Hoxe é o gran día. O último volumen das aventuras do aprendiz de mago Harry Potter, creado por J.K. Rowling, 'Harry Potter y las reliquias de la muerte', publicarase simultáneamente en castelán, catalán e galego en España, Latinoamérica e Estados Unidos hoxe, 21 de Febreiro, ás 18:30 h.
Seguro que moitos xa tedes reservado o voso exemplar. Se non é así non vos preocupedes logo estará na biblio.
jueves, 21 de febrero de 2008
viernes, 15 de febrero de 2008
"MARGARIDA QUERE SABER ..." II
Atentos ao comezo da Olimpiada de investigación e consulta, "Margarida quere saber...". Recordade que para poder participar, primeiro debedes formar o equipo (2, 3 compañeiros), e logo cubrir a ficha de inscripción da Olimpiada, pasade pola Biblioteca.
Poñedelle un nome chulo ao voso equipo e a participar.
Poñedelle un nome chulo ao voso equipo e a participar.

Moita Sorte e Sabedoría!!!
lunes, 11 de febrero de 2008
"MARGARIDA QUERE SABER..."
Vai dar comezo unha gran Olimpiada no CEIP Sto. Paio de Abaixo. Non vai ser unha Olimpiada calquera. Será unha Olimpiada onde os participantes, como bos detectives, terán que indagar, buscar, investigar, consultar, ... Xa verás cantas cousas novas e interesantes aprendes.
ANÍMATE
E
PARTICIPA!!!
Como en todas as Olimpiadas os tres primeiros clásificados obterán premio. Consulta as bases no enlace que aparece no panel lateral .
SORTE!!!
sábado, 9 de febrero de 2008
NOVIDADES
Como empezastes a ver esta semana, na entrada da Biblio colocamos unha mesa para expoñer todos esos libros novos que van chegando. Tedes que pasar e curiosear, seguro que atopades o voso libro especial, ese que vos vai facer soñar e imaxinar, ver e crer, ... pedídelle consello aos bibliotecarios, eles poden axudarvos na vosa busca.



jueves, 7 de febrero de 2008
NOVOS ENLACES
Seguro que xa vos destes conta, pero para os que non, si botades unha ollada á columna lateral, veredes que temos dous enlaces novos: O Club de Escritura, e O Club de Lectura.
Estas novas páxinas funcionarán coas vosas aportacións, as vosas creacións literarias, as vosas opinións e recomendacións sobre os libros que vades lendo, ... Entrade e curioseade, atoparedes xa cousiñas de algúns compañeiros.
Contamos con vos!!!
viernes, 1 de febrero de 2008
POETAS POR UN MUNDO MELLOR
Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), autor homenaxeado este ano 2008 nas Letras Galegas, xa nos dicía entón as cousas que pasan neste mundo en que vivimos, e que as veces preferimos non ver.
"Ise neno da rúa"
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡
Xosé María Álvarez Blázquez
30 XANEIRO 2008: DÍA DA PAZ
É totalmente inaceptable que en pleno século XXI os paises máis desenvolvidos sigan tratando de resolver as súas diferencias cos paises máis pobres recurrindo á guerra, esquecéndose dos valores que sustentan a Carta Fundacional de Nacións Unidas e a Declaración de Dereitos Humanos.
"Non hai camiños para a PAZ, a PAZ é o camiño"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)