viernes, 25 de marzo de 2011
jueves, 24 de marzo de 2011
miércoles, 23 de marzo de 2011
martes, 22 de marzo de 2011
lunes, 21 de marzo de 2011
DÍA MUNDIAL DA AUGA 1
Nós dende o noso pequeno recuncho, aquí en Reboreda, seguro que tamén podemos facer algo para mellorar a calidade da auga, facer un consumo responsable, axudar ao seu aforro, ...O obxectivo do Día Mundial da Auga para este ano 2011-Agua para as cidades:Respondendo ao desafío urbano- é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incertidumbre causada polo cambio climático, os conflictos e os desastres naturais sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga.
miércoles, 9 de marzo de 2011
VÍDEO ENTROIDO 2011
lunes, 7 de marzo de 2011
ENTROIDO 2011
viernes, 17 de diciembre de 2010
PIMPÉ NO RAINBOW WARRIOR
¡¡¡Ola!!! Téñovos que pedir perdón. Non pensaba que iades estar tan preocupados por min.A cousa é que cando vos dixen que estaba nun veleiro no Mediterráneo non vos dixen toda a verdade.
Non estiven nun veleiro calquera. Estiven no Rainbow Warrior, un dos barcos de Greenpeace, a organización ecoloxista. Acompañeinos nas accións de protesta pola pesca desmesurada do Atún Vermello no Mediterráneo.
¿Sabedes que actualmente só queda un 15% da población orixinal desta especie?
Ademáis de que se sobrepesca, tamén se capturan exemplares moi novos, o que impide que se reproduzan.
Gustoume moito colaborar con eles, pero non tiña maneira de comunicar con vós.
Logo fíxenme amigo dun grupo de aventureiros que tamén andan polo mar e me invitaron a seguir recorrendo mundo, entón decidín retrasar a miña volta.
¿Sabedes por onde pasei?
Por un porto galego que cando o vin non puiden deixar de cantar. Había nenas lavando no río e unha delas pareceume moi guapa. Pero non vou coller moza tan lonxe de Reboreda…
Vouvos ir mandando cousas da miña viaxe para que non teñades que esperar ata que volva. Cada vez que pise terra mándovos novas polo blog ou polo correo. Dádelle unha aperta a Pancho e a bruxa e dicídelle que se non nos atopamos polo medio do mundo, xa nos veremos o ano que ven. Moitos bicos para vós.
jueves, 28 de octubre de 2010
GOTAS PARA NIGER

miércoles, 20 de octubre de 2010
UNHA VISITA MOI ACUOSA
"O día 15 de outubro fixemos unha saída do colexio. Un home moi preocupado polo medio ambiente, o señor José García, membro da comunidade de augas, foinos guiando monte arriba. Mentras non chegabamos á primeira poza iamos vendo a paisaxe e escoitando música. Cando chegamos o señor José abriu a porta da poza e a miramos de un en un. Contounos que os eucaliptos se metían polos caños e os rompían. Díxonos tamén que non podíamos tirar obxectos como rodas, mobles, neveiras,… polo moito que poden contaminar as augas subterráneas. Vimos dúas pozas máis e explicarounos como chegaba a auga ás casas de Reboreda.
Logo da visita estivemos debatindo onde íamos merendar e o señor José indicounos que por encima das pozas había un cercado con auga moi fresquiña. Alí merendamos para logo voltar ao cole."
RUBÉN (6ºA)
No seguinte vídeo podedes comprobar as palabras de Rubén. Realmente unha visita moi interesante!
martes, 5 de octubre de 2010
MÁIS BLOGS NO CENTRO

domingo, 3 de octubre de 2010
PERO QUE COMEZO!!
- Cancións: (Representación plástica realizada por alumnado e profesorado do Colexio Público de Educación Especial "Gloria Fuertes" de Andorra (Teruel), a partir da canción "Planeta Agua", composta por Gilherme Arantes e interpretada por Ana Belén)
miércoles, 22 de septiembre de 2010
LIBROS AUGA

"Agua. Colec Mira, mira. Pearson Educación": De onde ven a Auga?, Por que a Auga do mar é salgada?, Como se fai o xeo?,... Cheo de solapas, desplegables,... para descubrilo todo sobre a Auga.
Hai moitos libros moi interesantes sobre a auga. Se coñecedes algún comunicádenolo. Veremos a posibilidade de compralo, para que os poidades levar en préstamo.
domingo, 19 de septiembre de 2010
PROXECTO: "AUGA-FONTE DE VIDA"






