Mostrando entradas con la etiqueta concello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concello. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Hoxe tivemos a inmensa sorte de contar con Raquel Pérez, enxeñeira de Enerxía e Minas do CuVI e experta en combustión que viu ao noso centro da man do @concelloredondela para celebrar o Día da Muller e da nena na Ciencia.

Falamos de ciencia, de mulleres e adestramos unha IA. Máis completo non puido ser.
Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial. Grazas ao concello, a Iría que sempre nos ofrece actividades fantásticas e a Raquel por achegarnos tan ben a ciencia.
#sextoreboreda, #steam, #eme, #díadamulleredanenanaciencia, #concelloderedondela, #referentes



lunes, 25 de junio de 2012

ACTIVIDADES DE VERÁN COA OMIX


A Concellería de Xuventude, a través da OMIX ofrece tres actividades:
 
Na Alameda de Redondela.
Solicitude de praza: Do 18 ao 20 de xuño.
 
Na Alameda da Praia de Arealonga (Chapela).
O acceso as actividades será libre ata completar o máximo de 30 prazas.
 
Na praia de Cesantes e na praia de Arealonga de Chapela.
Taxas por curso: 10 €
Solicitude de praza: Do 20 ao 27 de xuño

Non tedes excusa para non pasar un verán de cine....
Disfrutádeo!

martes, 3 de mayo de 2011

I MOSTRA MUSICAL DOS CEIP DE REDONDELA

Con motivo dos MAIOS, cinco dos Ceip de Redondela decidiron compartir as súas experiencias musicais. Por un lado, era unha forma de coñecerse os nenos e nenas de sexto, que o próximo curso compartirán Centro; Por outro, unha maneira distinta de traballar ao redor dos temas que se traballan nos Coles, no noso en concreto "A AUGA"; E finalmente, un xeito de dar relevancia a unha data tan significativa en Redondela.

"Primeiro exploramos sonoramente (coa Auga) nela e con ela, con obxectos que evocaban algunhas das súas formas, etc.
Logo e cos ollos pechados escoitamos cada un daqueles sons e anotamos situacións ou posibles personaxes que nos viñan á cabeza. Así, pondo as nosas ideas en común, naceu a historia da RA. O teatro con luz negra foi a maneira elixida para representar plásticamente a historia. As profes de plástica traballaron con nós nos elementos. E a banda sonora foi a montaxe de aqueles sons que nos inspiraran a historia, máis os novos sons que xurdiron dela. Exceptuando o son da balea, dos delfíns, e das gaivotas que son tomas reais, todo o demáis está feito acústicamente por nós."


jueves, 3 de marzo de 2011

Blog da Coordinadora de EDNL de Redondela

Corrección de erros
Este enderezo ao que vos remitiamos era o do servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela:

E do que vos queriamos falar era do da Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística:

Xa vai facer un ano que comezou a súa andaina o blog da Coordinadora de EDNL dos centros de ensino do Concello de Redondela. Facémosvos chegar a súa ligazón porque nese blog atoparedes información variada sobre temas relacionados co ensino, con actividades culturais, xogos, etc.
O enderezo é:
CONVIDÁMOSVOS A VISITAR ESTE INTERESANTE BLOG!
Grazas a Eva G. Rei polo aviso. E disculpade polo erro.

jueves, 13 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

MAIO
LETRAS GALEGAS 2010
UXÍO NOVONEYRA
PROGRAMACIÓN NO CONCELLO DE REDONDELA
(Visitade a súa páxina)

viernes, 13 de noviembre de 2009

OBRADOIRO DE ORALIDADE

A golpe de xoves nenos e nenas de quinto curso puderon disfrutar dunha interesante sesión, onde deron renda solta á súa imaxinación: Leron poemas de Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro, crearon adiviñas a partires dun animal mariño,... e da man de Alberto Barreiro que dirixía o obradoiro, gravaron o son de todo o que alí se fixo.
Segundo nos dixeron logo, con todas esas gravacións elaborarán un CD co que nos agasallarán e emitirano a través da Radio Local.
Teremos que estar ao "loro".
Esta actividade está enmarcada no programa "Bocaberta", da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Programa de dinamización que ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega nas franxas máis novas.
Este ano tocounos traballar coa editora Kalandraka e a súa campaña "Palabras no ar" da que somentes puidemos contar co obradoiro. Que pena de contacontos!!
Entrade na súa páxina e avisade se saen as vosas gravacións!!

sábado, 3 de octubre de 2009

SEGUIMOS CON MAXIA

"LINGUA MÁXICA"
Este próximo martes 6 de outubro ás 18:00 h. no multiusos da Xunqueira, voltamos ter maxia no Concello de Redondela. Nesta ocasión Chrystian Magic presenta a "Lingua Máxica", un espectáculo de maxia e dinamización lingüística enmarcado no programa BOCABERTA da Consellería.
Segundo nos contan na información que nos chegou, aos cen primeiros van agasallalos cun exemplar do libro "O sorriso de Rosalía".

sábado, 26 de septiembre de 2009

MAXIA EN REDONDELA

Atentos nenos e nenas!!
Durante este fin de semana, Venres 25 (xa chegamos tarde), Sábado 26 e Domingo 27 vades disfrutar dun auténtico espectáculo de maxia. Apuntádesvos?
Onte actuou, Adrián Conde; Para hoxe a partir das 6 da tarde, tedes na praza da Constitución a José Crestini e a Javi Martín; Mañá Domingo no multiusos da Xunqueira a partir das 18:30 (Seis e media), Rey Midas, Javi Martín, Roy Borrallas, Mago Picu, Valeria Varitas e Yuri Cardinale.
Ademáis na Praza de Ribadavia poderes aprender a facer trucos de todo tipo na "Escola de Maxia": 11:30-13:30 e de 18:00-20:00.

Un fantástico encontro internacional de maxia!

Que pena non enterarnos antes!!

viernes, 22 de mayo de 2009

TÍTERES EN REDONDELA

10º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
Con motivo deste famosísimo festival, o Concello de Redondela todos os anos organiza unha programación escolar para os coles da zona.
Este ano puidemos ver:
Luns 18 "Sombreiros sen chapeu". Tanxarina títeres (Redondela)
Martes 19 "Guarda L´uccellino". Papelito (Eslovenia-Italia)
Xoves 21 "Dragoncio". Los titiriteros de Binéfar" (Aragón)
Hoxe, xoves, eu tiven a sorte de asistir cos nenos e nenas de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos, e pódovos dicir que foi fantástico, pasámolo en grande cos titiriteiros de Binéfar, tan abraiados estabamos que nin respirabamos. Ata puidemos elixir un final,... e... pero, que digo, ... os finais nunca se deben desvelar.



Pero, antes ca nós foron os de segundo e terceiro ciclos o luns e tivemos dous reporteiros de escepción:
"Saímos ás 11:30 cara ao multiusos de Redondela, baixamos camiñando. Ao chegar acomodámonos nos asentos xunto a nenos e nenas doutros colexios e empezou a función. A obra representada chamábase e a interpretaba o grupo Tanxarina de Redondela.
A introdución foi ESPECTACULAR!!!! , non articulaban moitos sons só algunhas palabras soltas, pero á mímica que facían era unha maravilla. A frase perfecta para explicalo sería: .
Os teatreiros eran moi simpáticos, só eran tres, pero coa súa gracia facían por mil.
A obra era de sombras chinesas é estaba formada por pequenas obriñas todas co seu aquel, polo menos dez, pero os aplausos non se acabaron porque despois de cada obra todos aplaudían moi entusiasmados. De vez en cando despois dalgunha das obras facían algunha gracia e partíamonos o cu de risa.
O final non foi espectacular, foi máis ca iso. A pena foi que durou moi pouco, nós queríamos que durara máis."
Andrea B. e Simón (6ºA)

miércoles, 13 de mayo de 2009

TALLER BANDA DESEÑADA

Como ben sabedes, ao redor da semana dos títeres de Redondela, aglutínanse un montón de actividades.
Mañá xoves en concreto, realízase un "Obradoiro expreso de iniciación á banda deseñada", que consiste en achegar os principios do cómic aos rapaces, segundo nos contan na información que nos fixeron chegar, empezaredes polo deseño de personaxes, entre todos definiredes as características dun personaxe do cal fará cada un a súa versión para posteriormente usalo nunha historia curta dunha páxina. (neste ultimo exercicio veredes os recursos e características da linguaxe da BD).
O taller impartirao GoChi, ilustrador dende hai 10 anos, directivo da Asociación Galega de profesionais da Ilustración, membro da mesa da BD da Xunta de Galicia, creador de Cerditos de Guinea Comics e autor da serie de piratas "Trasmallo", ademais traballou para xornais como "La Voz de Galicia" ou editoriais como "Tambre" ou "Galaxia".
O obradoiro está dirixido a rapaces de 11 a 14 anos e levarase a cabo de 18:00 a 20:00 h., na sala xuvenil da biblioteca.