Para ver as solucións que cada un deu, tedes que ir onde está a adiviña e abrir os comentarios.
Solución adiviña 4: A letra "L"

primeira na Lúa
segunda en Plutón
na terra non hai
e a última no Sol
Blog dos Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística do Ceip Sto. Paio de Abaixo, en Reboreda, Redondela (Galicia)
Aquí tedes este vídeo coa canción de Mamá Cabra: "Samaín". Atopámolo no blog doutra Biblio, "O recanto do Mik", do Ceip Mestres Goldar de Vigo.
Na nosa Biblio, temos un expositor adicado as revistas, e esta é unha das que alí temos.
Saen incribles reportaxes de animais
Tiras cómicas moi divertidas, ...
Cando queirades podedes entrar a velas.
Comezamos unha nova andaina conxunta os Departamentos de Normalización e Biblioteca do Ceip Santo Paio de Abaixo (Reboreda-Redondela).Dende este blog tentaremos estar en contacto con todos vós, informando das iniciativas que vaian xurdindo, convocatorias, proxectos que vaiamos desenvolvendo,...Contamos con todos vós!Facede comentarios, opinade!Esperamos a vosa colaboración!
Este obra está bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.