Ola amigos, o prazo do concurso Coñecendo a orixe finaliza pero algúns comentarios non chegaron así que vos imos dar unhas indicacións de coma facer comentarios e tedes de prazo ata este venres para volver tentalo. Se tedes algún problema pedide axuda ao equipo da biblioteca. NON VOS DESPISTEDES!!
Para facer un comentario debemos ir a parte final do artigo onde pon comentarios:
Clicades e aparece o seguinte menú:
Tedes que darlle a barra lateral ata o final para poder facer un comentario novo:
Unha vez que o teñades escrito ides a "Elegir identidade", clicades onde pon Nome, poñedes o nome do voso equipo e dádeslle a publicar
Se está ben feito porá, "comentario pendiente de moderación". Se non vos aparece isto volvédelle dar porque o comentario non entrou.
A escrita expresiva é unha ferramenta catártica. Favorece a conexión con un mesmo, a expresión e regulación das emocións. Aporta claridade, e a través das súas técnicas aparecen aquelas cousas que precisan que lles prestemos atención. É un tipo de escrita que non precisa agradar a ninguén, ralentiza e focaliza a atención.
Na biblio estamos a facer obradoiros os dous primeiros venres de cada mes.
Animádevos!!! Ides coñecer máis cousas marabillosas de vós...
Comezamos este concurso co superheroe de todos os tempos, sen dúbida ningunha trátase de Superman.
Foi creado polo escritor estadounidense Jerry Siegel e polo artista canadense Joe Shuster en 1933. Superman foi vendido a DC COMICS e publicouse por primeira vez en 1938 en Action Comics. O seu éxito foi tal que convertiuse no heroe máis seguido nos comics estadounidense, apareceu en seriais de radio, televisión, películas...
KAL-EI é un bebe que vén do planeta Krypton. Planeta que vai ser destruído e os seus pais, que son científicos, envÍano nunha nave espacial a terra para salvalo.
A nave cae a terra nunha granxa de Smalville, en Kansas, alí viven Martha e Jonathan Kent, que adoptan ao neno e coidano. Chámanlle Clark Kent, e incúlcanlle un estricto código moral.
De mozo comeza a amosar os seus superpoderes.
Ao rematar os seus estudos comeza a traballar no Daily Planet de Metrópolis coma un tímido periodista. Alí coñecerá a Lois Lane da que se namorara.
Superman ou tamén chamado o Home de Aceiro, leva un traxe azul con capa vermella e unha insignia no peito cun S. Ten supervisión, oído de alta frecuencia, unha forza sobrehumana, pode voar... Pero é intolerante a kryptonita. Un metal do seu planeta que o debilita e anula todos os seus poderes.
E aquí Superman animado. É unha serie antiga pero tamén está ben ver coma eran os debuxos de antes!
Estade atentos, lede ben e respondede con tino.
AS RESPOSTAS FARÁNSE NO APARTADO DE COMENTARIOS POÑENDO O NOME DO EQUIPO. TEDES ATA O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 1 DE DECEMBRO, NON VOS DESPISTEDES!!! O XOVES SACAREMOS A PUNTUACIÓN E O VENRES 2 DE DECEMBRO NOVA PREGUNTA
Aquí tedes a pregunta desta semana (5 puntos)
1. CAL É O VERDADEIRO NOME DE SUPERMAN?
E agora o reto (entre 1 e 10 puntos)
A kriptonita é un metal do planeta krypton que anula todos os poderes de Superman.
ATREVÉDESVOS A CREAR KRYPTONITA?
Para superar este reto tedes que pensar como poderiades facer kryptonita, que vos fai falla e cal sería o proceso para facela. Cando o teñades decidido podedes experimentar e ver o que vos sae.
Unha vez que xa teñades as ideas claras debedes facer un comentario contándonos os materiais que necesitamos e cal é o proceso.
É difícil? Que va!! De seguro que se vos ocorren ideas fantásticas pero por se necesitades inspiración aquí vos deixo unha idea (non vale copiala!!)
Buscamos que sexades orixinais e nos sorprendades. As máis orixinais, divertidas e que se parezan máis ao que pedimos levarán máis puntos e ademais no segundo trimestre poderedes levalas a cabo na biblio para o resto dos vosos compañeiros.
Forma un equipo como mínimo de 2 amigos e coma máximo de 4. Os teus compañeiros non poden ser da túa aula.
Unha vez que teñas o equipo tedes que poñervos un nome e inscribirvos na biblioteca durante a próxima semana. O prazo remata o vindeiro xoves.
Unha vez que teñades o equipo estade atentos porque o venres 23 lanzaremos a primeira proba.
COMO VAI SER O CONCURSO?
Aparecerá un artigo que se titula "Coñecendo a orixe de..." e nese artigo cada semana falarase dun superheroe ou dunha superheroina. Tedes que lelo e responder as dúas preguntas a través dos comentarios do blog.
Os comentarios faranse visibles ao final da semana.
A puntuación das preguntas será: pola primeira 5 puntos pola segunda os puntos irán de 1 a 10 dependendo da orixinalidade da vosa resposta.
OS PREMIOS
O equipo que teña máis puntos recibirá un agasallo no festival de inverno e ademais no segundo trimestre poderá preparar un taller na biblio para amosar os seus coñecementos.