sábado, 30 de enero de 2010

30 XANEIRO=DÍA DA PAZ

A nosa ÁRBORE DA PAZ xa agromou!
Pasastes a ver as súas verdes follas?
Foi labor vosa. Pero, agora hai que poñer en práctica todas esas fermosas palabras que escribistes, para que a árbore non volte mustiar, porque, O DÍA DA PAZ, non remata o DÍA 30 DE XANEIRO.
TODOS OS DÍAS DEBERÍAN SER DÍAS DE PAZ

CHEGARON OS PREMIOS

Por fin chegaron os Premios ECOMETTA Unha pizarriña para todos e todas os que partiparon
Premio especial para o "Equipo do Millo"
E Premios para Samu, Alba e Mara

FANTÁSTICO TRABALLO!!

O ANO QUE VEN, MÁIS!!

jueves, 28 de enero de 2010

A ÁRBORE DA PAZ

A ÁRBORE DA PAZ
Di a lenda que hai moitos, moitos centos, miles de anos, o ser humano vivía en paz. En paz cos demais seres humanos, e cos demais seres da Natureza: animais, plantas,… o que se di en armonía.
Pero, algo xurdiu no corazón dos homes e das mulleres, algo que nublou a súa razón. Comezaron a discutir sen máis, a enfrentarse por pequeñas tonterías, … e pouco a pouco foron destruíndose os uns aos outros.
Ao tempo que esto sucedía a Natureza ía reaccionando: Os animais extinguíanse, as árbores ían perdendo as súas fermosas vestiduras e pouco a pouco desaparecendo da faz da Terra.
E así seguimos ata o día de hoxe, en que a especie humana todavía non fomos quen de recuperar a armonía do planeta no que vivimos.
Pero, sabedes que máis di a Lenda?
A lenda di que voltará o día en que as árbores retomen as súas verdes follas. Ese día será….
…. Tal vez o día en que os nenos e nenas do mundo fagan comprender aos adultos a importancia de escoitar e falar para solucionar os problemas, a importancia das palabras.
Axudádenos a que a nosa árbore da Paz recupere as súas “fermosas vestiduras”.
Como?
Elaborando o noso propio abecedario da Paz. Colocade ao lado de cada folla palabras que empecen pola letra indicada, aquelas palabras, sentimentos,… que pensedes que debemos levar a cabo para que a armonía volte ao noso planeta.
Veredes como a lenda cobra vida.

sábado, 23 de enero de 2010

DÍA DA PAZ

Achégase o Día da Paz, e con el, as pombas, as cancións, os poemas, ... alentándonos a tod@s a ir na procura desa ilusión, A PAZ.
A caso facemos algo o resto do ano para acadar A PAZ??
E xa non dicimos PAZ en términos xerais, senón a nivel particular, PAZ, coa familia, cos amigos, cos veciños, cos coñecidos ou non tanto, cos compañeiros,...
Claro que,... que significa eso de PAZ??
ALGUÉN O SABE??
Aquí vos queda a canción que imos cantar este ano no acto simbólico do día 30 de Xaneiro. No vídeo aparece o texto, é moi fácil, así que non hai excusa para non aprendela.

DÍA DA PAZ NAS BIBLIOS

Son moitas as biblios que fixeron unha maravillosa recompilación de recursos ao redor do Día da Paz. A nós gústanos moito a páxina que o blog da biblio do Ceip Mestres Goldar de Vigo (O Recanto de Mik) ten adicada a recursos para este día, sen dúbida un gran traballo, grazas por compartilo.

lunes, 18 de enero de 2010

PREMIOS ECOMETTA

Que é "ECOMETTA"?
É o primeiro concurso de debuxo eco-meteorolóxico que se fai no noso país.
Porque se chama así?
ECOloxía, METeoroloxía do Tempo dos Aficionados.
Quen pode participar?
Todos os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 15 anos en tres categorías: Cúmulus húmilis (4-7), Cúmulus mediocris (8-11) , Cúmulus congestus (12-15).
O prazo para participar remataba o 18 de Decembro.
Pois a noticia é que dende o noso cole participaron algúns cursos, e cal foi a nosa sopresa cando nos enteramos que foron premiados moitos dos nenos e nenas participantes:
Premio especial para "El equipo del Maiz"
Premio especial para Samu (clase dos Vincis)
Premio especial para Mara (clase dos Exploradores)
Premio especial para Alba (clase dos Sinefos)
E por suposto un agarimo para todos os participantes, que do noso cole, foron moitos.
E xa sabedes o próximo ano a participar tod@s.

domingo, 17 de enero de 2010

LECTURA SILENCIOSA

Este ano, e de acordo co noso Proxecto Lector de Centro, volvemos poñer en marcha o programa de Lectura Silenciosa Sostida, que levamos a cabo dous días á semana, durante 20 minutos á volta do Recreo. Realmente impresionante ver, escoitar, presenciar, ... sobre todo nas idades máis curtas, en que aínda non len, o entusiasmo que poñen na "Lectura", e o respeto pola lectura dos demáis.

E paciencia, as caixas viaxeiras que tedes nas aulas, están a ser modificadas para que teñades novas lecturas que compartir. Logo pasarán pola vosa aula!!

Pero,... eso non quita, que se tedes algún conto ou libro pola casa que queirades ler aquí ou compartir cos compañeiros o traiades.

COMPARTIDE CON NÓS AS VOSAS LECTURAS!!

sábado, 16 de enero de 2010

RETOMAMOS ACTIVIDADES

Que sabemos que despois destos días de tanta festa, comilonas, agasallos,.... e moito máis, un está un pouco despistado!
  • Alumnos/as de Primeiro curso: Hai que rematar esos albums de cromos, mirade a ver cales vos faltan para enchelo e levar un pequeno agasallo.



  • Alumnos/as de Quinto e Sexto: Recordade cubrir o voso cuaderniño de viaxe, en canto cheguedes á metade recibiredes un pequeno detalle, o premio bó ao final.

viernes, 15 de enero de 2010

VOLTA DO NADAL

E que tal vos trataron os Reis Magos?
Pedistes moitos dos libros que vos recomendabamos dende o cole?
Contádenos!!
Por aquí tamén houbo algunha sorpresiña, xa vos contaremos cando teñamos as fotos. Que os Reis tamén pasaron polo cole,... que nos portamos moi ben(!!???¡¡¡)
Pois agora toca xa retomar todo o empezado e comezar con renovado entusiasmo e novísimos propósitos.
Vémonos pola Biblio!!

viernes, 1 de enero de 2010

2010 ANO DO LIBRO E A LECTURA EN GALICIA

A XUNTA DECLAROU O ANO 2010 COMO