Seguindo o libro de "Yo voy conmigo" de @rdiazreguera, estivemos
reflexionando sobre como somos, cales son eses pequenos, e non tan
pequenos, detalliños que nos fan unicas e unicos. Despois de ler o
conto, debuxámonos facendo especial fincapé nas nosas ás e nuns
"monigotes" que levabamos pegados nas costas, fómoslle escribindo a
todas e todos que admiramos de cada un.
Decidimos non esquecer nunca que non debemos deixar de ser o que somos por gustarlle a ninguén!
viernes, 29 de abril de 2022
YO VOY CONMIGO
lunes, 25 de abril de 2022
sábado, 23 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO 22
Un ano máis celebramos o Día do Libro no noso cole e este ano, contando coa colaboración das familias, cada alumno/a reproduciu a portada do seu libro favorita e descubrimos que temos uns auténticos artistas.
viernes, 22 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO 22: CONTACONTOS CON OLGA CUERVO
Que mellor maneira de celebrar o #díadolibro que con unha contacontos e máis se é da man de @olgaenlanube
Quedamos encantados, sorprendidos e asombrados con esta historia sobre o
mar. Ao chegar a clase seguimos pensando nela e debuxamos como nos
imaxinamos á protagonista
Non podemos contar máis porque é un segredo
Queremos
agradecer a Olga a súa cercanía, alegría e entusiasmo e tamén a nosa
ANPA Bolboreta por organizar a actividade! Foi todo xenial Grazas
lunes, 11 de abril de 2022
viernes, 8 de abril de 2022
A ÁRBORE DE PRIMAVERA-ARTELIXO 2022
jueves, 7 de abril de 2022
CONTO : A XOANIÑA ROSMONA
sábado, 2 de abril de 2022
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do libro infantil e xuvenil. Dende a biblioteca do CEIP DE REBOREDA queremos aproveitar este día para agradecer a tod@s os escritor@s, ilustrador@s, editor@s, libreir@s... que fan posible que a nosa biblioteca estea chea cada día de libros marabillosos. Autores de álbums ilustrados, cómics, novelas xuvenís... que acompañan ao noso alumnado cada día mostrándolles non so mundos de fantasía ou fiestras á imaxinación... se non tamén á diversidade dun mundo en permanente cambio. Estamos convencidas de que a través da lectura convertiránse en cidadáns máis xustos e tolerantes.
ARTE LIXO
O alumnado de educación infantil participa este ano no certame da vila "Artelixo" que este ano ten a temática "Os nosos montes".
O nome da obra é "Árbore Viva" e está exposta nun dos comercios de Redondela.
Noraboa artistas!