceip Frián de Teis (Vigo), elaboraron un traballo impresionante ao redor destos personaxes tan distintos, que tanto teñen en común. Botade un ollo!. Facede clic enriba da imaxe e leredes e escoitaredes as súas lendas, xogaredes cos personaxes, ...

Moitas Grazas Frianciño!!

sábado, 12 de diciembre de 2009

SOLUCIÓN ADIVIÑA 7

Pedro ten 7 canicas
María ten 5 canicas
Volta a ler a adiviña e comproba que é así

Ánimo e a pola última!!

martes, 8 de diciembre de 2009

CHRYISTYAN MAGIC

Seguro que moitos coñecedes ao Mago "Chrystyan Magic", de feito aínda non hai moito estivo en Redondela. Pois máis que o vades coñecer, segundo din, pode ser o próximo "Harry Potter" galego.
A Editorial Everest ven de presentar o libro: "Chystyan Magic , Atrapado na Torre", escrito por Xoán Babarro, Ana Mª Fernández e o propio Chrystyan Magic, e ilustrado por Marta Rivera Ferner.
"Ides somerxervos nunha historia de aventuras, de intriga,de loita por facer realidade os soños… porque todos podemos chegar a ser o que desexemos con esforzo, con ánimo e mantendo viva a maxia que se agocha no noso interior."
Xa está nas librerías!!

lunes, 7 de diciembre de 2009

CONCURSO ADIVIÑAS 7

ADIVIÑA 7
Pedro dille a María: "Se me das unha canica teño eu o doble ca ti". María contéstalle: "Non sexas tan listo, dame ti a min unha e así temos os dous o mesmo número de canicas".
Cantas canicas ten cada un?

domingo, 6 de diciembre de 2009

XANDRE, O ELEFANTE SEN SOMBRA

Coñecedes a Xandre?
Entrade na súa páxina, lede e escoitade con atención. Logo poderedes xogar.
Recoñecestes a alguén nos créditos...?
Si, é a nosa profe Susana de 3 aniños. Teremos que felicitala a ela e aos seus compañeiros polo bo traballo realizado, non si??

DESPOIS DA VISITA

Recordades a visita de Suso Cubeiro ao noso cole. Foi hai ben pouquiño!!. Pois algúns nenos e nenas de terceiro curso aproveitaron o aprendido para facer as súas propias ilustracións.

EBOOKS EN GALEGO

E que é eso dos EBOOKS?
Nin máis nin menos que un libro electrónico, un libro publicado en formato dixital.

Pois atentos que chegan os primeiros en lingua galega editados por Galaxia e Xerais, pero logo aparecerán outros.
Certamente estamos de noraboa!!

sábado, 5 de diciembre de 2009

SOLUCIÓN ADIVIÑA 6

OS ALLOSÁnimo, xa queda pouco!!
Consultastes a clasificación??