Rematamos os contos de marzo adicados á muller cunha historia moi rosa... ou, igual non tanto!
viernes, 26 de marzo de 2021
jueves, 25 de marzo de 2021
POÑÉMONOS A PROBA?
Que vos parece se despois de visitar a nosa exposición sobre o cambio climático, vemos todo o que aprendemos.
Premede no enlace e xogade!!!
CONQUISTADORAS!
Os alumn@s de sexto rematan o trimestre e este mes adicado á Muller visitando a exposición Conquistadoras sita na Alameda de Redondela. Por parellas cubriron un caderno de investigación que logo puxeron en común. Aprenderon un montón.
Os referentes si importan.
A visita tamén se recolleu en Radio Redondela.
lunes, 22 de marzo de 2021
EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DAS AULAS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO
viernes, 19 de marzo de 2021
PDI O CAMBIO CLIMÁTICO: VISITA AO COMPOSTEIRO MUNICIPAL
O alumnado de sexto ven de participar no programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
Despois de facer na aula dúas sesións de aprendizaxe sobre a compostaxe, microorganismos e intrusos do composteiro, completan a actividade facendo unha visita ao composteiro municipal e a o centro de estructuración do concello.
Un xeito estupendo de seguir implicándonos no noso PDI.
jueves, 18 de marzo de 2021
LER CON D: UNA CAPERUCITA ROJA
viernes, 12 de marzo de 2021
LER CON D: A PRINCESA VESTIDA CUNHA BOLSA DE PAPEL
miércoles, 10 de marzo de 2021
DÍA DA MULLER: TRABALLOS DAS AULAS
Un ano máis as nosas aula énchense de violeta para traballar a igualdade e para desenvolver unha sociedade máis igualitaria onde homes e mulleres teñan os mesmos dereitos.
Aquí tedes unha mostra dalgúns dos traballos feitos polas aulas.
martes, 9 de marzo de 2021
DÍA DA MULLER NO CEIP REBOREDA
Ao longo desta semana iremos contándovos as diferentes actividades que están levando a cabo nas aulas para conmemorar o 8 de Marzo.
Todos os alumn@s do cole pintaron unhas ás e con elas fixemos unhas ás grandes que nos serviron de photocall para fotografar a todos os alumnos.
Unhas ás que queremos que nos sirvan para voar e para alcanzar os nosos soños.
Unhas ás amplas que nos permitan abranguer o mundo enteiro.
Unhas ás para non ter límites
Unhas ás para traspasar os teitos de cristal
Unhas ás que nos den impulsos.
Unhas ás de nos den un liberdade.
Unhas ás para chegar lonxe.
Unhas ás...
NON DEIXEMOS QUE NINGUÉN NOS CORTE AS ÁS!!!
viernes, 5 de marzo de 2021
CONCURSO DA REBORAIANA
Un ano máis, dende Normalización Lingüística ponse en marcha o Concurso de Redacción Escrita da Reboraina. Xa estamos na Edición 22. Os alumn@s de terceiro o sexta fixeron os carteis e lemas para o concurso e destes escolleuse o cartel e lema gañador. Aquí tedes aos finalistas:
E, por suposto, o cartel gañador coas bases do concurso: