Mostrando entradas con la etiqueta dereitos humanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos humanos. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de diciembre de 2011

10 DECEMBRO-DEREITOS HUMANOS

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

jueves, 9 de diciembre de 2010

LIM DEREITOS HUMANOS

Aqui vos deixamos, dende o equipo de Infantil, este xogo para aprender e repasar os dereitos humanos e dos nenos. As actividades están divididas por idades, o número 1 para infantil e primeiro ciclo, o 2 para segundo ciclo e o 3 para terceiro ciclo. Espero que vos guste.

martes, 23 de noviembre de 2010

TEMOS DEREITOS E TAMÉN OBRIGAS

20 Novembro Día DEREITOS NEN@S
10 Decembro Día DEREITOS HUMANOS

Seguro que nestos días vistes pola tele un spot publicitario onde aparece Pau Gasol cunha camiseta que pon "Kimbo". Pensastes un pouquiño o que nos pretenden dicir??

As veces con música entendemos mellor a mensaxe!!!

Recopilación recursos Ceip Victor Saénz

miércoles, 10 de diciembre de 2008

DEREITOS HUMANOS

Dende o 20 de Novembro (Día da Infancia), que vimos a traballar ao redor dos Dereitos: Dos nenos e nenas, dos seres humanos,...
Onte, día 10 de Decembro fixemos un acto simbólico de lectura dos Dereitos das nenas e dos nenos a través da megafonía e durante toda a mañá. Escoitouse bastante ben e o alumnado estivo bastante pendiente do que lían os seus compañeiros.
Hai algún vídeo, pero temos problemas técnicos para poñelo. Mentras podedes ver algúns dos cortos que con tal motivo realizaron outros.
Para escoitar o son, ide primeiro ao artigo que está xusto debaixo e anulade o seu son.