domingo, 28 de febrero de 2010

COMEZA A OLIMPIADA

MARGARIDA QUERE SABER 3
Recordade que na barra lateral, sección "Os nosos recunchos", tedes un enlace á páxina da Olimpiada, onde poderedes consultar, as bases, a clasificación, as edicións anteriores,...
5
Comeza a Olimpiada!
4
Estades listos!
3
Sen perder un punto!
2
Luns día 1 de marzo, mañá, ás 11:30 h
1

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

"A CIDADE"
7 de Febreiro ao 14 de Marzo
Non vos despistedes, todavía quedan moitas actividades:
  • De mércores a domingo- Contacontos, títeres, musicais,..
    Exposicións- no Pazo da Cultura, na Biblioteca Municipal, na Galería Sargadelos.
  • Obradoiros- Escoita, construcción títeres, animación á lectura, ...
Aproveitade as tardes, ou os fins de semana, ... non vos arrepentiredes!
Facede clic na imaxe para visitar a súa web e poñervos ao día das actividades que vos interesan, o día e a hora.

domingo, 21 de febrero de 2010

MARGARIDA QUERE SABER 3

Comeza a Olimpiada de Margarida!!
A 3ª Edición da nosa Olimpiada do Saber!!
Estades listos para participar?? Xa formastes equipo??
Pois moi atentos, tedes toda esta semana, de luns a venres para formalizar a inscripción. Recordade que tedes que pasar pola Biblio a cubrir a ficha co nome dos compoñentes e o nome do equipo.
MOITA SORTE A TOD@S!!

miércoles, 17 de febrero de 2010

DESFILE ENTROIDO

Pero, algunhas cousiñas hai que velas e escoitalas!!

ENTROIDO 2010

E despois de todo un mes de preparativos, por fin chegou o día!!

Ave Cesar!!

Aos de Infantil, imposible pillalos para unha foto!!

Ían tan motorizados nos seus avións, barcos, tren, buses, coches, que non houbo maneira. Pero, despois do traballiño que levaron, profes, pais, nais e nenos e nenas, non ían sair na foto??



E como non os profes tamén participaron da festa!!

jueves, 11 de febrero de 2010

MECO PARA O VENRES

O VENRES, QUE PENA, A VIAXE CHEGA AO SEU FIN,
ASÍ QUE, DISFRÁZATE DO QUE QUEIRAS E SE FELIZ.

miércoles, 10 de febrero de 2010

MECO PARA O XOVES


O XOVES TOCA UNHA VIAXE PEQUENIÑA
TRAE ALGO QUE TEÑAS NA COCIÑA.

martes, 9 de febrero de 2010

MECO PARA O MÉRCORES

O MÉRCORES SEMPRE COSTA SAIR DA CAMA
ASÍ QUE VIAXAREMOS SEN SACAR O PIXAMA.

lunes, 8 de febrero de 2010

MECO PARA O MARTES


O MARTES IMOS COLLER O COCHE DE SAN FERNANDO, TRAE UN ZAPATO DE CADA, PARA IR ANDANDO.

viernes, 5 de febrero de 2010

CHEGA O ENTROIDO

De celebración en celebración. Aínda non acabamos coa "Árbore de Paz" e xa temos enriba o "Meco".

Atentos:

O LUNS COMEZAMOS ESTA DISPARATADA VIAXE, TRAE UN LAZO NA CABEZA DE EQUIPAXE.

martes, 2 de febrero de 2010

LENDA ÁRBORE DA PAZ

Vede e escoitade!!!