miércoles, 27 de mayo de 2026

PROXECTO ESCOLAS AZUIS

 Este curso a marea tróuxonos unha chea de aprendizaxes, aventuras e emocións que agoran toman forma no proxecto que imos presentar para ser recoñecidos como unha Escola Azul.

A ver se hai sorte.


jueves, 21 de mayo de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano a nosa semana das Letras quedounos chea de actividades.

- O luns comezamos co izado de bandeira e a homenaxe a Ángel Barros acompañados do @carballocenpolas78. Os alumnos e alumnas de terceiro faláranos de Begoña Caamaño e a nosa directora fixo unha breve e emotiva biografía de Ángel Barros, que debería ter vido ao centro neste día pero finou fai un mes e non puido ser. Despois cantamos todos xuntos o himno e demos comezo a semana das letras no noso centro.
- Martes e mércores: Desfrutamos do XXVII Festival de Títeres de Redondela baixando en quendas para desfrutar das obras no Multiusos da Xunqueira.
- Xoves: O equipo de educación física organizou unha carreira solidaria no centro na que participou todo o alumnado cuxa recaudación foi entrega á ONG Save the Children.
-Venres: O grupo Amalgama fixo unha actuación musical adicada ás cousas que nos trae a marea como parte do noso PDI do centro. Despois de cantar e bailar, tivo lugar o fallo do xurado do concurso literario da Reboraina.

En maio non para a festa!



martes, 19 de mayo de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

 Apadriñamento lector' 2026

Non hai mellor maneira de celebrar o Día do libro que compartindo lecturas e momentos .
Feliz día do libro a tod@s☀️
Desexámosvos boas lecturas hoxe e todo o ano ❤️📖.
#diadolibro2026 #beescolaresgal #apadriñamentolector



jueves, 14 de mayo de 2026

MAESTRO ENTRECARTONES

 Hoxe tivemos a grandísima sorte de ter unha vista moi especial! Unha visita coa que aprendemos mooooito (eu a primeira) e coa que o pasamos aínda mellor!


O profe Diego @maestro_entrecartones veu facer un obradoiro cos Indios (no seu día libre). Experimentamos e creamos ao grande co seu proxecto #obratectura que é unha auténtica marabilla! Pero, teño que dicir, que ademais do seu traballo, a súa conexión coas nenas e cos nenos é brutal.

Admiración e agradecemento a partes iguais profe Diego! Quedamos asombrados e encantados! As nosas portas sempre abertas para ti! Que sigan voando todos eses paxariños na túa cabeza❤️

#afortunados #osindios #ceipReboreda



viernes, 8 de mayo de 2026

FORMACIÓN DO PROFESORADO E PLEA

 Durante este curso estamos levando a cabo un grupo de traballo sobre competencia lingüística que ten, entre outros obxectivos, elaborar o noso novo Plan de lectura ,escritura e acceso a información .

O profesorado estamos mergullándonos nesta competencia na procura da mellora das nosas metodoloxías, en base a evidencias científicas e adaptándonos aos ritmos do noso alumnado.
Adicamos unha das sesións ao aprendizaxe basado en xogos ,que tantas oportunidades nos ofrece, porque aprender tamén pode ser moi divertido.

#plea #biblioblogreboreda #mergullándonosnacompetencialingüística



sábado, 2 de mayo de 2026

MAIOS E DESMAIOS

Durante a semana dos maios , o alumnado de segundo adentrouse na historia de "Maios e desmaios" , escrito por @ramond.veiga . A súa narración levounos a coñecer un pobo onde todos os nenos e nenas teñen nome de flor e no que, coma no noso, tamén se fan figuras con flores na véspera do 1 de maio. Pero tamén a unha escura fraga onde unha nena, un chisco misteriosa, en vez de maios...fai desmaios!

🌿Non podíamos ter escollido mellor lectura para acompañarnos entre costura de pampullos e ensaio de coplas 💛. Unha historia divertida que nos achega a unha das nosas tradicións máis fermosas, ilustrada maravillosamente pola man única de @ivan_r_
🍎Grazas aos dous por esta xoia que tanto nos gustou.



viernes, 1 de mayo de 2026

CELEBRAMOS OS MAIOS

 🌿Un ano máis, nas vésperas do 1 de maio, o cole énchese de arrecendo a fiúncho, costura e coplas. Ovos ,laranxas e traballo en equipo.

🌼E entre ensaio, agullas e cantos ,chegou o día de desempolvar os paus e tocar e cantar ao redor do noso maio.



jueves, 16 de abril de 2026

MÉRCORES DE CONTO

Uns contan,
outros escoitan
e todos gozan cos libros...
Martes de contacontos na nosa biblioteca 📖❤️
#biblioblogreboreda #bibliotecasescolaresdegalicia #beescolaresgal #recreosnabiblio



miércoles, 8 de abril de 2026

RECREOS NA BIBLIO

 O tempo de lecer tamén ten espazo na biblioteca. Ademais de ler, coller libros e o traballo dos bibliotecarios, temos recreos temáticos.

Os martes pódese xogar a xogos de mesa, que nos días de chuvia ben se agredece.

Os mércores contacontos.

E os xoves xogamos ao xadrez.



viernes, 3 de abril de 2026

MINI ARTE LIXO 2026

 Artelixo 2026: Retazos de mar


Ademais do polbo que fixemos xunto cos nos@s compañeir@s do cole, como en anos anteriores, participamos no @artelixoredon cunha pequena obra da aula dos Indios. Todo o que utilizamos foi lixo que recollemos na praia de Cesantes, exceptuando a rede da medusa que a reciclamos da embalaxe dunhas cadeiras.

Gracias a Marta e a Miñán de @espacio2arquitectura por coidar da nosa obra e axudarnos coa súa ubicación e colocación 🩵

Un orgullo ver traballar tan ben e tan bonito a estas manciñas🥰

#ceipReboreda #Osindios #artelixo #Redondela



miércoles, 1 de abril de 2026

ARTE LIXO 2026

 Este ano a temática do @artelixoredon veunos como anel ao dedo coincidindo co noso PDI de centro. Realizamos dúas saídas á praia a Cesantes para limpala e facer a nosa obra para o Artelixo. Podedes atopar noso “Polvo de merda” diante do concello.


Queremos agradecer especialmente a mamá de Aleixo (de 2°) por toda a colaboración e preocupación!



martes, 24 de marzo de 2026

IV EDICIÓN DE ESPALLAR TINTA

 Os quintos rematamos o trimestre participando na feira "Espallar Tinta".

Levamos os nosos traballos sobre o mar e aproveitamos para contarles aos visitantes o noso PDI, xogar ao tabú e botarnos unhas risas contando chistes. #quintoreboreda#espallartinta#pdioquenostraeamarea



viernes, 20 de marzo de 2026

CAMPEONATOS DE XADREZ

 En quinto comezamos os adestramentos para ir ao torneo de xadrez do vindeiro 18 de maio en Redondela. #quintoreboreda#xadrez



martes, 10 de marzo de 2026

XOGA UN CONTO

 A temática do obradoiro "Xoga un conto" do primeiro trimestre era o amor polo mar. Así , dous fermosos álbumes ilustrados abrían e pechaban a sesión .


O primeiro "Un día no mar" escrito por @paulacarbonellpenichet e ilustrado por @marjoriepourchet , nos adentra a través do seu texto rimado nunha fábula onírica sobre o coidado do mar. Unha nena que pasa un día na praia xunto á súa nai, unha serea cautiva que lle pide axuda a través de mensaxes nunha botella e un relato de imaxinación e amor polo océano.
Para pechar o obradoiro, "Non teñas medo cangrexiña" de @chrishaughton ,un libro que explora con humor como vencer os medos e ser valente a través do primeiro día dunha cangrexita no fondo do océano.
Dous álbumes moi distintos pero cunha temática común, o amor polo océano 🌊 🪸.

Despois de mergullarnos no mar a través da lectura , levamos a cabo tres actividades:
🐟 Na primeira elaborabamos banderíns estampando con selos de letras e animais mariños, xogando coa palabra AMAR en dúas cores simbolizando 'amar o mar'.
🧜‍♀️ Na segunda recreabamos o movemento das sereas a través de siluetas de papel e ceras, utilizando a técnica da frotaxe.
🐙 E unha terceira, de expresión libre, recreando o fondo mariño con pezas soltas.

Un obradoiro que encheu os primeiros venres do curso de lendas, cor e amor polo océano.🐚
#biblioblogreboreda #obradoirodosvenres #bescolaresgal #oquenostraeamarea



domingo, 8 de marzo de 2026

8 MARZO: ROTEIRO PARA COÑECER AS MULLERES MÁIS RELEVANTES DA HISTORIA DE REDONDELA

Os quintos participamos, un ano máis, nos roteiros para coñecer ás mulleres máis relevantes da nosa vila da man de Sole de @mellorconguia e grazas a Iría, a concelleira de servizos sociais e infancia co gallo do 8 M.

Foi unha actividade fantástica coa que aprendemos moito sobre o noso concello e as mulleres que marcaron un antes e un despois na vida da Vila. #quintoreboreda,#8marzo#concelloderedondela,#saidas ,





viernes, 27 de febrero de 2026

UNHA SEMANANIÑA ENTEIRA

Durante esta semana, unímonos un ano máis á iniciativa
"Unha semaniña enteira" promovida polo @snlredondela .
Unha iniciativa que naceu para fomentar o uso do galego en todos os ámbitos, comezando dende a nosa rapazada, para que descubran que é unha lingua que non só os conecta coas súas raíces, senón que ademáis pode abrirlles un mundo de posibilidades culturais e laborais.
O reto que se propón é unha semana enteira falando galego, co cal mellorarán a fluidez, o gusto por falalo e animaranse a seguir facéndoo no futuro.
Así ,a semana comezou, co gaio do Día de Rosalía, cantando "Alborada" todos xuntos, acompañados á gaita pola profe Isa.
Na entrada do noso colexio, unha selección de libros en galego coa temática do mar, tema do noso proxecto durante este curso, animábaos non só a falalo senón tamén a lelo.
Ese mismo día, a compañía de teatro @axaneladomaxin coa obra “Dende Rosalía”, fíxonos, axudada por unha píntega moi curiosa, un percorrido pola vida e obras de Rosalía de Castro, ademais de autoras destacadas como Xela Arias ou as Cantareiras.
O mércores , esta vez dentro da programación do @concelloredondela ,a través do @snlredondela , o alumnado de segundo participou xunto cos membros do obradoiro de estimulación creativa de @afaga.alzheimer , nun encontro interxeracional , no que conversamos , cantamos, recitamos e creamos xuntos a través, novamente, da figura de Rosalía. Pasar tempo cos nosos maiores encheunos o corazón de felicidade.
E, para rematar, despois dunha semana mergullándonos no vocabulario do mar en galego, hoxe compartimos con todos os compañeiros o que aprendemos: lendas do mar, tesouros que traen as mareas, historias de piratas, peixes, moluscos, artes de pesca ...e unha morea de cousas máis que puxeron a guinda a esta "semaniña enteira".
Antes de marchar para casa ,cada un dos nosos nenos e nenas recibiu unha chapa de Rosalía, que nos fará lembrar que esta semana é soamente o comezo.
Como concluía hoxe unha das exposicións..."e con esta saca chea de palabras que son os tesouros da nosa lingua " rematamos.
Reto conseguido💙🌊






lunes, 23 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o #díadeRosalía con música, coa alborada, cantando tod@s xunt@s no patio. Como sempre, coa profe Isa á cabeza. Tamén demos comezo á #semaniñaenteira en colaboración co EDLG do concello de Redondela.