viernes, 30 de abril de 2021
LER CON D: EL MONSTRUO ROSA
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
jueves, 29 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
miércoles, 28 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
Os avós tamén contan contos chulísmos.
Mirade o que nos traen Alma e Elsa.
FANTÁSTICO!
martes, 27 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
Novo vídeo cos contos que nos enviástedes as familias.
Encántannos!!!
lunes, 26 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
Seguimos con todas as actividades que levamos a cabo para celebrar o Día do Libro.
Ademais dos contacontos e a Escape Room, pedimos colaboración as familias para que se unisen a nos nesta celebración.
As familias que quisexen tiñan que enviarnos un vídeo contando un conto. O día do Libro, cada aula viu os contos das familias correspondentes e agora, imos ir publicándoos no blog para que todos gocedes con eles.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR E ACOMPAÑARNOS UN ANO MÁIS.
viernes, 23 de abril de 2021
ESCAPE ROOM: DÍA DO LIBRO
Celebramos o día do libro como máis nos gusta, encerrados na biblio, resolvendo misterios, fedellando en libros distintos, paseando polas diferentes seccións, descubrindo curiosidades, aprendendo de autores e coleccións e, sobre todo, pasándoo moi, moi ben. A chave da biblio estaba no libro de Harry Potter e, unha vez aberta a porta, averiguamos a combinación do cofre do tesouro onde tiñamos un agasallo fantástico, moi acorde co día.
NORABOA A TODOS.
FELIZ DÍA DO LIBRO
DIA DO LIBRO: LER CON D
Celebramos o día do libro, léndolle aos pequenos un conto moi, moi divertido.
DÍA DO LIBRO: SESIÓN DE CONTACONTOS CON OLGA CUERVO
Comezamos celebrando o Día do Libro coa visita de Olga Cuervo que veu chea de contos para os nenos e nenas de infantil. Na biblioteca estiveron acompañándoa os alumnos de 4 anos mentres que o resto de aulas de infantil seguiu a sesión por Webex. Foi unha actividade moi chula que nos vai achegando, as poucos, a tan ansiada normalidade.
MOITAS GRAZAS A OLGA POR VISITARNOS, PASÁMOLO XENIAL!!!
miércoles, 14 de abril de 2021
viernes, 9 de abril de 2021
AMPLIANDO O NOSO FONDO: LIBROS-CDS
martes, 6 de abril de 2021
FICCIÓN EXPRESS
Xa estamos de volta, con moitas ganas e cheos de novidades.
A primeira que vos queremos contar é que os sextos están probando a plataforma de lectura online Ficción Express.
É unha plataforma de lectura interactiva creada para mellorar a competencia lectora a través da participación. Cada 8 semanas se publican 3 libros diferentes por capítulos e dirixidos a tres etapas educativas distintas (terceiro ciclo de primaria, 1º e 2º da ESO e 3º e 4º da ESO). Os lectores poden participar na toma de decisións sobre como continúa a historia a través dos seus votos e falando cos escritores.
Un xeito moi atractivo de ler e achegarse á literatura dun xeito dinámico e moi participativo.
viernes, 2 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Hoxe celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil e non hai mellor xeito de celebralo que lendo un bo libro.
Na biblio do cole ou na biblio de Redondela tedes unha chea de opcións e se queredes darvos un agasallo, nas librerías da vila tedes o 10% de desconto.