martes, 28 de febrero de 2012

MÁIS SUXESTIÓNS LECTORAS

Nesta ocasión Diego de 3ºB fainos unha suxestión super interesante: "Historia de Nadas" de Andrés Barba. Unha historia para nenos e adultos a partir de 8 anos, aproximadamente...
DIEGO - O libro que lin gustoume moito. Trataba dun neno de madeira chamado "Maderito", dun boxeador e dun alcalde"
E si, témolo xa na Biblio!!!
Texto da ContraportadaEn el pueblo de Nadas, habitualmente tranquilo y en donde nunca pasa nada, una noche desaparecen las estrellas. Ante la consternación de los habitantes, el alcalde decide crear una expedición para visitar a tres sabios con el fin de encontrar una solución. Y la encuentran. Las estrellas no han desaparecido, sencillamente se han apagado. Para volver a verlas, deben construir entre todos una escalera lo suficientemente alta como para apretar el interruptor de las estrellas...La ingeniosa y disparatada galería de personajes (un alcalde que rueda o un niño nacido de la raíz de un árbol que no puede llorar porque se convierte en arbusto) hacen de este libro una lectura ideal para niños de entre 8 y 10 años en la que, junto al dinamismo de la historia, se hace hincapié en valores como la solidaridad, el amor o la necesidad de inclusión.

viernes, 24 de febrero de 2012

ÉRASE UNHA VEZ... EN REBOREDA

Piratas, ratiñas, ananos, brancaneves, príncipes, cazadores, lobos, carapuchiñas, vampiros, Frankensteins, ... e moitos máis personaxes de conto se viron este ano por Reboreda.
Tede coidado ou vós mesmos vos convertiredes nun!!

jueves, 23 de febrero de 2012

CARTEL CONCURSO REBORAINA 2012

FOTOS DOS CARTEIS GAÑADORES DE ANOS PASADOS
PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E DE PRIMARIA
ELABORADE O VOSO DESEÑO DO CARTEL DA REBORAINA
O GAÑADOR OU GAÑADORA TERÁ PREMIO!
APROVEITADE O ENTROIDO PARA PASALO BEN E PARA DEBUXAR.
O 27 DE FEBREIRO É O ÚLTIMO DÍA.

sábado, 18 de febrero de 2012

SEMANA DE ENTROIDO

Unha semana moi entensa. Cada día un pequeno novo elemento, o venres eliximos personaxe de conto e pola tarde desfile. E todo esto, sen descoidar o traballo diario, e combinandoo coa elaboración dos disfraces para o desfile.
E vós participastes con Margarida das ordes do Meco??

viernes, 17 de febrero de 2012

FOTOS PUBLICACIÓN CONTOS TRADICIONAIS


FAMILIAS E PROFESORADO:
NECESITAMOS FOTOS e DEBUXOS
PARA A PUBLICACIÓN DOS CONTOS TRADICIONAIS!
PARA ILUSTRAR NECESITAMOS ORIXINAIS COAS SEGUINTES TEMÁTICAS:

- A VENDIMA, AS ESPIGAS, CARROS DE VACAS/BOIS, CORVOS, LOBOS.
- MONTE, FRAGAS, MUIÑOS, PEDRAS RUPESTRES, AS PEDRAS QUE FALAN DE SAN MARTIÑO

- COCAS, DANZA DAS ESPADAS, DANZA DAS PENLAS
- FESTA, O CARBALLO DAS CEN POLAS, FRAGA, MONTE E MUIÑOS DE REBOREDA.
- DEBUXOS DE: PANTASMAS, TARDOS, DRAGÓNS, COCAS, ...
 

Reboreda, 16 de febrero do 2012
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
MOITAS GRAZAS!

P.D.: ENVIAR AOS TITORES POR E-MAIL OU CDs.

jueves, 16 de febrero de 2012

MECO EN REBOREDA 5

VENRES 17 FEBREIRO
O venres é  día dos contos
e nunha divertida personaxe te converterás



miércoles, 15 de febrero de 2012

MECO EN REBOREDA 4

XOVES 16 FEBREIRO
O xoves como a Bela Durminte
en PIXAMA E PANTUFLAS na escola estarás

martes, 14 de febrero de 2012

MECO EN REBOREDA 3

MÉRCORES 15 FEBREIRO
O mércores Gato con Botas poderás ser
e un ZAPATO DE CADA COR levarás nos pés

lunes, 13 de febrero de 2012

MECO EN REBOREDA 2

MARTES 14 FEBREIRO
O martes se á Ratiña Presumida queres imitar
á escola cun GRAN LAZO deberás chegar

domingo, 12 de febrero de 2012

MECO EN REBOREDA 1

LUNS 13 FEBREIRO
O luns como Carapuchiña ou Peter Pan
algo na cabeza deberás levar

RISCOS DE INTERNET

Este venres, 10 de febreiro, tivemos con nós no Centro a un membro da Policía Nacional para darnos unha charla sobre os moitos riscos que corremos todos os días no uso de internet. Deixounos moi claro que debemos andar con moito tento con todo o que manexamos nesa nube virtual: textos, imaxes, vídeos,... e NUNCA, NUNCA, dar os nosos datos a través da rede.
Deixámosvos aquí a web do programa "CONTIGO", que levan a cabo a Policía Nacional en colaboración coa Garda Civil, na que atoparedes información de utilidade e consellos de seguridade para situacións cotiás.
E analizade con calma o seguinte vídeo, ... e como nos preguntan ao final, ... A caso vamos pola rúa contándolle a todo o mundo a nosa vida e obras???

martes, 7 de febrero de 2012

VISITA SEMANAL DOS EXPLORADORES POLO RECANTO DE MARGARIDA

Como todas as semanas, os venres ímos visitar a Margarida no seu recunchiño, a biblioteca da escola, alí buscamos, en silencio, o libro que leremos durante a fin de semana con papi e mami, mentras esperamos podemos ler un chisquiño e ao final se algún quere pode contarnos un conto. Nesta ocasión Lucía C.A. quixo agasallarnos co conto: "A ratiña presumida", ao principio tiña moita vergoña pero pouquiño a pouco foi subindo a voz e rematou facéndoo moi, moi ben!!!

Da gusto velos traballar así e que maiores e responsables son. Noraboa meus pillabáns!!!

TAPÓNS PLÁSTICOS SOLIDARIOS

Levamos varios cursos inmersos nunha campaña de reciclaxe e reutilización. Este ano ademais dos contedores para a separación do lixo, no recinto e nas aulas, a recollida de cartuchos de impresora e de pilas, vamos intentar colaborar nunha iniciativa solidaria de recollida de tapóns de plástico. Temos para tal efecto unhas caixas na entrada do Centro.

Seguro que sabedes o prexudicial que son os plásticos para o noso planeta, o moito que tardan en degradarse na natureza e por desgraza, o moito que abusamos do seu uso e por riba non reutilizamos, nin reciclamos.
COÑECEDES OS DISTINTOS TIPOS DE PLÁSTICOS QUE USAMOS DIARIAMENTE??
SABEDES A DIFERENZA ENTRE CADA UN DELES?
PENSASTES ALGUNHA VEZ PORQUE ALGÚNS SON MÁIS OU MENOS RECOMENDABLES CA OUTROS SEGUNDO PARA QUE SON USADOS??
Investigade un pouquiño e contádenos o que averiguastes....

lunes, 6 de febrero de 2012

ENTROIDO SIGNADO

CARNAVAL-ENTROIDO
DISFRAZ
CARETA
BRUXA
PALLASO



viernes, 3 de febrero de 2012

¡¡¡QUE MEDO!!!

IMPROVISA
Durante o 1º trimestre estivemos traballando con 5º e 6º arredor do tema MEDO. Indagamos un pouco sobre as cousas que nolo producen, limos algúns textos...E con todo iso creamos pequenos fragmentos sonoros e imaxes. 

Picando no enlace ides atopar todos eses sons e imaxes nas teclas alfabéticas do voso ordenador (menos o ñ). É como ter un órgano terrorífico. Podedes probar a xogar co teclado e improvisar.
En parella aínda é máis divertido.
Se queredes saber máis cousas de como o fixemos podedes entrar aquí e ver como gravamos, mesturamos, como son os debuxos orixinais (algúns animados), etc.