domingo, 23 de noviembre de 2014

BIBLIOCONCERTO de Santa Icía

O venres 21 tivemos novo concerto na Biblio. Esta vez estivo dedicado a Santa Icía, patroa d@s músic@s, e as intérpretes foron as profes Cris, Loli, Aida, Lydia e Isa, coa participación vocal de todo o público presente. Pasámolo xenial!!!



lunes, 17 de noviembre de 2014

BIBLIOCINE

Os venres Margarida ofrecenos concertos, curtamentraxes, contacontos...Estes son algunhas das curtas das que gozamos!!! Pasámolo en grande!!! LEMBRADE QUE PODEDES PARTICIPAR!!!

Tributo a Jackson Pollock



PRESTO



EL VENDEDOR DE HUMO

miércoles, 12 de noviembre de 2014

PRIMEIRA LECTURA SILENCIOSA DOS APOLOS

O venres aproveitando a celebración do DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS, empezamos no centro, un ano máis, o plan de lectura silenciosa que consiste en ler durante 20 minutos o que nos apeteza, pero debemos facelo en silencio. Unha música da a sinal para comezar e tamén marca o remate. Os peques ao principio cústalles un pouco o de estar en silencio pero, pouco a pouco, acábano facendo moi ben. Este ano aproveitando a axuda das familias que nos pasaron palés e coxíns creamos un espazo moi especial na aula para ler e contar contos e onte tamén o inaguramos. Cando chegaron os Apolos estaban encantados e exploraron todos os recunchos. Despois usamos por primeira vez o espazo na lectura silenciosa, e así nos foi.

martes, 11 de noviembre de 2014

ORIXINAIS PUNTOS DE LIBROS DURANTE O MES DE NOVEMBRO NO OBRADOIRO DE MANUALIDADES

Levamos varias semanas facendo terroríficos puntos de libro, co gallo do samaín, nos recreos da biblio. Ao principio estabamos un pouco tímidos á hora de crear pero pouco a pouco estamos perdendo o medo a deixar voar a imaxinación e mirade que cousas tan bonitas estamos a facer. Clicade na imaxe e esperade un ratiño a que cargue e xa poderedes ver algúns destes divertidos e sorprendentes puntos de libro.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow created with Smilebox

domingo, 9 de noviembre de 2014

"La Gioconda"

Como adicamos este curso á ARTE imos ir publicando no blog todas as semanas algunha cousiña relacionada co tema. Empezamos por un cadro que todo o mundo coñece "La Gioconda". Se queredes aprender datos curiosos sobre este famoso cadro só tedes que premer na foto. A que esperades?
http://www.mundoprimaria.com/arte-primaria/la-gioconda.html


miércoles, 5 de noviembre de 2014

O ABECEDARIO DA LECTURA

Sabes cantas formas hai de ler un libro? Polo visto como mínimo tantas como letras ten o abecedario, pero seguro que hai máis. Cal é a túa?


Fonte: www.quelibroleo.com

martes, 4 de noviembre de 2014

FOTOS TERRORÍFICAS

Un ano máis volvemos a facer talleres interciclos entre infantil e o primeiro ciclo de primaria. Este ano os Apolos e os Sapiens traballamos cos antigos Cocoricos que agora xa son uns chicos de primeiro. Aproveitamos para contar contos, pintar cabazar, debuxar contos de medo (nos vindeiros días xa volo amosaremos) e… facer fotos terroríficas. Na biblioteca temos un marco e diferentes elementos para facer fotos de Samaín. Nos aproveitamos para facer fotos e lembrar este día de traballo común entre maiores e pequenos. Aquí as tedes, quedaron moi simpáticas.

sábado, 1 de noviembre de 2014

BIBLIOCONCERTOS

O día das bibliotecas escolares tivemos a sorte de escoitar a estes artistas da escola de música de Reboreda. Grazas a súa mestra Erika, por acompañarnos durante o concerto e polo seu labor con estes nenos/as!!! PARABÉNS!!!