Grazas a todas a persoas que colaboraron co noso blogue, aos vosos comentarios, aos que deron difusión aos nosos proxectos....volveremos en setembro con novidades!
Recordade...NON HAI BO VERÁN, SEN UN LIBRO NA MAN!
viernes, 27 de junio de 2014
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
No blogue dos compañeiros de 3º b (OS CATIVOS DA REBORAINA) podedes seguir unhas boas recomendación para este verán:
ACTIVILANDIA
XOGOS EDUCATIVOS TIC PARA O VERÁN
ACTIVILANDIA
XOGOS EDUCATIVOS TIC PARA O VERÁN
martes, 17 de junio de 2014
EXPOSICIÓN COCA PARADE
Podedes ver as cocas no multiusos da Xunqueira. Tamén podedes aproveitar á visita ás cocas para facer unha visita á bilblioteca, aquí deixamos un enlace ao seu blogue. Preme na imaxe
domingo, 15 de junio de 2014
COCA PARADE
Ollade que bonitas e divertidas as cocas do Ceip Santo Paio de Abaixo...este ano saíron disfrazadas. Esperamos que vos gusten!!!
miércoles, 4 de junio de 2014
BLANCO Y NEGRO EN LSE
Estes nenos e nenas traballaron moito para conseguir este vídeo en LSE. Aprender os signos con esta canción de Malú foi moi divertido!!!
domingo, 1 de junio de 2014
DESPEDIDA DA LECTURA SILENCIOSA NUN LUGAR SINGULAR
Chegou o último día do curso da hora de ler, e como un ano máis collemos os libros e buscamos un pequeno recunchiño para ler sen molestar. O lugar máis escollido foi o patio de maiores.
Ler baixo o ceo de Reboreda, respirando os seus olores e sentindo na nosa pel o calor do sol de primavera, fixo que esta última lectura do curso fose moi especial. A medida que ían pasando os minutos os peques ían escollendo a súa postura e pouco a pouco acabamos deste xeito.
Photo slideshow customized with Smilebox |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)