domingo, 31 de octubre de 2010

FESTA NO SAMAÍN

Dun xeito ou doutro todos colaboramos na celebración do SAMAÍN:
Facendo Terroríficas Cabazas. Canto traballiño dan!! Pero, Que Medo!!

Como auténticos Zombies, comendo "apestosas" arañas
Participando dun taller de auténtico "Espanto"
Representando "Escalofriantes! títeres

Lendo teatro


E moito máis,...
Tedes vós xa preparada a festa desta noite??
Coidado!, a ver a quen lle petades á porta!!

¡VIVA CALACA!

O día dos Mortos celébrase en moitas partes do mundo. En México é unha auténtica festa, co seu fabuloso colorido e a súa rica cultura de contrastes.
Aquí vos queda unha curtametraxe musical, "¡Viva Calaca!", que obtivo varios premios de animación e foi proxectado en numerosos festivais ao redor do mundo, baseada neste Día dos Mortos Mexicano. A música orixinal é do artista americano Voltaire.

LENDO NO SAMAÍN

LIBROS TERRORÍFICOS

sábado, 30 de octubre de 2010

XOGANDO NO SAMAÍN

LIM SAMAÍN (Lim colaborativo distintos coles)

Estos e outros xogos podedes atopalos no blog: http://pequesreboreda.wordpress.com


Para facer cabazas Virtuais

viernes, 29 de octubre de 2010

CHEGA O SAMAÍN

-Antiga festividade de Samhaín (Festa dos Mortos) na que se utilizaban os cranios dos inimigos vencidos en campaña poñéndoos, alumeados, arredor dos muros dos castros. Celebrábase no mundo céltico, especialmente en Irlanda, onde, a diferencia de Galicia, existe constancia documental da súa celebración.

O Samaín era o principio e o final do ano Céltico, festa dos defuntos e espíritos maléficos, unha data moi perigosa, durante a que o "Outromundo" faise accesible aos mortais, con grave risco para eles. O tempo e o espazo confúndense e desdibúxanse os límites entre ámbolos dous mundos.-

Samaín: A festa das caliveras. Rafael López Loureiro. Ir Indo.

O Samaín xa está aquí. Ide poñéndovos a tono con estos vídeos e cancións. Se vedes que vos asustades moito, ... Cantade máis alto!, Segundo din,... Quen canta, os seus medos espanta!! (Máis ou menos)






DE OGROS E DE BRUXAS

"EL OGRO Y LA BRUJA". Los Rosarinos.

jueves, 28 de octubre de 2010

GOTAS PARA NIGER

Este ano no Centro estamos a traballar o tema da "AUGA" e non podemos olvidar que somos uns privilexiados.

Nunha grande parte do noso planeta non teñen auga potable suficiente para sobrevivir. Dende algunhas ONG´s traballan para que este dereito humano básico, o acceso a auga potable, chegue ao maior número de seres humanos.


"Gotas para Níger", é unha campaña educativa de UNICEF que pretende dar a coñecer a importancia da auga e a súa relación coa supervivencia infantil e como dereito humano básico que debemos respetar e valorar. A través desta iniciativa coñecemos a situación dun dos países máis pobres do mundo no que só un 46% da poboación ten acceso a auga potable.

Un 70% do planeta é auga!

Como é entón posible esto???

lunes, 25 de octubre de 2010

CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN PERSOAS XORDAS

Durante as mañás do venres 22 e luns 25 de Outubro tivemos a sorte de ter entre nós a Camilo, unha persoa xorda que pertence á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. E xunto con el a varias intérpretes da Linguaxe de signos.
Os máis pequenos disfrutaron duns contos moi instructivos e os demais "falamos" con Camilo sobre a situación das persoas xordas, as barreiras ás que se enfrontan cada día, e como non démonos conta da falta de sensibilización que hai ao redor destos temas. Como se enfrontan cada día á ausenza de son??, Que utilizan para despertarse pola mañá?, Como xogan os partidos e "escoitan" os avisos dos árbitros??, e tantas outras cousas.
Canto necesitamos aprender!!!

E canto aprendemos!. Sabemos dicir: Mamá, papá, amigo, .... e todas as letras do abecedario.
Queredes aprendelas todas??
Observade con atención!!!
E recordade, diante do peito, non da cara.

CONCURSO DE ADIVIÑAS



ADIVIÑA 1

Da terra vou ao ceo
E do ceo hei de volver;
Son a alma dos campos
Que os fai florecer.



domingo, 24 de octubre de 2010

ALGUNHAS NOVIDADES

"DIARIO DE GREG". Jeff Kinney. Molino.
Coñeceremos a Greg a través das hilarantes e tenras desventuras que narra e ilustra na súa libreta.
Atentos, porque hoxe, 22 de outubro chega ao cine en España a película baseada na serie de libros de Greg.



"OULEMBE EL ZAHORÍ". Joan de Deu Prats. Intermón Oxfam.
Oulembe é un neno que vive na estepa africana e o seu pai é o zahorí do pobo, é dicir, a persoa encargada de localizar a auga nun pobo onde a auga é moi escasa.
Que aventuras nos contará Oulembe?

Visita a páxina do autor


"CAPITÁN VERDEMÁN". Ellie Bethel. Juventud.

Un novo superheroe para un novo mundo!, Afogados nos montóns de lixo, pola pereza e despilfarro dos habitantes da cidade,... chega o Capitán Verdemán, para rescatarnos e demostrar que a reciclaxe é divertida.
O Capitán Verdemán quere salvar o planeta, pero, Necesita a túa axuda!

sábado, 23 de octubre de 2010

EDUCACIÓN INFANTIL NA TVG

Non sei se acordades, pero, houbo un día ahí atrás, en que viñeron dúas mozas cunha enorme cámara, e estiveron gravando aos nenos e nenas de educación infantil no horto que están a cultivar e coidar.
Pois xa toca, ...
HOXE SÁBADO
NA TVG
ÁS 22:00 h (10 DA NOITE)
NO PROGRAMA "ACTUALIZADOS"
en primicia mundial, teremos aos nosos peques contándolle ao mundo o moito e ben que traballan.
NON VOLO PERDADES!!

viernes, 22 de octubre de 2010

III CONCURSO ADIVIÑAS

Poñede a funcionar as vosas cabeciñas.
O "III CONCURSO DE ADIVIÑAS" comeza xa.
Luns 25 de Outubro - primeira adiviña
Recordade que tedes na barra lateral, sección "OS NOSOS RECUNCHOS", unha páxina adicada ao concurso. Visitádea para ler as normas, as adiviñas e consultar a clasificación.
BOA SORTE!!

TROPA DE TRAPO

O próximo 29 de outubro estréase en toda España "TROPA DE TRAPO, NO PAÍS ONDE SEMPRE BRILLA O SOL", a primeira película española rodada en 3D estereoscópico pensada para un público de entre 3 e 7 anos.
Non sei se recordades unha serie de TV que se emitiu na galega "The Happets" (Happy Pets- animais domésticos felices)?.
Esta historia dirixida por Alex Colls está baseada nesta serie televisiva que xa está á venda en libro.
Aquí vos queda o trailer en galego da peli.

miércoles, 20 de octubre de 2010

UNHA VISITA MOI ACUOSA

"O día 15 de outubro fixemos unha saída do colexio. Un home moi preocupado polo medio ambiente, o señor José García, membro da comunidade de augas, foinos guiando monte arriba. Mentras non chegabamos á primeira poza iamos vendo a paisaxe e escoitando música. Cando chegamos o señor José abriu a porta da poza e a miramos de un en un. Contounos que os eucaliptos se metían polos caños e os rompían. Díxonos tamén que non podíamos tirar obxectos como rodas, mobles, neveiras,… polo moito que poden contaminar as augas subterráneas. Vimos dúas pozas máis e explicarounos como chegaba a auga ás casas de Reboreda.
Logo da visita estivemos debatindo onde íamos merendar e o señor José indicounos que por encima das pozas había un cercado con auga moi fresquiña. Alí merendamos para logo voltar ao cole."

RUBÉN (6ºA)


No seguinte vídeo podedes comprobar as palabras de Rubén. Realmente unha visita moi interesante!


UNHA INCRIBLE COMUNIDADE EDUCATIVA

A través do blog da Biblioteca Escolar Victor Sáenz, coñecemos este incrible vídeo dun cole de Tenerife. Polo visto chámanlle LIPDUB e está moi de moda.
Quen dixo, Festival Fin de curso??
Guau!
350 alumnos, mestres, persoal cociña, limpeza, ...

martes, 19 de octubre de 2010

"ABUELA GRILLO"

"Educación sen Fronteiras", danos a coñecer este fermoso vídeo sobre o consumo responsable da auga. Adaptado dun mito "Ayoreo" e realizado entre Dinamarca e Bolivia e dirección francesa, é un auténtico traballo intercultural.
Prestade moita atención!
E logo, comentádenos o que vos parece!

Coñecemos o vídeo a través de: As Zocas Faladoras

domingo, 17 de octubre de 2010

APERTURA BIBLIO

PRIMEIRAS VISITAS Á BIBLIO

Durante esta semana estivemos realizando esas primeiras visitas á nosa Biblioteca de Centro. Había sobre todo que recordar, pasara xa moito tempo dende a última vez que disfrutamos da nosa Biblio e da nosa mascota Margarida. Onde alá quedou o mes de xuño!!!
Recordamos as normas de uso e comportamento, os horarios, como facer comentarios neste blog, levamos os carnets lectores para a aula, ... e incluso xogamos un pouquiño a atopar materiais polo espacio, eso ao que lle chaman Formación de Usuarios. Vamos, xenial!, Xa todos estabamos desexando voltar!
Pero, Cando comezamos por fin???
Atentos os máis despistados!

sábado, 16 de octubre de 2010

TRABALLANDO DURO DENDE A BIBLIO

Dende hai xa tres semanas os e as bibliotecarios/as, alumn@s de quinto e sexto, que voluntariamente colaboran na Biblio do Centro, levan traballando moi intensamente para ter a nosa estupenda biblioteca lista para a apertura oficial.
Últimos retoques, penúltimos arranxos, un libro aquí, unha ficha por alá, ... e ... xa casi estamos. Atentos todos.... xa falta pouco.

viernes, 15 de octubre de 2010

A NOSA LINGUA ESTÁ DE NORABOA

Sabedes que son os "Premios Alma"?
Seguro que non.
Pois son como os Premios Nobel, pero de literatura infantil e xuvenil. Vamos, seguramente os premios máis importantes desta categoría.
Pois xa van sendo algúns, bastantes, escritores galegos, os nominados para recibir os Premios Alma. Todavía non recibimos ningún, pero estar na lista e xa todo un logro.
Organizados polo goberno sueco no ano 2002 en memoria da escritora máis popular do país nórdico, os "Alma" pretenden ser un recoñecemento a toda a creación literaria e non a unha obra en particular. Porén, non é imprescindible ter escrita unha soa palabra para aspirar aos premios, pois tamén os que se adican á ilustración e ás actividades narrativas poden ser premiados. Unha vez seleccionados os candidatos, un xurado composto por doce membros –entre os que hai escritores, críticos literarios, ilustradores e bibliotecarios– decide quen son os gañadores, despois dun proceso de varios meses.
Este ano temos na lista a : Agustín Fernández Paz e a Juan Farias








Estos Premios "Alma", levan o nome dunha grandísima autora de libros infantís sueca, autora entre outros de libros como: "Pipi calzaslargas", "Karlsson en el tejado", "Los hermanos corazón de león",... e moitos outros.
Saberedes de quen falamos?

MARIO VARGAS LLOSA

XA VOS ENTERASTES? NON?
PREMIO NOBEL DE LITERATURA!!!
Mario Vargas LLosa, escritor peruano nacionalizado español en 1993, foi galardonado este 7 de outubro, co Premio Nobel de Literatura 2010. É o primeiro autor de fala hispana que recibe o galardón dende que, en 1990, o gañase o mexicano Octavio Paz. O premio seralle entregado o vindeiro 10 de decembro en Estocolmo. Vargas Llosa recibiu tamén o Premio Principe de Asturias das Letras en 1986, o Premio Planeta en 1993 e o Premio Cervantes en 1994.
Queredes ver como recibe a noticia??
consultade este enlace


Pero este extraordinario escritor non só escribe para adultos, a editorial Alfaguara Infantil ven de publicar en España unha colección moi especial adicada ao público infantil chamada "Mi primer", que ten como obxectivo acercar, aos máis pequenos, aos grandes nomes da literatura. E que curioso, precisamente, un dos primeiros títulos desta colección é "Fonchito y la Luna" de Mario Vargas Llosa. Con Fonchito podes vivir a emoción do primeiro amor e seguir as aventuras do seu protagonista que demostra o que un é capaz de facer por un ser querido, aínda que a súa petición sexa, nada máis e nada menos, que a Lúa.

Disfruta con Fonchito!!
Pero, queredes saber máis do galardonado?

jueves, 14 de octubre de 2010

TALLER DEBUXO MANGA

Na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela:
(multiusos)
TALLER DE DEBUXO MANGA - NIVEL BÁSICO
Para rapaces de 11 a 15 anos
Venres, 22 de outubro ás 18:00 h.
na Biblioteca Municipal de Redondela
Gratuíto
Prazas limitadas
Se estades interesados en participar...
anotádevos rápido na Biblioteca de Redondela

martes, 12 de octubre de 2010

UN CONTO CHEO DE FUTURO

Dende "Trafegando Ronseis" recibimos este vídeo que a Biblioteca Central de Helsinki vén de distribuír, onde, coma un conto, explica como foi medrando o país até chegar ao proxecto de construción da Biblioteca Central, un centro de cultura, entretemento, ocio e traballo, pensado para recibir máis de cinco mil visitas cada día. Unha biblioteca que é o tronco dunha árbore e as súas pólas son as actividades do pobo.

domingo, 10 de octubre de 2010

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOS

MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

jueves, 7 de octubre de 2010

EXPERIMENTANDO COA AUGA

A quen non lle gusta xogar coa auga?
Pero este preciado elemento ofrécenos moitas máis posibilidades...
Consultade esta páxina, e probade a realizar algúns destos experimentos. Se sodes uns auténticos científicos, seguro que descubrides os grandes segredos que agocha este incrible elemento.

E non olvidedes que na biblio tamén temos libros cos que podemos poñer en práctica a nosa vena máis científica.








miércoles, 6 de octubre de 2010

COMEZO LECTURA SILENCIOSA: GÚSTACHE LER?

Mañá xoves comezamos o horario do Programa de Lectura silenciosa sostida. Esos 20 minutos de lectura conxunta todo o centro. Levaban tempo xa os nenos e nenas preguntando cando empezabamos, pois mañá.
E para que o primeiro día teñades libros abondo onde elixir, entre onte e hoxe os bibliotecarios de quinto e sexto estiveron repartindo polas aulas as caixas viaxeiras, que con tanto agarimo construistes.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DESAS E OUTRAS LECTURAS!
E logo podedes recomendarnos algunha delas.
Pero, non somos os únicos que lemos!!
Chegábanos ao final do pasado curso este vídeo dende a Biblioteca "O bosque animado" do IES Afonso X O Sabio (Cambre): "Esta canción sóame dalgo... pero tal vez me guste máis a adaptación para unha campaña de fomento da lectura que se fai desde os Estados Unidos... Que vos parece?"

CAMPAÑA RECOLLIDA CARTUCHOS TINTA

Sabedes o aforro de enerxía que supón reciclar un cartucho baleiro?
Para fabricar un cartucho láser necesítanse ao redor de 3 litros de petróleo.
Sabedes a cantidade de cartuchos que se tiran mensualmente á basura?
Millóns de cartuchos acaban no lixo.
Sabedes que os cartuchos de tinta pódense reciclar?
Entón, Por qué non reciclar?

martes, 5 de octubre de 2010

MÁIS BLOGS NO CENTRO

Esto das novas tecnoloxías empeza a ser contaxioso. Que ben!.
Os nenos e nenas de 4ºA teñen o seu propio blog de aula, onde nos irán comentando todo o que van facendo durante o curso. No que levamos, moito xa sobre a auga.
O comezo foi espectacular!
O blog chulísimo!
A mascota xenial!
Xa nos contaredes sobre esta nova experiencia!
(Para visitar o seu blog facede clic enriba da imaxe)

domingo, 3 de octubre de 2010

PERO QUE COMEZO!!

Se sodes asiduos do blog dos peques (http://pequesreboreda.wordpress.com) seguro que sabedes o fulgurante comezo que levan co Proxecto da auga:
  • Xogos en LIM (animádevos a xogar)
  • Cancións: (Representación plástica realizada por alumnado e profesorado do Colexio Público de Educación Especial "Gloria Fuertes" de Andorra (Teruel), a partir da canción "Planeta Agua", composta por Gilherme Arantes e interpretada por Ana Belén)

  • E como non, recordades á profe Susana (dos Sínefos)?, pois no seu novo cole(CRA de Teo) tamén van traballar ao redor da auga e xa levan feitas varias cousiñas:

viernes, 1 de octubre de 2010

XOGA CON AUGA (de xeito responsable)

Coñecedes os xogos de "Educared"?
Pois algúns están moi chulos!
E máis se nos ensinan cousiñas, en este caso sobre a auga, o seu consumo razoable, a contaminación, ..
XOGAMOS?
(fai clic na imaxe para entrar na web)