jueves, 29 de abril de 2010

PIMPÉ EN COLOMBIA

¿Lembrades a viaxe de Pimpé no verán pasado? Pois ben, cando rematou a visita a México, subiu nun avión e aterrou en BOGOTÁ, capital de COLOMBIA. Bogotá queda xusto no medio do país, pero como había unha gran feira de artesáns, Pimpé coñeceu a moitos indíxenas que ían vender alí a especialidade da súa tribu. Fíxose amigo de OLOWAILI, unha nena da tribu dos CUNA que levaba os MOLAS (tecidos bordados) a vender na capital.
Olowaili ensinoulle a Pimpé cantidade de lendas, cantigas, danzas, xogos e tamén a dicir algunhas cousas na súa lingua:

Ola!- Te guite

Estás ben?- Be nuedi

Ben- An nuedi

Grazas!- Nuegambi

Como te chamas?-Igi be nuga

Chámome...- An nuga...

Ata logo- Cuzar maloe

Agasallouno cunha GAITA MACHO, unha maraca, un sombreiro ZENÚ...Todo isto feito polos seus amigos artesáns de outras tribus. Pimpé transmitiunos a nós moitas das cantigas, historias, danzas, etc., etc.

miércoles, 28 de abril de 2010

MARGARIDA QUERE SABER 3


Apretado final na Olimpiada do Saber de Margarida:
Equipo "CLS"
Sergio M.(2ºB), Lucas B.(5ºA) e Catarina A.(6ºA)
Recordade que os premios se entregan no Festival de Fin de Curso.

lunes, 26 de abril de 2010

CONCURSO NARRATIVA: "DA REBORAINA"

CATEGORÍA A:
PREMIO “DA REBORAINA 2010”
IRENE AGUILAR PÉREZ
Título: “UN DÍA MOI LIOSO"
Premio: 150 € e lote de libros

1ºaccésit: Laura Portela Couñago
Título : “Max e Xerónimo” - Premio: Chándal e lote de libros
2º accésit: Ana Carballido Araujo

Título : “O Carballo das Cen Polas” - Premio: Chándal e lote de libros
3º accésit: Andrea Couñago Iglesias

Título : “Os antollos de Ana” - Premio: Reloxo e lote de libros
4º accésit: Ana María Misa
Título : “ Candela” - Premio: Reloxo e lote de libros

CATEGORÍA B:
(participa alumando da E.S.O. de todo o Concello)
1º premio: O xurado deixouno deserto

O premio é de 200 €
2º premio: Aloxi Centeno Escala (2º ESO,do IES Mendiño)
Título: “Bater de ás” - Premio: 150 €

3º premio: Alejandro Alonso Rodríguez (1º ESO do IES Mendiño)
Título: “A invasión dos Zombis” - Premio: 100 €

Os premios entregaranse no festival de fin de curso.
Noraboa a todos os premiados!
Grazas a todos os participantes!


viernes, 23 de abril de 2010

DÍA DA ÁRBORE

Comezamos a mañá seguindo o guión establecido:
Chegada, camisetas, entrega premios, fallo concurso narrativa "Da Reboraina", partida cara ao monte, .... Pero, a medio camiño, a chuvia non nos deixou continuar. Media volta e para o cole.
Claro que, os axentes meteorolóxicos non ían "aguarnos" o día!
Un grupo de mestres por un lado organizando os xogos no pavillón, outro no patio preparando a merenda coa axuda da ANPA e da Comunidade de Montes, e "voilá", día da árbore case listo.
Non foi o mesmo, claro que non! Pero, o disfrutamos de igual xeito. O próximo ano seguro que temos máis sorte co tempo!
E para rematar, e aproveitando que era o Día do Libro disfrutamos de "Charlie y la fábrica de chocolate", aínda que só a medias, non nos deu tempo a ver o final.

jueves, 22 de abril de 2010

HORA DE LER-DÍA DO LIBRO

Combinando a "Hora de ler", que vimos facendo estos dous últimos cursos, co Día do Libro e co Proxecto de Interculturalidade, tivemos no día de hoxe unha experiencia moi gratificante de lectura continuada. A través da megafonía, e para todo o cole, representantes dos distintos ciclos pasaron a lernos algunhas pequenas cousiñas das culturas que están a traballar:

  • EDUCACIÓN INFANTIL: "A lenda da Coca"

  • 1º CICLO: "A orixe de Nova Zelanda" e "Haka"

  • 2ºCICLO: "Lendas dos Indios Mapuches" e "Lendas do Baobab"

  • 3ºCICLO: "A lenda da Coca"
Con lectores de luxo en cada un dos ciclos, e con contos tan emocionantes, é normal que todos estiveramos tan atentos.

Porque as veces ler, tamén é, saber escoitar!!

miércoles, 21 de abril de 2010

PARA QUE LES?

Pensando na celebración do día 23 de Abril, Día Internacional do Libro, e partindo dunha iniciativa da ONG Implicadas no Desenvolvemento (IND) (http://implicadas.blogaliza.org), xunto co IES de Fene e o Ceip Milladoiro de Malpica e coa colaboración do groso das Bibliotecas Escolares Galegas, xurdiu esta proposta:
PARA QUE LES?
Na que persoas do mundo deportivo, periodístico, político, ... dos Centros, ... comparten con nós as súas experiencias lectoras máis íntimas.
Aquí vos quedan algunhas!
E ti, PARA QUE LES?

O noso especial agradecemento a Olga, Loli, Charo (non sei se me olvido de alguén) e por suposto a Jaime Eizaguirre, artífice dos deseños e ilustracións.

lunes, 19 de abril de 2010

UUUUUHMMMMM! QUE RICO!

No colexio hai un cheiro que alimenta!

Se estos días visitades o cole a última hora da mañá é probable que notedes un olor a pastel recén feito, non vos asustedes non é a vosa imaxinación que vos está xogando unha mala pasada porque se achega a hora de xantar, é que en 3º A están facendo pan doce. As unidades de medida, de peso, capacidade e tempo saen do papel para poñelas en práctica elaborando un pan doce .

O resultado é moi, pero que moi sabroso!

domingo, 18 de abril de 2010

viernes, 16 de abril de 2010

MARGARIDA NAS SÚAS VIAXES

Esta seguro que non a acertades!!
Mirade as fotos laterais, ao mellor topades algunha pista. Unha pena que sexan unhas fotos tan pequerrechas!!





Andades moi finos! Coñecedes moitos lugares!
Viaxasdes moito?
Contádenos algunha desas viaxes. Enviádenos algunha foto.

miércoles, 14 de abril de 2010

VISITA DE FINA CASALDERREY

"O mércores 7 de Abril veu Fina Casalderey ao noso colexio. Fixémoslle unha entrevista no salón de actos. Foi unha entrevista divertida porque Fina era moi graciosa. Contounos moitas cousas dos seus libros como: "O misterio dos fillos de lúa", "O estanque dos parrulos pobres", e moito máis. As preguntas que lle fixemos contestounas todas. Ela preguntounos que facía falta para escribir un libro e nós dixémoslle inspiracion, ter moitas ganas e sensibilidade. Ao final fixémoslle un agasallo dun libro moi especial para o noso cole e uns bombóns."

Adrián Rodríguez (6ºA)


lunes, 12 de abril de 2010

RECOMENDACIÓNS ABRIL

Consultade as recomendacións dos compañeiros no
OS NOSOS RECUNCHOS.

viernes, 9 de abril de 2010

CONTO EUROPEO

Os nosos extraordinarios e extraordinarias contacontos seguen de visita nas aulas de educación infantil.
"O XIGANTE EGOISTA"
Oscar Wilde. Europa

QUE PAÍS NOS TOCA AGORA?

ONDE ESTABA MARGARIDA?

Vedes aló ao lonxe a Margarida?
Si, ao lado dese enorme monumento.
E sabedes por onde andaba?

miércoles, 7 de abril de 2010

EXPERIMENTANDO COA MATERIA

"En quinto andamos a voltas co Concurso de Narrativa "Da Reboraina" e tamén estamos a descifrar as propiedades da materia. No laboratorio experimentamos co volume, masa e cos cambios de estado. Aínda non fixemos o experimento estrela sobre a trasmisión de calor dos corpos. Ten que ver co de poñer unha botella de plástico a quentar no lume. Xa vos contaremos o que pasa. "
OS COMPAÑEIROS DE QUINTO

CONTO OCEANÍA

Dende a clase de Informática aproveitamos para indagar nas tradicións dos distintos continentes, neste caso das súas lendas, contos,...
O BOOMERANG
Conto tradicional de Oceanía

ESTADE ATENTOS AOS SEGUINTES!

martes, 6 de abril de 2010

ENCONTRO CON FINA CASALDERREY

Mañá mércores, 7 de abril, teremos a sorte de contar coa visita de Fina Casalderrey. Si, a autora de libros maravillosos: "A lagoa das nenas mudas", "Isha, nacida do corazón", "Os misterios dos fillos de Lúa",... Pero, e que esta muller non só é autora destos e moitos outros libros....
Consultade na súa páxina web para saber máis da súa vida, obra,... e algunhas cousiñas máis que nos conta:

Sendo nena, cando aprendeu a utilizar a palabra,

Que foi o primeiro que lles pediu aos seus pais?

CONSULTADE AS VOSAS RECOMENDACIÓNS


Xa pensastes nas recomendacións de Abril?

lunes, 5 de abril de 2010

CONTO AFRICANO

Dentro do Proxecto de Interculturalidade que estamos a levar a cabo neste curso, nenos e nenas de quinto curso estiveron preparando algúns contos tradicionais doutros países, que agora querían compartir cos máis pequenos.
"EL ESPÍRITU DEL ÁRBOL"
Conto tradicional Africano

Xenial!

Pero, todavía hai máis!!