Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
lunes, 11 de noviembre de 2019
O SAMAÍN DOS ALQUIMISTAS
Estes días preparamos con moita ilusión a chegada do samaín, é unha das festas máis esperadas no cole, será polos disfraces, polas decoracións de paredes e corredores ou polos medos que nos acechan a cada paso.
lunes, 28 de octubre de 2013
SAMAÍN EN LINGUAXE DE SIGNOS
O pasado
venres a aula de atención preferente convertiuse nun plató de gravación e
filmamos un videoclip con alumnos e alumnas de 5º.
Fixémolo para ensinarvos unha canción moi divertida sobre a festa do Samaín do grupo infantil Mamá Cabra. Con ela pretendemos que, ademais de pasalo ben cantando, aprendades novos signos da LSE.
Tivemos moi pouco tempo e presuposto pero como contamos con grandes profesionais (sobre todo os extras) estamos moi orgullosos do resultado final.
Animámosvos a ver o noso videoclip xa que ten sorpresas que vos deixarán os pelos de punta. Aquí ninguén é o que parece…jajajaja!
Fixémolo para ensinarvos unha canción moi divertida sobre a festa do Samaín do grupo infantil Mamá Cabra. Con ela pretendemos que, ademais de pasalo ben cantando, aprendades novos signos da LSE.
Tivemos moi pouco tempo e presuposto pero como contamos con grandes profesionais (sobre todo os extras) estamos moi orgullosos do resultado final.
Animámosvos a ver o noso videoclip xa que ten sorpresas que vos deixarán os pelos de punta. Aquí ninguén é o que parece…jajajaja!
Etiquetas:
LSE,
Samaín,
terceiro ciclo,
vídeo
martes, 8 de noviembre de 2011
MURAL FESTAS DE OUTONO
Despois de facer un mural precioso das festas que se van a facer ao longo do Outono, os nenos e nenas de 2º A xunto coa súa profe están recortando as cabazas para o SAMAÍN.............................
domingo, 30 de octubre de 2011
TEMPOS DE MEDO
Achégase o 31 e nós espantando os MEDOS. Durante toda a semana lévase traballando o tema do medo en todo o cole, nas titorías, dende o departamento de Inglés, dende a Biblio,...
O SAMAÍN-O HALLOWEEN
Tradicións que compartimos distintas culturas, con distintas celebracións e un mesmo orixe: Os pobos Celtas. Se queredes saber máis:
Durante a semana reflexionamos sobre os Medos. Ao longo da mañá, e entre algún que outro susto, ademais dos aniversarios monstruosos de educación infantil, e algunha que outra visita á biblioteca auténticamente tenebrosa, os nenos e nenas foron levando as súas cabazas á entrada do cole (terroríficas) e depositando os seus medos na "Pota da bruxa" (os profes tamén). E, despois da Lectura Silenciosa, chegou o momento cumbre, a lectura do "Conxuro Quitamedos" e a queima de todos eles.
XENIAL!!!!
Logo, e despois de ter traballado moito sobre, receitas de cociña tradicionais, ou temas relacionados co feito de compartir, seguiron. O Cole encheuse dun rico olor a chulas de cabaza!
viernes, 28 de octubre de 2011
RECEITA PARA ESPANTAR OS MEDOS
AQUÍ TEDES, a "Receita para Espantar os Medos" e debaixo o "Conxuro Quitamedos"
Vós mesmos.....
Eso si, que non vos quede ningún medo no corpo.....
jueves, 27 de octubre de 2011
A QUE TEDES MEDO??
Fiz, tenlle medo a todo....
Non sei se sabedes, pero, temos unha gran receita para "Espantar os Medos".
QUEREDES COÑECELA?????
miércoles, 26 de octubre de 2011
XOGANDO CO SAMAÍN
Dende a Biblio do Ceip A Pedra en Bueu acaban de chegarnos estos xogos estupendísimos ao redor do SAMAÍN. Desfrutádeos!
E moitas grazas a todos estos coles que constantemente nos aportan recursos tan fantásticos.
Para Primaria
(preme na imaxe)
Para Educación Infantil
(preme na imaxe)
domingo, 31 de octubre de 2010
¡VIVA CALACA!
O día dos Mortos celébrase en moitas partes do mundo. En México é unha auténtica festa, co seu fabuloso colorido e a súa rica cultura de contrastes.
Aquí vos queda unha curtametraxe musical, "¡Viva Calaca!", que obtivo varios premios de animación e foi proxectado en numerosos festivais ao redor do mundo, baseada neste Día dos Mortos Mexicano. A música orixinal é do artista americano Voltaire.
sábado, 30 de octubre de 2010
XOGANDO NO SAMAÍN
LIM SAMAÍN (Lim colaborativo distintos coles)
Estos e outros xogos podedes atopalos no blog: http://pequesreboreda.wordpress.com
viernes, 29 de octubre de 2010
CHEGA O SAMAÍN
-Antiga festividade de Samhaín (Festa dos Mortos) na que se utilizaban os cranios dos inimigos vencidos en campaña poñéndoos, alumeados, arredor dos muros dos castros. Celebrábase no mundo céltico, especialmente en Irlanda, onde, a diferencia de Galicia, existe constancia documental da súa celebración.
O Samaín era o principio e o final do ano Céltico, festa dos defuntos e espíritos maléficos, unha data moi perigosa, durante a que o "Outromundo" faise accesible aos mortais, con grave risco para eles. O tempo e o espazo confúndense e desdibúxanse os límites entre ámbolos dous mundos.-
Samaín: A festa das caliveras. Rafael López Loureiro. Ir Indo.
O Samaín xa está aquí. Ide poñéndovos a tono con estos vídeos e cancións. Se vedes que vos asustades moito, ... Cantade máis alto!, Segundo din,... Quen canta, os seus medos espanta!! (Máis ou menos)
domingo, 18 de octubre de 2009
CLUB DE ESCRITURA
Seguro que recordades que na barra lateral da dereita temos unha sección chamada "Os nosos recunchos", alí temos aloxado o Club de Escritura, que tiñamos un pouco olvidado.
Pois atentos, porque volvemos retomalo. Manuel de 5º B, acaba de deixarnos un conto para que o publiquemos e aínda que non tivo moito tempo para darlle un bo final, seguro que vós lle podedes axudar. Entrade e escribide!
E recordade que cando queirades, estaremos encantados de publicar os vosos maravillosos contos.
Para empezar, está a punto de chegar o Samaín, ou como dirían outros Halloween, ...
Seredes quen de escribir algunha pequena historia de auténtico e terrorífico medo??

viernes, 31 de octubre de 2008
QUE MEDO!!!
Fai clic enriba do Trisquel para saber máis.
Samaín e Halloween.
Samaín e Halloween. Dende o Departamento de Lingua Inglesa, "Trick or treat", ata o de Normalización, pasando polas titorías, cada cual ao seu xeito, todos pasamos medo hoxe.
As terroríficas cabazas que trouxeron os nenos e nenas, os contos arrepiantes que se contaron nas aulas, as tenebrosas maquillaxes, ...
En educación infantil coincidiu ademáis co venres que celebran os cumples do mes.
miércoles, 31 de octubre de 2007
QUE MEDO!!!!
Festa do Samaín, noite de difuntos, cabazas arrepiantes, ... comezo do ano novo Celta:
- Os máis pequenos, os de educación infantil, foron polas aulas a asustar aos maiores, estos a cambio, asustáronse moito, leron, contaron e cantaron contos de medo. Auuuuuuhhh!!!!!!!!!

- Margarida disfrazouse de fantasma, igual que os máis peques, e cos maiores no recreo fixeron unha sesión de contos terroríficos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)




