martes, 22 de diciembre de 2020
viernes, 18 de diciembre de 2020
PDI DO CAMBIO CLIMÁTICO: TRABALLO DAS AULAS
Un ano máis, para desenvolver o noso PDI, cada aula leva traballando arreo durante todo o trimestre. Agora, temos un resumo do traballo feito por cada aula nunha serie de vídeos que recollen as pescudas feitas polos nosos estupendos científicos escolares.
Premede no enlace e usade os botóns para navegar polos distintos cursos e poder ver os traballos realizados.
martes, 15 de diciembre de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Un ano máis chegan as nosas recomendacións lectoras para este nadal.
Tedes un pouco de todo e tamén as tedes colgadas no instagram do cole e na páxina web do centro.
viernes, 11 de diciembre de 2020
GALICIENCIA: EDICIÓN ONLINE
Dende o día 9 ata o 11 estase a desenvolver na Tecnopole, en Ourense, a maior feira de ciencia de Galicia. Este ano os obradoiros e sesión son online e seguiremolas en directo dende o canal de youtube da plataforma.
Fai un días chegou ao cole o material para poder desenvolver os talleres.
Foron uns días estupendos.