Despois de todo un curso de traballo, actividades, saídas, lecturas, .... Experimentos,... tocaba despedirse, e aínda que moi tristes nalgúns casos, noutros só é temporal, en setembro voltamos. Mentras, no cole, despedímonos ao grande. A ANPA trouxonos un hinchable e unhas camas elásticas, Que ben o pasamos!!, pero, dende o centro tiñamos xa previstas o visionado dalgunha peli, e como non unha pequena festa de despedida. E despois, ... As notas. Que tal nos foi?
Como remate, todos, primeiro alumnado e profesorado, logo, tamén as familias, celebramos o festival de fin de curso. Este ano só actuaron os finais de ciclo, por falta de tempo e de espazo, pero, igual que todos os anos, un festival estupendo, resumo en fotos do curso, maravillosos números musicais, simpáticas obras de teatro, ...
Como cada final de curso, e aínda que xa durante o mesmo foron moitas as actividades realizadas, e xa se foron entregando algúns premios, chegou o momento da entrega dos últimos Diplomas, trofeos e agasallos:
Tiñamos unha débeda pendente cos "Vincis", que tanto nos escribiron durante a nosa estancia en Tarragona. Queriamos contarlles persoalmente as nosas andainas, e todas esas experiencias que amosamos a través do blog.
E por fin tivemos tempo!.
Ana e Carla, prestaronse amablemente, como portavoces de todos os maiores, e contáronlles aos "Vincis", a historia de Sant Jordi, incluso leron un anaco en catalán; ensináronlles algúns dos materiais con que nos agasallaron os outros coles; o álbum de fotos que fixemos; respostaron ás preguntas; ...
Aínda que todavía hai moito traballo por facer na Biblio, esto de rematar o curso é tremendo, esta semana, xa non había préstamo. Con tal motivo, este venres, abrimos dez minutiños a Biblio para pequenos arranxos, tardías devolucións, e algúnhas outras cousiñas, pero, de seguido, marchamos todos a ver a final do torneo de fútbol das rapazas. Estaban un pouco desentrenadas, pois levamos tempo co pavillón en obras, pero, ahí estaban elas. Foi un partido duro e con moitas alternativas, pero, finalmente decantouse grazas a un gol de María, que foi o tanto decisivo.
Un ano máis os nosos nenos e nenas de Educación Infantil, coas súas titoras á cabeza, participaron dun conto viaxeiro"Contamos contod@s"que elaboran entre varios Centros das zonas de Redondela, Vigo e Moaña: EEI A Guía, EEI Palencia, CEIP Eduardo Pondal, CEIP Igrexa Chapela, EEI O Con, CEIP de Balaídos e CEIP Santo Paio de Abaixo (Nós).
Este ano non houbo conto formato papel como o ano pasado, pero, deixáronnos un CD con todos esos contos marabillosos que fixeron.
Grazas a todos e todas!
Se queredes velos, está na Biblio!!
A que non sabedes de que trata o conto de Reboreda??
Neste final de curso, como sempre saturado de actividades, acontecementos, ... estamos a levar a cabo unha ruta de contacontos por parte dos alumnos e alumnas de sexto curso.
Eles mesmos, seleccionan o conto, o preparan, elaboran materiais para a súa posta en escena, ... bueno, incribles!!!
Nas súas visitas ás aulas, Margarida recibiu moitas recomendacións, e algunhas moi interesantes. Moitos nenos e nenas escribiron unhas cartas estupendas dicíndonos cales eran os seus libros favoritos.
Mirade que libros tan chulos nos recomendaros os rapaces e rapazas de 1ºA.
Seredes capaces de dicirnos que libros nos recomendaron estos nenos?
Ante as peticións dos nosos lectores, a profe Marita, que foi a que lles ensinou aos nenos e nenas de 2ºB a construir a cámara escura, mandounos estas instruccións:
MATERIAIS: - tubo de cartón, tipo patatillas Pringles, baleiro e limpo, claro.- regra- lapis- cúter- cravo de 1,5 mm diámetro máximo, ou unha punta pequena.- cinta aillante negra- un círculo de papel "cebola", que ocupe o interior da tapa plástica do tubo
INSTRUCIÓNS:
1.- Tomaremos o tubo e mediremos 5 cm dende a base, trazaremos unha liña co lapis ( que quede en paralelo á base).
2.- Cortaremos o tubo pola liña co cúter. Quedarán dous tubos ( un longo e un máis curto).
3.- No centro da base metálica do tubo pequeno ( chamarémolo "Cilindro") faremos un orificio, de 1 a 2 mm, coa axuda do cravo.
4.- Colocaremos o círculo de papel "cebola" dentro da tapa plástica; para que non se nos mova podemos pegalo con dous puntiños de pegamento ou con dúas tiriñas de celo.
5.- Colocaremos esta tapa de plástico co papel no cilindro, no lado oposto á base metálica.
6.- A continuación tomaremos o tubo máis longo, que non ten tapas, e... atención! pegarémolo ao cilindro coa cinta aillante pola parte da tapa plástica.
7.- Agora, iremos a un espazo ao aire libre. Miraremos polo orificio, COLOCANDO AS MANS ARREDOR DO TUBO TAPANDO A PARTE QUE QUEDA PEGADA AO NOSO OLLO PARA QUE NON ENTRE LUZ POR AÍ.
8.- Finalmente, diriximos a nosa "cámara" a un lugar ben iluminado, casas, árbores, persoas, coches, ... E ... veremos as imaxes invertidas reproducidas sobre o papel da tapa plástica.Por que?
O noso aparato funciona como unha cámara fotográfica onde o orificio da base é como unha lente. Isto é o que se chama "cámara oscura".
Comezamos unha nova andaina conxunta os Departamentos de Normalización e Biblioteca do Ceip Santo Paio de Abaixo (Reboreda-Redondela).
Dende este blog tentaremos estar en contacto con todos vós, informando das iniciativas que vaian xurdindo, convocatorias, proxectos que vaiamos desenvolvendo,...
Todos os elementos que aparecen neste blog teñen fins educativos. Se algunha das fotografías, textos, vídeos, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitos a dereitos de autor, por favor póñanse en contacto con nós e serán retirados.