Xa está aquí a primeira entrega das viaxes que Margarida. Desta volta estivo en Saxamonde, Ventosela, Reboreda e O Viso...Coñeces algún destes lugares? Non vos perdades a seguinte viaxe!!!
miércoles, 18 de diciembre de 2013
martes, 17 de diciembre de 2013
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Este ano, como nos anteriores, o EDLG do CEIP Santo Paio organizamos o cocurso de postais que despois repartimos a toda a comunidade educativa. O autor da postal gañadora deste ano é:
PABLO JESÚS MARTÍNEZ COUÑAGO DE 5º A.
O traballo de selección foi moi difícil porque todas as postais eran estupendas!
Aquí vos deixamos as finalistas.
LUCÍA RODRÍGUEZ VILAS
5º B
5º B
DIEGO MUÍÑOS MÍGUEZ 5º B
JOSE RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
5º B
5º B
MARTA MÍGUEZ MONTEAGUDO
5º B
5º B
jueves, 12 de diciembre de 2013
CHEGOU A MAXIA ... AO COLE
"Agora me ves... Agora..."
E como introdución unha compañeira de quinto curso, Lucía, leunos un conto precioso. Xenial!
Onte o Centro estivo cheo de "Maxia", e non polo Nadal, que tamén. Tivemos connosco ao Mago Eloy, que coa axuda dalgúns compañeiros, fixeron cousas incribles.

Parecía cousa de "Maxia", as cartas aparecían e desaparecían, as moedas, ... eu que sei. Que rapidez!. Foi unha actuación moi divertida.

Parecía cousa de "Maxia", as cartas aparecían e desaparecían, as moedas, ... eu que sei. Que rapidez!. Foi unha actuación moi divertida.
E como introdución unha compañeira de quinto curso, Lucía, leunos un conto precioso. Xenial!
Etiquetas:
animación,
maxia,
terceiro ciclo
miércoles, 11 de diciembre de 2013
APRENDE LSE CON NÓS
Este curso queremos retomar a
experiencia de difusión da LSE que iniciamos hai 2 anos no blog da biblioteca.
Se vos lembrades, cada vez que se achegaba unha data especial do calendario
(Nadal, Samaín…) colgabamos 3 u 4 signos relacionados co acontecemento, para
que tod@s os aprendésemos. Así, neste curso queremos volver a animarvos a
coñecer e empregar a LSE. Para que sexa máis divertido e cercano, nesta
ocasión, os profes serán os alumnos do noso cole que están a empregar esta lingua:
Brais, Marta e Diego.
miércoles, 4 de diciembre de 2013
OS PEQUES VISITAN A BIBLIOTECA
Este ano que xa temos cinco anos as nosas visitas a biblioteca van ser moi interesantes. Primeiro porque este ano podemos escoller nos os contos, os anos pasados facía a profe unha selección e levabamos os contos xa previamente seleccionados.
Seleccionar nos os contos fai que teñamos que ver ben os libros que hai e ter un criterio propio para escoller. Pode ser que despois non nos gusten ou que sexan moi longos pero así tamén aprenderemos a ir seleccionando mellor en cada ocasión. Ademais, este ano imos cubrir unha libreta de lectura onde poremos o título e a nosa opinión do conto e se queremos ou non recomendalo. Aquí vos deixamos uns retazos da nosa primeira visita.
This free digital slideshow customized with Smilebox |
Free slideshow design generated with Smilebox |
Etiquetas:
creatividade,
ed.infantil,
primeiras visitas
lunes, 2 de diciembre de 2013
PALABRAS DE OUTONO
Coa chegada do outono, Margarida agasallounos estas palabras que nós transformamos en fermosos poemas. Estes son só unha pequena mostra, se nos visitas na biblio poderás velos todos...PARABÉNS A TODOS E TODAS POLOS VOSOS TRABALLOS!
A xente polo San Martiño
anda polo camiño
comendo pan
e bebendo viño.
Gústanvos moito as cabazas
e comémolas preto das terrazas.
Setembro pasou
e con él a vendima
xa rematou.
Xogamos e bailamos,
e o esquío
non di nin pío.
No tempo das cabazas
meu pai vai de caza.
Sempre que imos
aos zonchos
levamos postos os ponchos.
Coa baloira vareamos
todo o que logo apañamos.
|
Indo á festa
de San Martiño atopamos un esquío no camiño. Tomamos zonchos bebemos viño e nunha cabaza bebemos un viño 1º A No outono vai a San Martiño, mata o teu porquiño sexa grande ou pequeniño. No outono está rideiro o castiñeiro, contenta a castiñeira con cartos na faltriqueira No outono celebramos o samaín decoramos cabazas e comemos castañas sen fin. No outono é tempo de cabazas é tempo de castañas e de viño novo nas tazas. Laura. 4º B |
miércoles, 27 de noviembre de 2013
martes, 26 de noviembre de 2013
O CARBALLO DOS 100 CONTOS
Na biblio de Margarida estamos dando forma entre todos os nenos e nenas do cole de Reboreda ao noso particular "Carballo dos 100 contos". É una árbore diferente e moi orixinal que se enche de cores coa axuda de todos os nenos e nenas. Pouco a pouco os peques vanse animando e van deixando as súas recomendacións nas pólas desta árbore tan particular. Mirade que fermosa se está poñendo coa axuda de todos.
Free digital scrapbooking design customized with Smilebox |
Etiquetas:
biblioteca,
contos,
Educación Infantil
miércoles, 20 de noviembre de 2013
jueves, 14 de noviembre de 2013
LARETA 2013, Festival de Monólogos de Redondela
O
Servizo de Normalización Lingüística organiza a segunda edición do
Festival de Monólogos de Redondela, LARETA 2013.
Trátase
dun evento cultural que naceu en 2012 co obxectivo de fomentar o uso
oral da lingua galega e de promover a creación artística daquelas
persoas que apostan pola nosa lingua como ferramenta de traballo e
medio de comunicación.
O
nome do festival de monólogos, LARETA, quere incidir precisamente
niso: en laretar, falar sen control e sen medida, dicir o que se
queira pero sempre utilizando a lingua galega como vehículo de
comunicación. Alén diso, quere ser tamén unha proposta creativa e
artística con continuidade no tempo, que se converta nun referente
dentro da oferta cultural redondelá e que vén avalada polo éxito
da súa primeira edición.
Nesta
segunda edición, que se celebrará os sábados ás 20.00 h,
contaremos coa participación de Luís Zahera, Quico Cadaval, Sergio
Pazos e Cándido Pazó para público adulto, e Paula Carballeira para
público infantil.
As
sesións celebraranse no Auditorio da Xunqueira de Redondela os
sábados 16, 23 e 30 de novembro, e 7 e 21 de decembro. O prezo da
entrada xeral é de 4 €, e para persoas xubiladas, estudantes e
público infantil 2 €. Mais é posible tamén adquirir un bono para
as cinco funcións ao prezo de 16 € ou 8 € para a entrada
reducida, que se poderá reservar dende o xoves 7 de novembro.
A
venda de entradas anticipadas para cada función farase dende dous
días antes a cada unha, na recepción do Multiusos da Xunqueira.
O
Servizo de Normalización Lingüística anima a toda a veciñanza
redondelá a asistir a esta proposta cultural que reivindica o uso
oral da lingua propia de Galicia.
martes, 5 de noviembre de 2013
ESTE SAMAÍN INTERCAMBIAMOS CONTOS DE MEDO NO CEIP SANTO PAIO!
AQUÍ VOS DEIXAMOS AOS NENOS E NENAS DE 1º B COA OBRIÑA QUE FIXERON POLO SAMAÍN NO INTERCAMBIO DE CONTOS DE MEDO. ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES. NORABOA ESTES GRANDES ACTORES E ACTRICES E A PROFE CECI E MARTINA!
lunes, 4 de noviembre de 2013
ASÍ CELEBRAMOS SAMAÍN OS NEN@S DE INFANTIL
A semana pasada foi unha semana moi, moi intensa. Fíxemos unha chea de cousas relacionadas co Samaín: decoramos os corredores, escribimos os nosos medos, cociñamos chulas, decoramos cabazas...
Rematamos a semana coma máis nos gusta, con contos. Os nen@s de 1º prepararon unha obriña sobre o Samaín e fomos en dous turnos ao salón de actos a disfrutar da mesma. Gustounos moitísimo. Aquí vola deixamos para que vos tamén podiades disfrutar con ela.
Etiquetas:
Educación Infantil,
halloween,
lectura silenciosa
lunes, 28 de octubre de 2013
SAMAÍN EN LINGUAXE DE SIGNOS
O pasado
venres a aula de atención preferente convertiuse nun plató de gravación e
filmamos un videoclip con alumnos e alumnas de 5º.
Fixémolo para ensinarvos unha canción moi divertida sobre a festa do Samaín do grupo infantil Mamá Cabra. Con ela pretendemos que, ademais de pasalo ben cantando, aprendades novos signos da LSE.
Tivemos moi pouco tempo e presuposto pero como contamos con grandes profesionais (sobre todo os extras) estamos moi orgullosos do resultado final.
Animámosvos a ver o noso videoclip xa que ten sorpresas que vos deixarán os pelos de punta. Aquí ninguén é o que parece…jajajaja!
Fixémolo para ensinarvos unha canción moi divertida sobre a festa do Samaín do grupo infantil Mamá Cabra. Con ela pretendemos que, ademais de pasalo ben cantando, aprendades novos signos da LSE.
Tivemos moi pouco tempo e presuposto pero como contamos con grandes profesionais (sobre todo os extras) estamos moi orgullosos do resultado final.
Animámosvos a ver o noso videoclip xa que ten sorpresas que vos deixarán os pelos de punta. Aquí ninguén é o que parece…jajajaja!
Etiquetas:
LSE,
Samaín,
terceiro ciclo,
vídeo
domingo, 27 de octubre de 2013
Día das bibliotecas...Así o celebramos!
Comezamos coa visita dos nenos e nenas de primeiro que tras ver a curta "Os fantásticos libros voladores", recibiron o seu carnet da biblioteca e unha piruleta de Margarida, a nosa mascota. Ollade que ben o pasaron!


O resto da mañá, unha sorpresa interrompeu as clases, a visita de Margarida, que viña con agasallo engadido: as mochilas viaxeiras e un marcapáxinas!
Comezamos coa visita dos nenos e nenas de primeiro que tras ver a curta "Os fantásticos libros voladores", recibiron o seu carnet da biblioteca e unha piruleta de Margarida, a nosa mascota. Ollade que ben o pasaron!
O resto da mañá, unha sorpresa interrompeu as clases, a visita de Margarida, que viña con agasallo engadido: as mochilas viaxeiras e un marcapáxinas!
Durante o recreo unha morea de libros sobre o samaín saíron ao patio, todos os venres teremos os BIBLIOPATIOS!
martes, 15 de octubre de 2013
miércoles, 9 de octubre de 2013
NOVOS BLOGS
¡¡¡Temos novos espazos do cole na rede!!!
@s compis de 5º A puxeron a andar o seu blog, IMAXINAESCOLA
Cando queirades podedes facerlles unha visita, deixar aportacións e comentarios... En fin, que sodes ¡¡¡BENVIDOS!!!
@s compis de 5º A puxeron a andar o seu blog, IMAXINAESCOLA
Cando queirades podedes facerlles unha visita, deixar aportacións e comentarios... En fin, que sodes ¡¡¡BENVIDOS!!!
lunes, 7 de octubre de 2013
viernes, 4 de octubre de 2013
jueves, 13 de junio de 2013
A NOSA DERRADEIRA LECTURA SILENCIOSA DO CURSO
O curso está a piques de rematar. O venres 7 pechamos a nosa biblio ata o vindeiro curso. E o pasado mércores 5 de xuño fixemos a última lectura silenciosa deste curso. Aproveitando o bo tempo saimos tod@s ao patio...
E a gozar da lectura!
E tamén tivemos a derradeira animación á lectura para os menos de 2º e 3º ciclo. O xoves 6 visitounos Manuel Solla...
Cantas historias saen da súa maleta ! E que ben o pasamos!
E tamén tivemos a derradeira animación á lectura para os menos de 2º e 3º ciclo. O xoves 6 visitounos Manuel Solla...
Cantas historias saen da súa maleta ! E que ben o pasamos!
Etiquetas:
2013,
animación,
fin curso,
lectura silenciosa
jueves, 6 de junio de 2013
VIAXE POLA RÍA
O luns as rapazas e rapaces de 6º fixeron un recorrido en barco pola ría. O sol brillaba e o mar estaba en calma.
Foi un día inesquecible!
domingo, 2 de junio de 2013
"ARTE LIBRE NUN MONTE LIMPO"
O pasado 24 de maio os nen@s de 5º e 6º asistiron a inauguración da exposición "ARTE LIBRE NUN MONTE LIMPO" na Senda da Auga. Partindo dunha iniciativa das Comunidades de Montes expóñense ao longo do camiño os debuxos de tod@s os alumn@s do colexio cos seus respectivos lemas e coa fin de concienciar a tod@s da importancia de coidar a natureza e os nosos montes.
Unha exposición única nun enclave privilexiado!!!
Para ver o artigo no xornal preme aquí
Etiquetas:
2013,
arte,
campaña,
comunidades montes,
debuxos,
día árbore,
exposición,
lemas,
natureza
lunes, 27 de mayo de 2013
lunes, 20 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS EN REBOREDA
Este curso a semana das letras galegas comezou cun pequeno teatriño dos nen@s de 5ºA e co tradicional izado de bandeiras e a interpretación do himno.
Nas clases tod@s aprendemos moitas cousas de autor homenaxeado Roberto Vidal Bolaño (se premedes no nome iredes á páxina de recursos sobre este dramaturgo).
Os máis pequenos do cole tiveron ocasión de asistir no multiusos aos títeres da compañía Babaluva e a súa obra "Lume" (preme no título para saber máis).
Os máis pequenos do cole tiveron ocasión de asistir no multiusos aos títeres da compañía Babaluva e a súa obra "Lume" (preme no título para saber máis).
Etiquetas:
contacontos,
día letras galegas,
teatro,
títeres
miércoles, 8 de mayo de 2013
O KAMISHIBAI CHEGA Á BIBLIOTECA
O Kamishibai é un teatriño tradicional xaponés que se usa para contar historias mediante unhas láminas ilustradas. E este curso chegou a Reboreda grazas ás profes de primeiro. As mestras fabricaron con madeira o teatriño e os nen@s de primeiro prepararon as láminas cos contos. Os de 1º B eran contos tradicionais con finais abraiantes e o conto de 1º A foi totalmente inventado polos nen@s demostrando o moito talento que teñen.
Unha vez preparado todo invitáronnos ao espectáculo: os narradores ían contando o conto e mostrando os debuxos según ía sucedendo a historia. FOI UN ÉXITO!!!
Despois regalaron o Kamishibai cos seus contos para a biblioteca:
Que contenta estaba Margarida!
Agora temos o Kamishibai a disposición de tod@s: animádevos a preparar os vosos contos!
Etiquetas:
2013,
biblioteca,
contos,
kamishibai
Suscribirse a:
Entradas (Atom)