lunes, 17 de octubre de 2011
MERCADILLO SOLIDARIO
jueves, 26 de mayo de 2011
AUGA E... PIRATAS!

A escola dos piratas.
martes, 3 de mayo de 2011
I MOSTRA MUSICAL DOS CEIP DE REDONDELA
Con motivo dos MAIOS, cinco dos Ceip de Redondela decidiron compartir as súas experiencias musicais. Por un lado, era unha forma de coñecerse os nenos e nenas de sexto, que o próximo curso compartirán Centro; Por outro, unha maneira distinta de traballar ao redor dos temas que se traballan nos Coles, no noso en concreto "A AUGA"; E finalmente, un xeito de dar relevancia a unha data tan significativa en Redondela.Logo e cos ollos pechados escoitamos cada un daqueles sons e anotamos situacións ou posibles personaxes que nos viñan á cabeza. Así, pondo as nosas ideas en común, naceu a historia da RA. O teatro con luz negra foi a maneira elixida para representar plásticamente a historia. As profes de plástica traballaron con nós nos elementos. E a banda sonora foi a montaxe de aqueles sons que nos inspiraran a historia, máis os novos sons que xurdiron dela. Exceptuando o son da balea, dos delfíns, e das gaivotas que son tomas reais, todo o demáis está feito acústicamente por nós."
lunes, 4 de abril de 2011
UNHA SAÍDA INTERESANTE E... DIVERTIDA!
martes, 8 de febrero de 2011
EXPERIMENTANDO COA AUGA
martes, 1 de febrero de 2011
PEIXIÑOS DE PAPEL
viernes, 28 de enero de 2011
UN DÍA POLA PAZ
Como dixo a profe Ángeles: "Por que un día se cumplan todos esos maravillosos desexos"
jueves, 20 de enero de 2011
UNHA VIDA NO MAR
O xoves, día 20 de xaneiro, veunos visitar o pai de dous alumnos do centro; chámase José Manuel e leva unha vida de traballo no mar. Quixemos entrevistalo e escoitalo porque, como sabedes, este curso traballamos o proxecto AUGA.
O mar é un medio de vida para moita xente; del obtemos alimentos dos máis aprezados: peixe, marisco, ... ; é un traballo duro porque require moito esforzo. Deixamos aquí unha pequena mostra da súa charla e algunhas fotos. Dende este espazo queremos darlle as grazas pola súa visita e desexámoslle que teña sempre boa navegación. lunes, 10 de enero de 2011
O CICLO DA AUGA
VOLTA AO COLE
viernes, 17 de diciembre de 2010
PIMPÉ NO RAINBOW WARRIOR
¡¡¡Ola!!! Téñovos que pedir perdón. Non pensaba que iades estar tan preocupados por min.A cousa é que cando vos dixen que estaba nun veleiro no Mediterráneo non vos dixen toda a verdade.
Non estiven nun veleiro calquera. Estiven no Rainbow Warrior, un dos barcos de Greenpeace, a organización ecoloxista. Acompañeinos nas accións de protesta pola pesca desmesurada do Atún Vermello no Mediterráneo.
¿Sabedes que actualmente só queda un 15% da población orixinal desta especie?
Ademáis de que se sobrepesca, tamén se capturan exemplares moi novos, o que impide que se reproduzan.
Gustoume moito colaborar con eles, pero non tiña maneira de comunicar con vós.
Logo fíxenme amigo dun grupo de aventureiros que tamén andan polo mar e me invitaron a seguir recorrendo mundo, entón decidín retrasar a miña volta.
¿Sabedes por onde pasei?
Por un porto galego que cando o vin non puiden deixar de cantar. Había nenas lavando no río e unha delas pareceume moi guapa. Pero non vou coller moza tan lonxe de Reboreda…
Vouvos ir mandando cousas da miña viaxe para que non teñades que esperar ata que volva. Cada vez que pise terra mándovos novas polo blog ou polo correo. Dádelle unha aperta a Pancho e a bruxa e dicídelle que se non nos atopamos polo medio do mundo, xa nos veremos o ano que ven. Moitos bicos para vós.
viernes, 3 de diciembre de 2010
"Cando me meto no mar empápome de auga e emoción, pero cando me meto na clase empápome de cousas novas e diversión."
A biodiversidade mariña é unha das maiores riquezas galegas que, en gran medida, están aínda por descubrir. A gran variedade de fauna mariña, de aves e doutro tipo de especies que habitan estes ecosistemas fan de Galicia unha das zonas máis importantes a protexer para garantir a supervivencia da fauna e flora mariña que, en moitos casos, son especies en grave perigo de desaparecer.
As costas galegas contan con espazos naturais protexidos a distintos niveis; dende o Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas ata a Enseada de San Simón, no noso concello, declarada Zona de Especial Protección dos Valores Naturais dentro da Rede Natura 2000. Hai numerosas marismas: con ánades, parrulos, xuncos, ...
Entre a fauna da enseada destacan choco, polbo, lura, sardiña,rapante, faneca, muxo, garaxa real,gaivota, cabaliño de mar, ameixa, berberecho, navalla, mexillón.
Entre a flora: carballo, castiñeiro, eucalipto, faia, aciñeira, piñeiro, toxo, silva, fento.
Cando baixa a marea pódense ver gran cantidade de algas pardas e verdes.
jueves, 18 de noviembre de 2010
ONDE ESTARÁ PIMPÉ?

Se alguén o viu e pode darnos algunha pista de por onde anda, agradeceriamolo, porque na aula de música estamos esperando por él. E non estamos sós, tamén esperan por el os seus amigos Pancho e a Bruxa.
miércoles, 10 de noviembre de 2010
COÑECENDO MÁIS DE CERCA A AUGA

jueves, 28 de octubre de 2010
GOTAS PARA NIGER

martes, 19 de octubre de 2010
"ABUELA GRILLO"
Coñecemos o vídeo a través de: As Zocas Faladoras
jueves, 7 de octubre de 2010
EXPERIMENTANDO COA AUGA
Pero este preciado elemento ofrécenos moitas máis posibilidades...
E non olvidedes que na biblio tamén temos libros cos que podemos poñer en práctica a nosa vena máis científica.


martes, 5 de octubre de 2010
MÁIS BLOGS NO CENTRO

domingo, 3 de octubre de 2010
PERO QUE COMEZO!!
- Cancións: (Representación plástica realizada por alumnado e profesorado do Colexio Público de Educación Especial "Gloria Fuertes" de Andorra (Teruel), a partir da canción "Planeta Agua", composta por Gilherme Arantes e interpretada por Ana Belén)








