jueves, 30 de noviembre de 2017

PREPARANDO A VISITA A GALICIENCIA

A visita a Galiciencia foise achegando e antes de ir tivemos que preparar algunhas cousas. 
As maquetas chegaron a aula a semana pasada. Unha vez visto o seu funcionamento e ultimado detalles comezamos a preparar a exposición oral por parellas. Cando as tivemos listas e consensuadas decidimos ir a biblioteca para facer un simulacro de stands. Montamos as maquetas en catro mesas e a todos os que se achegaban lles fomos contando o que tiñamos preparado. 
 
O mércores fomos a facer as presentacións a aula de 5ºB, o que nos serviu para practicar e correxir erros antes de visitar Galiciencia.

martes, 28 de noviembre de 2017

VISITA AO ZOO

O pasado venres día 10 de novembro os grupos de 1º, 2º e 3º fomos de excursión ao zoolóxico de Vigo. Pasamos unha mañá moi entretida e aprendimos moitas cousas grazas ás excelentes monitoras coas que contamos. Esperamos volver pronto!

EXCURSION ZOO from oscativosdareboraina on Vimeo.

martes, 21 de noviembre de 2017

Novo Biblioconcerto.

O próximo venres é o último de novembro, ou sexa que no recreo toca gozar dun Baño sonoro na aula de Psicomotriciade.
Esta vez @s artistas serán @s nen@s de 5ºA, e isto é máis ou menos o que escoitaredes.

ARRISCÁDESVOS A DICIR DE QUE PAISAXE SE TRATA?


NON VOLO PERDADES!!! 
ESPERÁMOSVOS

jueves, 16 de noviembre de 2017

APERTURA DA BIBLIOTECA COA LECTURA SILENCIOSA

A comezos de outubro, a biblioteca abríu as súas portas un curso máis. Por iso festexámolo facendo a lectura silenciosa dun xeito moi particular. Cada clase ocupaba un espazo diferente do cole, no seu interior ou polo patio, e adicábase a ler en silencio xunto coas outras aulas.

lunes, 13 de noviembre de 2017

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN 2

Deixámosvos a segunda parte dos contos de medo que lemos o día de Samaín.

martes, 7 de noviembre de 2017

MEDOS E CASTAÑAS NO NOSO COLE

Este ano no cole quixemos xuntar dúas celebracións moi interesantes para os peques, o samaín e o magosto. Antes do recreo queimamos os medos de todos os nenos e nenas do colexio, escoitamos a uns sinistros pandereteiros e pandereteiras. Ao rematar regresamos ás aulas para comer as doces rosquillas que nos regalou a ANPA, xogamos un pouco no recreo e, antes de dar por finalizada a xornada, tivemos tempo para comer castañas que gardamos nos nosos preciosos cestiños. Deixámosvos un vídeo que recolle retaciños deses momentos. Esperamos que vos guste!

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

O pasado martes aproveitamos a celebración do Samaín-Magosto no cole para ter unha xornada moi festiva. Tivemos taller de maquillaxe, xogo de pistas e ata unha sesión de contos terrorífica. Os rapaces escribiron as súas historias e escollemos algunhas para ler. 
Aquí vos deixamos a primeira tanda.

jueves, 2 de noviembre de 2017

AS FÁBULAS

Seguro que sabedes que hai uns relatos chamados fábulas onde os protagonistas son animais. Destacan por trasmitir unha ensinanza ou moralexa e, ainda que foron escritas fai siglos, siguen vixentes hoxe en día. Neste enlace atoparedes varias adaptacións das fábulas de Esopo, de Samaniego e de La Fontaine. A miña favorita é El león y el mosquito , cal é a vosa? 
https://www.mundoprimaria.com/fabulas-para-ninos/

miércoles, 1 de noviembre de 2017

Obradoiro de ESCRITA EXPRESIVA

Este venres retomamos o Obradoiro de ESCRITA EXPRESIVA, outra maneira de escribir e de coñecernos mellor a nós mesm@s.
Lembrade que os obradoiros se fan na biblio, nos recreos do 1º e 2º venres de cada mes.
Preparade bolis e cadernos que alá imos!!!