Podedes ver as cocas no multiusos da Xunqueira. Tamén podedes aproveitar á visita ás cocas para facer unha visita á bilblioteca, aquí deixamos un enlace ao seu blogue. Preme na imaxe
Mostrando entradas con la etiqueta redondela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta redondela. Mostrar todas las entradas
martes, 17 de junio de 2014
domingo, 15 de junio de 2014
COCA PARADE
Ollade que bonitas e divertidas as cocas do Ceip Santo Paio de Abaixo...este ano saíron disfrazadas. Esperamos que vos gusten!!!
martes, 20 de mayo de 2014
PERSOEIROS REDONDELÁNS
Escritores, pintores, escultores, mestres....todos eles cunha peculiaridade común: todos e todas naceron en Redondela!!! Non vos perdades este traballo do alumnado de 3º de Educación Primaria.
Aprenderedes moito sobre persoeiros ilustres da nosa contorna. PREME NA IMAXE
Aprenderedes moito sobre persoeiros ilustres da nosa contorna. PREME NA IMAXE
lunes, 19 de mayo de 2014
REDONDELA, UNHA VILA DE VIADUCTOS...
Este curso coñecimos a riqueza da nosa contorna: músicos, parroquías, muíños, festas, tradicións....
Quixemos representar con palabras a beleza da nosa vila, no dúbidedes en comentar que é para vós Redondela!
Quixemos representar con palabras a beleza da nosa vila, no dúbidedes en comentar que é para vós Redondela!
miércoles, 30 de abril de 2014
MARGARIDA VISITA II
Margarida volveu da súa viaxe, está vez foi da man dos nenos e nenas do segundo ciclo. Estivo en Chapela, Trasmañó, Vilar de Infesta e Cabeiro. Non volo perdades!
jueves, 6 de febrero de 2014
A LENDA DE XAN CARALLAS
Sabedes quen era Xan Carallas? Os Cocoricos vanvos contar algunhas cousiñas del para que o coñezades mellor. Hai moitas versións sobre a historia e vida do fundador de Redondela pero a nos a que máis nos gustou foi esta.
Hai unha imaxe moi característica de Xan Carallas que se lle atribúe a Castelao, seguro que a tedes visto por algures:
Pois a partir desta imaxe, os Cocoricos fixeron a súas propias creacións. Mirade que chulos lles quedaron:
| Customize your own scrapbook design |
Etiquetas:
ed.infantil,
redondela,
tradicións
martes, 14 de enero de 2014
OS PEQUES NO MEIRANDE
Este ano estamos a traballar arreo sobre a nosa vila e tivemos a oportunidade de visitar o Meirande. Quen ia pensar que unha vila tan pequena fóra esceario de grandes batallas, tesouros escondidos e ata a inspiración para o libro de Xulio Verne "20.000 Leguas de Viaxe Submarino"
Aquí tedes un resumo da nosa visita vista por cada un dos grupos que fomos:
OS COCORICOS A
OS SAPIENS
OS WATERS E OS COCORICOS B
| Create a free photo slideshow |
Etiquetas:
ed.infantil,
extraescolar,
Reboreda,
redondela,
San Simón
martes, 3 de mayo de 2011
I MOSTRA MUSICAL DOS CEIP DE REDONDELA
Con motivo dos MAIOS, cinco dos Ceip de Redondela decidiron compartir as súas experiencias musicais. Por un lado, era unha forma de coñecerse os nenos e nenas de sexto, que o próximo curso compartirán Centro; Por outro, unha maneira distinta de traballar ao redor dos temas que se traballan nos Coles, no noso en concreto "A AUGA"; E finalmente, un xeito de dar relevancia a unha data tan significativa en Redondela."Primeiro exploramos sonoramente (coa Auga) nela e con ela, con obxectos que evocaban algunhas das súas formas, etc.
Logo e cos ollos pechados escoitamos cada un daqueles sons e anotamos situacións ou posibles personaxes que nos viñan á cabeza. Así, pondo as nosas ideas en común, naceu a historia da RA. O teatro con luz negra foi a maneira elixida para representar plásticamente a historia. As profes de plástica traballaron con nós nos elementos. E a banda sonora foi a montaxe de aqueles sons que nos inspiraran a historia, máis os novos sons que xurdiron dela. Exceptuando o son da balea, dos delfíns, e das gaivotas que son tomas reais, todo o demáis está feito acústicamente por nós."
Logo e cos ollos pechados escoitamos cada un daqueles sons e anotamos situacións ou posibles personaxes que nos viñan á cabeza. Así, pondo as nosas ideas en común, naceu a historia da RA. O teatro con luz negra foi a maneira elixida para representar plásticamente a historia. As profes de plástica traballaron con nós nos elementos. E a banda sonora foi a montaxe de aqueles sons que nos inspiraran a historia, máis os novos sons que xurdiron dela. Exceptuando o son da balea, dos delfíns, e das gaivotas que son tomas reais, todo o demáis está feito acústicamente por nós."
jueves, 13 de mayo de 2010
viernes, 7 de mayo de 2010
XUNTANZA BIBLIOTECARIA
Unha tarde chea de esperanzas, na fermosa Biblio do Ceip Alexandre Bóveda, que veremos comezar a materializarse no comezo do próximo curso.
No día de onte=Moita ilusión
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
redondela
sábado, 3 de octubre de 2009
SEGUIMOS CON MAXIA
"LINGUA MÁXICA"
Este próximo martes 6 de outubro ás 18:00 h. no multiusos da Xunqueira, voltamos ter maxia no Concello de Redondela. Nesta ocasión Chrystian Magic presenta a "Lingua Máxica", un espectáculo de maxia e dinamización lingüística enmarcado no programa BOCABERTA da Consellería.
Segundo nos contan na información que nos chegou, aos cen primeiros van agasallalos cun exemplar do libro "O sorriso de Rosalía".

Etiquetas:
agasallos,
bocaberta,
concello,
dinamización,
redondela
sábado, 26 de septiembre de 2009
MAXIA EN REDONDELA
Durante este fin de semana, Venres 25 (xa chegamos tarde), Sábado 26 e Domingo 27 vades disfrutar dun auténtico espectáculo de maxia. Apuntádesvos?
Onte actuou, Adrián Conde; Para hoxe a partir das 6 da tarde, tedes na praza da Constitución a José Crestini e a Javi Martín; Mañá Domingo no multiusos da Xunqueira a partir das 18:30 (Seis e media), Rey Midas, Javi Martín, Roy Borrallas, Mago Picu, Valeria Varitas e Yuri Cardinale.
Ademáis na Praza de Ribadavia poderes aprender a facer trucos de todo tipo na "Escola de Maxia": 11:30-13:30 e de 18:00-20:00.
Un fantástico encontro internacional de maxia!
Que pena non enterarnos antes!!
martes, 27 de mayo de 2008
SEMANA TÍTERES EN REDONDELA
Máis de cincuenta actuacións conforman a novena edición do Festival de Títeres de Redondela. Ademais da programación de sala que comeza o mércores 28 de maio, hai tamén unha programación de rúa o sábado 31 de maio e o domingo 1 de xuño.
Por riba temos a sorte de contar cunha programación para escolares. Onte foron os máis pequenos de educación infantil a ver a obra, "La historia de un huevo perdido", de Ocelot Teatro (O Salvador); Hoxe van os maiores a ver, "Branca de neve" de Vita Marcik (República Checa); e o venres irán os de primeiro ciclo e terceiro, "Historias de media suela", de Fernán Cardama (Arxentina). 

Polo que sabemos vai haber moitas sorpresas. Se queredes saber máis sobre a programación das actuacións premede aquí.
Etiquetas:
festival,
monicreques,
redondela,
títeres
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





