lunes, 25 de marzo de 2019

XX CONCURSO "DA REBORAINA"

Xa está en marcha o concurso de Narrativa que  vai pola vixésima edición,  convocado dende o noso Colexio. Hai dúas categorías:
-unha para o alumnado de 3º a 6º de Primaria do noso Centro
-outra para o alumnado da ESO dos institutos de Redondela
Animádevos a participar e optaredes a algún dos estupendos premios e ..., sobre todo, veredes publicada a vosa narración na revista "Bolboreta" que será publicada a fin de curso neste colexio.
Xa sabedes:  

ESCRIBIR NON CREA PRODUTOS PERIGOSOS. ESCRIBE!!!

miércoles, 20 de marzo de 2019

ENTROIDO NO CEIP REBOREDA

Xa pasaron unhas semanas pero, o bo sempre se fai esperar!!
Aquí tedes as fotos do entroido.

lunes, 18 de marzo de 2019

IMATXINA ESCOLA

Os alumn@s de sexto participamos nos talleres Imatxina escola onde traballamos matemáticas de xeito lúdico. Tivemos que enfrontarnos a diferentes retos matemáticos e poñer os nosos coñecementos a funcionar. Pasámolo moi ben. Despois de darlle tanta caña ao cerebro tocaba un pouco de descanso e, ainda que xa estamos en sexto, no fondo encántannos seguir sendo nen@s.

viernes, 15 de marzo de 2019

MÁIS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER

O luns 11 seguimos coas actividades adicadas ao Día da Muller. Se o xoves fomos nos os encargados de levar a cabo os talleres, desta volta fomos os receptores dos talleres. Fai un tempo contactamos con Paxaretas para proporlles unha actividade para celebrar o día da Muller. A nosa idea era contar cunha membra de Xanela, a primeira organización feminista de Redondela e con outra membra de Paxaretas. Queriamos falar das motivacións para crear a organización e a asamblea e falar un pouco dos cambios ao longo destes 28 anos que separan unha asociación da outra. Ademais, coma levamos todo o trimestre co proxecto de "Facendo visibles ás invisibles" tiñamos unha chea de preguntas e aproveitamos a súa visita para facer un coloquio e falar de cousas que non paramos de escoitar ao noso redor coma: o patriarcado, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia de xénero fronte a doméstica, o feminismo liberal fronte ao radical... O tempo fíxesenos curto, aprendemos unha chea de cousas. Foi unha visita moi interesante, amena e didáctica.

Moitísimas grazas a Ceci e Maica por prestarse a vir e darnos tantas facilidades. Un pracer compartir ese rato convosco 

jueves, 14 de marzo de 2019

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA


O primeiro que fixemos foi ver un anaco da muralla de Pontevedra. A continuación , fomos ver uns cadros do fillo de Rosalía de Castro. Despois, ensináronnos técnicas de pintura como salpicando. Despois, déronnos un agasallo.

Foi unha mañá fantástica!!


/

lunes, 11 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

Os alumn@s de sexto fomos os encargados de levar a cabo as actividades para conmemorar o Día da Muller. 
Fixemos talleres dende Infantil ata 4º de primaria, adaptados a idade dos nen@s e nos que participamos todos os equipos que temos para o proxecto "Facendo visibles as invisibles".  

A preparación dos talleres foi express porque nos pillou en medio do entroido e do noso propio proxecto de aula, inda así, unha vez máis temos que darvos a noraboa a todos porque o fixéstedes xenial.