O 30 de xaneiro celebramos o día da paz todos xuntos. Elaborando un mural sobre os nosos superamigos, cantando unha canción e falando todos xuntos do significado da palabra paz.
Clica na imaxe para ver as fotos
martes, 31 de enero de 2017
lunes, 30 de enero de 2017
DÍA DA PAZ
Dende 1964 para celebrar a morte de Gandhi celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Esta celebración foi recoñecida pola UNESCO en 1993.
Nesta data celebramos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Axudémonos, comprendámonos, dialoguemos... VIVAMOS EN PAZ
domingo, 29 de enero de 2017
"COCORICO", POLA CONTACONTOS DE 5º-A, CARLA
Carla achegouse a clase dos choquetes para contarlles unha fermosa historia moi coñecida por estes expertos buscadores de historias, "Cocorico". Levaba moitos días ensaiando e preparando cunhas axudantas moi especiais uns pequenos agasallos para os peques. Fixeron uns marcapáxinas moi fermosos de recordo do conto. Pasámolo moi ben e gustounos moito escoitar o conto na voz de Carla. Parabéns Carla!!!
Os choquetes xa están ansiosos por recibir a un novo contador de historias (pequeno, grande ou... moi grande!). Animádevos que vos estamos esperando!!!
jueves, 26 de enero de 2017
PINTAMOS UN NENO?
Gloria Fuertes ensínanos a debuxar en neno, na voz da contadora de contos Beatriz Montero. Atrevédesvos a debuxalo?
OS MAIORES LEN AOS PEQUES
O xoves a lectura silenciosa é moi especial porque os maiores van a ler contos aos nen@s de infantil. Están contando contos moi chulos e os peques están moi atentos!!!
martes, 24 de enero de 2017
CENTENARIO DO NACEMENTO DE GLORIA FUERTES
Este ano 2017 celebramos o nacemento da poeta español Gloria Fuertes. Muller singular e de marcado carácter moi coñecida pola súa obra para nenos pero cunha fantástica obra tamén para adultos.
Aquí tedes a súa nota biográfica contada por ela mesma:
Nas vindeiras semanas imos ir coñecendo mellor a esta poeta. Seguide atentos!!!
domingo, 22 de enero de 2017
O SUPERPODER DE 5º E DOS APOLOS: A ROBÓTICA
O principio do trimestre os Apolos fomos a 5º A a ver o seu recuncho da ciencia e a aprender dos insectos. Desta volta foron os maiores os que viñeron a nosa aula para aprender conceptos básicos de robótica.
Para iso dividimos a clase en 4 talleres, un para desenvolver o noso lado creativo e imaxinativo construindo un robot con material de refugallo. Os maiores contaron coa axuda inestimable de Alba e Mauro que o fixeron xenial cando nos construimos os nosos robots.
Outro para dotar de movemento a algo construído con material de refugallo, neste caso un brazo robótico. Para iso o equipo tiña un vídeo cos pasos a seguir e a axuda e consello de David e Ainoa que xa fixeran a man robótica.
No seguinte taller os maiores tentaron seguir construindo o robot solar con axuda de Daniela e Carla (aínda que estaban un pouco nervosas porque os maiores impoñen e non falaron moito)
Finalmente, un taller de linguaxe computacional para entender coma programar un robot comandados por Teo, Zaira e Anxo que son uns auténticos expertos.
Pasámolo moi ben e encantounos ser profes dos maiores.
Coma non puidemos acabar todo o que tiñamos imos ver se en xaneiro volvemos xuntarnos para seguir dende o deixamos.
Etiquetas:
5º,
Educación Infantil,
ROBÓTICA,
superheroes
jueves, 19 de enero de 2017
ASÍ FIXEMOS A INVISIBILIDADE OS APOLOS
Unha semana máis volvemos a participar no concurso da biblioteca. A semana pasada o reto era a invisibilidade así que seguindo unhas instruccións fixemos dúas probas e, desta volta, éxito total!!!
A verdade é que Margarida estamos axudando a traballar os superheroes dun xeito totalmente diferente! Mirade que ben o pasamos!!!
martes, 17 de enero de 2017
OS APOLOS TAMÉN PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE MARGARIDA
A semana pasada o reto de Margarida de Coñecendo a orixe foi moi
difícil, o máis complicado de todos. Debiamos deseñar algún mecanismo
para mellorar os poderes de Superlópez. Os Apolos cando comezamos co
proxecto dos robots vimos un vídeo dunha man robótica caseira e Daniela
pensou que Superlópez podía ter tres mans e así podía loitar mellor
contra os malvados. Ao resto gustounos a idea e puxémonos mans a obra.
E así o fixemos.
E así o fixemos.
martes, 10 de enero de 2017
Próximo Obradoiro de escrita expresiva
Os próximos venres 13 e 20 de xaneiro volveremos ter obradoiro na Biblio.
No último de decembro agasallámonos cunha viaxe moi especial. Aquí tedes a proba.
Obradoiro Escrita Expresiva decembro 2016 from Isabel on Vimeo.
Animádevos a descubrir máis de vós mesmos!!!.
No último de decembro agasallámonos cunha viaxe moi especial. Aquí tedes a proba.
Obradoiro Escrita Expresiva decembro 2016 from Isabel on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)