Mostrando entradas con la etiqueta EDNL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDNL. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de febrero de 2026

UNHA SEMANANIÑA ENTEIRA

Durante esta semana, unímonos un ano máis á iniciativa
"Unha semaniña enteira" promovida polo @snlredondela .
Unha iniciativa que naceu para fomentar o uso do galego en todos os ámbitos, comezando dende a nosa rapazada, para que descubran que é unha lingua que non só os conecta coas súas raíces, senón que ademáis pode abrirlles un mundo de posibilidades culturais e laborais.
O reto que se propón é unha semana enteira falando galego, co cal mellorarán a fluidez, o gusto por falalo e animaranse a seguir facéndoo no futuro.
Así ,a semana comezou, co gaio do Día de Rosalía, cantando "Alborada" todos xuntos, acompañados á gaita pola profe Isa.
Na entrada do noso colexio, unha selección de libros en galego coa temática do mar, tema do noso proxecto durante este curso, animábaos non só a falalo senón tamén a lelo.
Ese mismo día, a compañía de teatro @axaneladomaxin coa obra “Dende Rosalía”, fíxonos, axudada por unha píntega moi curiosa, un percorrido pola vida e obras de Rosalía de Castro, ademais de autoras destacadas como Xela Arias ou as Cantareiras.
O mércores , esta vez dentro da programación do @concelloredondela ,a través do @snlredondela , o alumnado de segundo participou xunto cos membros do obradoiro de estimulación creativa de @afaga.alzheimer , nun encontro interxeracional , no que conversamos , cantamos, recitamos e creamos xuntos a través, novamente, da figura de Rosalía. Pasar tempo cos nosos maiores encheunos o corazón de felicidade.
E, para rematar, despois dunha semana mergullándonos no vocabulario do mar en galego, hoxe compartimos con todos os compañeiros o que aprendemos: lendas do mar, tesouros que traen as mareas, historias de piratas, peixes, moluscos, artes de pesca ...e unha morea de cousas máis que puxeron a guinda a esta "semaniña enteira".
Antes de marchar para casa ,cada un dos nosos nenos e nenas recibiu unha chapa de Rosalía, que nos fará lembrar que esta semana é soamente o comezo.
Como concluía hoxe unha das exposicións..."e con esta saca chea de palabras que son os tesouros da nosa lingua " rematamos.
Reto conseguido💙🌊






viernes, 21 de mayo de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana estamos a celebrar o as letras galegas. Comezamos inagurando o noso panel sobre Xela, panel que fixemos cos seus libros e cos seus debuxos xa que sendo unha nena ilustrou o conto de Soños na Gaiola.


 

 O martes fixemos o noso acto de inaguración no patio exterior tocando e cantando o himno todos xuntos. 


 

Seguimos coa recollida de alimentos solidarios a cambio de libros de expurgo en galego. 



 

A todo isto hai que sumar todas as actividades levadas a cabo polas aulas e... seguide atentos porque haberá máis.

viernes, 17 de febrero de 2012

FOTOS PUBLICACIÓN CONTOS TRADICIONAIS


FAMILIAS E PROFESORADO:
NECESITAMOS FOTOS e DEBUXOS
PARA A PUBLICACIÓN DOS CONTOS TRADICIONAIS!
PARA ILUSTRAR NECESITAMOS ORIXINAIS COAS SEGUINTES TEMÁTICAS:

- A VENDIMA, AS ESPIGAS, CARROS DE VACAS/BOIS, CORVOS, LOBOS.
- MONTE, FRAGAS, MUIÑOS, PEDRAS RUPESTRES, AS PEDRAS QUE FALAN DE SAN MARTIÑO

- COCAS, DANZA DAS ESPADAS, DANZA DAS PENLAS
- FESTA, O CARBALLO DAS CEN POLAS, FRAGA, MONTE E MUIÑOS DE REBOREDA.
- DEBUXOS DE: PANTASMAS, TARDOS, DRAGÓNS, COCAS, ...
 

Reboreda, 16 de febrero do 2012
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
MOITAS GRAZAS!

P.D.: ENVIAR AOS TITORES POR E-MAIL OU CDs.

miércoles, 22 de junio de 2011

SEGUIMOS DE AGASALLOS

Pero, as entregas de premios continuaron... Que días levamos!!

Recibiron o premio "Da Reboraina" Irene, Laura, Bárbara, Alba Da Silva e Ángel na Categoría A
e na Categoría B, Samuel, Patricia e Aída. Se recordades aló polo mes de abril demos o "Fallo do Xurado". Consultade o artigo.

Fallo do Xurado


Pero durante o curso fixéronse moitas máis actividades e algunhas delas tamén recibiron agasallo:


A tarxeta de felicitación do Nadal realizada por Educación Infantil.


O cartel para o calendario de mesa elaborouno o alumnado de Terceiro ciclo de primaria. O cartel "Da Reboraina" era de Iván de Sexto B.


A portada da revista Bolboreta elixiuse o debuxo de Ana de Sexto A.


E para a contraportada da revista escolleuse o debuxo de Alba de Sexto B.

domingo, 22 de mayo de 2011

BOLBORETA 2011

A NOSA REVISTA ESCOLAR

ESTUPENDÍSIMA COMA SEMPRE!!


(clicade enriba para vela a pantalla completa)

sábado, 21 de mayo de 2011

CELEBRANDO A NOSA LINGUA

Seguindo coas Letras e promocionando as moitas actividades que están a facer moitos Centros para engrandecer a Nosa Lingua e aos seus Autores, non podiamos deixar de poñer este incrible vídeo.

Neste vídeo podedes ver o programa "Ben Falado" da TVG. En concreto un vídeo realizado dende o Equipo de Normalización do Ies Ponteceso e os grupos de 4º de ESO, 1º e 2º de BACH en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal ao redor do poema "A campana de Anllóns" do citado autor.

Da gusto escoitar a estos rapaces e rapazas!



Visitade o seu blog:


http://biblioaponte.blogspot.com

viernes, 20 de mayo de 2011

CORRELINGUA 2011

No instituto Ies Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo), elaboraron este incrible vídeo baixo a coordinación do equipo de Normalización Lingüística do Centro e a colaboración do equipo de Biblioteca, para promocionar o noso idioma.

Escoitade o que vos din estos compañeiros de Lugo.

jueves, 19 de mayo de 2011

LINGUA MINORITARIA

miércoles, 18 de mayo de 2011

RESPONSABILIDADE

viernes, 13 de mayo de 2011

LIBERDADE

jueves, 12 de mayo de 2011

CONTAXIO

miércoles, 11 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS - 2011

Durante estes días estamos celebrando no colexio actividades arredor das Letras Galegas que este ano homenaxean a LOIS PEREIRO.

Vistes os cartaces que temos polos pasillos e escaleiras do Centro sobre este autor?

Son chulísimos!

Pois foron feitos polo alumnado do CEIP de Laredo (Chapela).

Atentos estos días ao blog. Cada día iremos publicando un pequeno vídeo sobre o noso idioma. Hoxe para empezar unha canción dun autor galego, Roi Casal. Escoitade con atención, seguro que vos gusta.


jueves, 28 de abril de 2011

"A FESTA DAS PALABRAS"

Este martes, 26 abril, contamos no cole coa "BIBLIOCARAVANA", con motivo da III SEMANA DO LIBRO, "A festa das palabras", que este ano se centraba nas linguas oficiais da península.
Puidemos ler libros en: portugués, catalán, castelán, aranés, euskaro, asturiano, aragonés, ... e por suposto en galego.
Foi cando menos sorprendente comprobar a escrita dalgunhas destas linguas!!
Ademais, e grazas á colaboración de o Ies de Chapela, tivemos con nós a Athenea, unha alumna deste instituto que tiña preparados para os máis pequechos algúns contiños.
Moi ben Athenea!!

Gustáronnos moito!!

Cando queiras xa sabes onde estamos!!

viernes, 8 de abril de 2011

EDICIÓN ESPECIAL DE "O SEÑORITO DA REBORAINA"

Este luns, día 11 de abril, celebraremos no salón de actos do noso colexio, a presentación da edición especial da novela de D. Ramón Otero Pedrayo "O señorito da Reboraina".

Esta novela está, en parte, situada no pazo Casa Grande de Reboreda, ao lado da igrexa da parroquia. O seu protagonista é don Xoán Manuel Pereira. Este é o nome que se lle deu á rúa que sae da praza da Farola (en Redondela) e chega a Reboreda.

O certame narrativo celebrado no noso centro, que chegou este ano á súa 13ª edición, tamén leva o nome "Da Reboraina" como homenaxe ao escritor ourensán e á súa novela.

Alá polo ano 1994 organizouse dende o colexio, contando coa colaboración de diversas entidades veciñais e municipais, a edición especial do libro "Sempre en Galiza", de Castelao. Este ano queremos facer o mesmo coa novela "O señorito da Reboraina" e con Otero Pedrayo. Editado pola editorial Galaxia e en colaboración con Comunidades de Montes de Ventosela e de Reboreda, co Concello de Redondela , ANPA e Colexio de Reboreda.

O programa de actos para o luns é o seguinte:



12.30: Presentación do acto

12.35: Fallo do xurado do Concurso de Narrativa "Da Reboraina"

12.45: Presentación en power-point do documental "O noso Patrimonio"

13.05: Intervención do escritor D. Víctor Freixanes

13.20: Actuación musical de Isabel Mouzo, Paco Barreiro, Ailén Kendelman e Chuco Estévez

13.35: Clausura do acto.
Un exemplar da novela será entregado a cada familia con alumnos no centro, o día 15 de abril, cando celebraremos "O día da Árbore".

jueves, 3 de marzo de 2011

Blog da Coordinadora de EDNL de Redondela

Corrección de erros
Este enderezo ao que vos remitiamos era o do servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela:

E do que vos queriamos falar era do da Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística:

Xa vai facer un ano que comezou a súa andaina o blog da Coordinadora de EDNL dos centros de ensino do Concello de Redondela. Facémosvos chegar a súa ligazón porque nese blog atoparedes información variada sobre temas relacionados co ensino, con actividades culturais, xogos, etc.
O enderezo é:
CONVIDÁMOSVOS A VISITAR ESTE INTERESANTE BLOG!
Grazas a Eva G. Rei polo aviso. E disculpade polo erro.

viernes, 25 de febrero de 2011

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!!

A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Entroido. Neste monográfico especial podedes atopar información bibliográfica e da rede sobre o entroido, especialmente sobre o entroido tradicional galego; unha escolma de recursos educativos (unidades didácticas, propostas de actividades, cazas do tesouro, xogos, léxicos, receitarios, etc.); manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.

lunes, 20 de diciembre de 2010

AGASALLOS TECNOLÓXICOS PARA O NADAL

Chegadas estas datas sempre nos asaltan as mesmas dúbidas.
Con que podo agasallar?.
Evidentemente a nosa primeira suxestión é.... UN LIBRO.
Pero, dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística poñen á nosa disposicíón unha páxina moi interesante chea de recursos relacionados con estas datas. Podedes atopar dende materiais para traballar nas aulas, ata ideas e produtos para agasallar nestas datas: produtos tecnolóxicos para o Nadal, materiais de Nadal dos EDLG na rede, agasallos para os máis novos, ideas de Reis para os pequenos da casa, comidas que non deben faltar, a túa mesa en galego, cancións, recursos para o ensino...
Por botar unha ollada... Quen sabe o mesmo atopamos algo interesante!!

jueves, 10 de junio de 2010

INVESTIGANDO NAS LETRAS

Os nenos e nenas de primeiro ciclo participaron dunha proposta que os equipos de Normalización Lingüística e Bibliotecas lles fixeron: Investigar sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra e o día das Letras. E certo que investigaron. Aproveitaron os carteis que enviou a Xunta, Internet e o señor Google, e como non os enlaces do noso blog. E hai que dicir que moi ben, e por suposto, algo había que darlles a cambio, un pequeno detalle.
Moi ben!, e a seguir participando das propostas que fai o cole!, aínda que non teñamos agasallo, non si?
Que mellor recompensa que a propia sabedoría!

lunes, 7 de junio de 2010

"A MELLOR ESCOLA, A CASA"

Recordades a recollida de ditos, rimas, refráns, cantigas, contos, xogos populares e adiviñas que se fixo durante o segundo trimestre deste curso?
Pois no auditorio da Xunqueira de Redondela presentouse este sábado o CD elaborado con todas as gravacións de audio, vídeo e presentacións recollidas, que logo teremos no cole.




Ademais todos estos traballos recopilados irán divulgándose no blog da Coordinadora ENDL de Redondela nas vindeiras semanas. Visitádeo!

lunes, 17 de mayo de 2010

ORGULLOSOS DO NOSO