viernes, 20 de diciembre de 2019

TALLERES 10 E FESTA DE NADAL

TALLERES 9

CATÁSTROFES DEPORTIVAS

Os alumn@s de quinto fálamos do fracaso deportivo.

miércoles, 18 de diciembre de 2019

O DEPORTE NO CINE

Seguimos coas ponencias.
Aquí tedes aos compis de segundo facendo unha presentación moi interesante e divertida.

martes, 17 de diciembre de 2019

DEPORTES TRADICIONAIS vs DEPORTES MODERNOS

Seguimos coas ponencias sobre os Deportes, desta volta imos de viaxe!

DEPORTES TRADICIONAIS NOS 5 CONTINENTES


ALUMNADO de 4ºB
Os compañeiros de 4ºB completaron a información falando tamén de deportes modernos.

lunes, 16 de diciembre de 2019

PONENCIAS PDI DOS DEPORTES: 3º PRIMARIA


Comezamos as exposicións que recollen o traballo desenvolto nas aulas en torno ao tema deste curso para todo o centro: "OS DEPORTES".
 Inaguraron as exposicións os alumn@s de 3º facendo unha fantástica exposición falando da historia das Olimpiadas.
Aquí o tedes.

sábado, 14 de diciembre de 2019

TENIS DE MESA: NIGEL WEBB

Durante esta semana pasada tivemos no centro ao catro veces mundialista por "Jamaica", en tenis de mesa, NIGEL WEBB.
Falou con nós, vimos vídeos, traballamos coas palas e xogamos un pouquiño. Foi moi divertido!




E ollo....
Que durante o Nadal Nigel organiza un campús: Tenis de mesa, xadrez en inglés, ... e outras moitas actividades lúdico-recreativas.
Moitas Grazas, Nigel!
Ata outra!

miércoles, 11 de diciembre de 2019

25 N: MÁIS ACTIVIDADES

Seguimos amosándovos as actividades que levamos a cabo para celebrar o 25 de novembro. Os alumn@s de quinto ilustraron a canción de Rozalén "La puerta violeta", e quedoulles así.
 

miércoles, 4 de diciembre de 2019

TALLERES 8

miércoles, 27 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO

Conmemoramos o 25 de novembro no CEIP REBOREDA.

lunes, 25 de noviembre de 2019

TALLERES 6&7





Aquí tedes un pequeno resumo destas últimas dúas semanas de talleres, seguimos a tope!!

viernes, 22 de noviembre de 2019

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí vos deixamos canción de Rozalén interpretada por duas alumnas dun instituto de Secundaria. 
Un vídeo que ilustra moi ben coma identificar os primeiros pasos da violencia de xénero.

lunes, 18 de noviembre de 2019

TALLERES 5

Nova semana de talleres.

C. BALONMÁN SAR EN REBOREDA

Seguindo co proxecto "Os Deportes", o club de balonmán SAR de Redondela pasou polo centro os días 4 e 5 de novembro, para traballar con todos nós un dos deportes máis practicados en Redondela.
Nerea, exalumna do centro, xunto con Vero e Iván fixeron as delicias das nenas e dos nenos.
Moitas grazas! Pasámolo moi ben!
Voltade cando queirades.

sábado, 16 de noviembre de 2019

DEPORTE GALEGO: OS TROMPOS

Un dos moitos xogos tradicionais galegos que estamos a practicar neste primeiro trimestre nas sesións de Educación Física é o xogo dos trompos. Non temos tanta maña como os nosos pais, nais, avós e avoas, pero, ... e que nos falta práctica. Esperade e veredes!

lunes, 11 de noviembre de 2019

O SAMAÍN DOS ALQUIMISTAS

Estes días preparamos con moita ilusión a chegada do samaín, é unha das festas máis esperadas no cole, será polos disfraces, polas decoracións de paredes e corredores ou polos medos que nos acechan a cada paso.

C.BALONCESTO REDONDELA EN REBOREDA

Como veñen facendo nos últimos anos o CBR conta con nós para prácticar o deporte do baloncesto. Os pasados 14, 15 e 16 de outubro estivo no centro, Rosa, entrenadora do club, que fixo que o pasaramos xenial facendo xogos nos que todos disfrutamos deste fermoso deporte.
Moitas Grazas Rosa
Esperámoste aló por maio....

viernes, 8 de noviembre de 2019

FESTIVAL DE CURTAS, 5º ENTREGA

Rematamos o noso ciclo de curtas de medo.
Moitas grazas a todos por participar e noraboa polo traballo feito!!
O próximo ano máis!

PELÍCULA PAULA



A CASA


UNHA NOITE TRANQUILA

jueves, 7 de noviembre de 2019

FESTIVAL DE CURTAS, 4ª ENTREGA

Nova entrega dos vosas curtas.
Que medo!!!

OS VAMPIROS


CORTO BREO


LA MUERTE
 

miércoles, 6 de noviembre de 2019

FESTIVAL DE CURTAS, 3ª ENTREGA

Novas películas do noso festival de curtas:

AS CATRO AVENTUREIRAS


 JESSICA DE REBOREDA  



 QUEDAMOS?

lunes, 4 de noviembre de 2019

FESTIVAL DE CURTAS SAMAIN, 2ª ENTREGA

Nova entrega do festival de curtas do CEIP REBOREDA.
Hoxe temos:

 A CASA DO TERROR 

 

AS CATRO AVENTUREIRAS

ATAQUE ZOMBIE



Seguide atentos! Mañá máis!

miércoles, 30 de octubre de 2019

Os nosos medos

Estes son os nosos medos.
 Cales son os vosos?

FESTIVAL DE CURTAS DE SAMAÍN, 1ª ENTREGA

Para celebrar o Samaín, dende o equipo de Biblioteca e Normalización Lingüísitca organizamos o primeiro festival de curtas de medo do CEIP REBOREDA. As curtas que nos chegaron foron estupendas e descubrimos que estamos rodeados de verdadeiros artistas. Imos ir publicando as curtas para que poidades desfrutades delas unha e outra vez. Comezamos cos tres que máis nos gustaron:

 MATÍAS E ROQUE VISITANDO O CEMINTERIO DOS EIDOS

  

A NENA DA CURVA




NOITE NO CAMPOSANTO


viernes, 25 de octubre de 2019

CUARTA SEMANA DOS TALLERES INTERNIVEIS

Seguimos, xa imos collendo rodaxe e isto está imparable!

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Celebramos o Día das bibliotecas abrindo as nosas dúas bibliotecas, a que xa tiñamos e o novo espazo para educación infantil e primeiro ciclo. 
Aproveitando a celebración deste día, o alumnado de primeiro, que comeza este curso a usar a biblioteca de xeito autónomo fixo unha visita guiada as dúas bibliotecas e ademais fixóselles a entrega dos carnets de usuario. 
Tamén tiveron visitas guiadas os alumn@s de segundo para coñecer o novo espazo. E, por suposto, no recreo deu comezo o servizo de préstamo!

lunes, 21 de octubre de 2019

TERCEIRA SEMANA DE TALLERES INTERNIVEIS

Unha semana máis seguimos rotando de aula en aula para aprender facendo.


miércoles, 16 de octubre de 2019

SEGUNDA SEMANA DE TALLERES

Unha semana máis os nosos talleres están en marcha.

Mirade, mirade!!!

lunes, 7 de octubre de 2019

ARRANCAMOS!! TALLERES INTERNIVELARES

Un ano máis xa estamos a pleno rendemento.
A biblioteca non abre ata  o 24 de outubro pero no cole este curso está cheo de novidades.

TALLERES INTERNIVEIS

Os venres son un día moi especial para nos. A terceira hora deixanos as nosas aulas habituais para aprender dun xeito máis lúdico e activo. Temos organizados dez equipos co alumnado de todo o centro. En cada equipo hai alumn@s dende 3 anos ata os 12.
Así mesmo temos 10 talleres nos distintos espazos do centro: XOGAMOS, COSE QUE TE COSE, UNHA DO DEREITO E UNHA DOS REVÉS, ADORNOS CON MATERIAL DE REFUGALLO,  FÍOS, EMOCIÓNS, EXPRESIÓN CORPORAL, LUZ NEGRA, CONSTRUCCIÓNS...

Cando soa a música o alumnado distribúese polos talleres que lle corresponden esa semana, de xeito que, cada venres, cada equipo vai a un taller distinto e, ao rematar o trimestre, todos terán pasado por todos os talleres.
Así mesmo o alumnado de sexto encárgase de coller ao alumnado de infantil, levalo ao taller e devolvelo a aula ao remate das mesmas.

É un xeito de aprender fóra do espazo estructurado, de compartir saberes con alumn@s distintos ao grupo clase, de que os maiores titoricen a os pequenos, de facer intercambios con outras idades e, sobre todo, aprender a aprender facendo.

Aquí tedes un resumo da primeira sesión:


jueves, 4 de julio de 2019

RESUMO FINAL DE TODAS AS ACTIVIDADES DO CURSO

Rematamos o curso deixándovos o wix onde estes resumidas as actividades desenvoltas ao longo do curso: 
  • Actividades do primeiro e segundo trimestre ao redor do PDI 
  • Clube de ciencia 
  • Facendo visibles as invisibles 
  • Semana da ciencia ... 

BO VERÁN PARA TODOS!!! VÉMONOS EN SETEMBRO! 

https://omanantialsantopai.wixsite.com/fqreboreda

 

 

sábado, 29 de junio de 2019

PONENCIAS E MÁIS PONENCIAS

Deixámosvos as ponencias dos alumnos de quinto de primaria

viernes, 28 de junio de 2019

MÁIS PRESENTACIÓNS DO CONGRESO

O alumnos de primeiro A fálannos da química que nos rodea. Os alumnos de primeiro B fixeron un experimento moi interesante co corcho.

CONGRESO E FEIRA MOITO MÁIS

Deixámovos máis información do voso espectacular traballo no Congreso e Feira deste ano

martes, 25 de junio de 2019

CONGRESO E FEIRA 2019: PRESENTACIÓN DE 3º B

Así foi a presentación do alumnado de terceiro B sobre o ADN

CONGRESO E FEIRA 2019

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do noso congreso.

martes, 18 de junio de 2019

CONGRESO E FEIRA 2019

Así foron os preparativos do congreso e da feira deste curso

martes, 11 de junio de 2019

HOMENAXE A XABIER DOCAMPO

O ano pasado deixábamos un dos grandes escritores de literatura infantil e xuvenil galegos, Xabier Docampo. Dende o CEIP REBOREDA sumámonos as actividades para homenaxear a traxectoria deste autor facendo unha lectura colectiva no patio do centro o pasado 10 de xuño. 

martes, 14 de mayo de 2019

UN ANO MÁIS OS ALUMNOS DE SEXTO PARTICIPAN EN GALICIENCIA

Un ano máis os alumnos de sexto participaron e visitaron Galiciencia. 
Nesta ocasión presentamos 5 stands moi interesantes e cunha gran acollida na Feira. 
Alba P e Alba S amosaron coma ver o ADN dos amorodos. 
Vero e Soraya nos amosaron un tubo dixestivo. 
Sergio e Rebeca criaron bacterias.
Paula e David nos ensinaron canto azucre consumimos sen ser conscientes. 
Naiara e María fixeron un microscopio caseiro para poder observar a saliva.


lunes, 6 de mayo de 2019

VISITAMOS A CÁMARA ANECOICA DE TELECO

A profe Isa organizounos unha fantástica visita a Universidade de Telecomunicacións dentro do proxecto de "Física e Química" para ver a cámara semianecoica. Trátase dun laboratorio onde se aillan totalmente os ruídos externos xa que as paredes tragan todos os rebotes do son. Pero, mellor que contárvolo podedes velo.

viernes, 3 de mayo de 2019

MÁIS SOBRE O DÍA DO LIBRO

Aproveitando a celebración do día do libro, fotografamos a todos os alumn@s e mestres do cole co seu libro favorito. Despois colgamos todas esas fotos polos corredores. 

FELICES LECTURAS A TODOS!!!

 

miércoles, 24 de abril de 2019

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Esta semana imos levar a cabo diferentes actividades para celebrar o Día do Libro.
Os alumn@s de sexto cóntanos que é para eles a lectura.


martes, 23 de abril de 2019

FELIZ DÍA DO LIBRO

miércoles, 10 de abril de 2019

Este xoves, día 11 de abril, ás 18.30 h., poderedes gozar dunha sesión de contacontos moi interesante.
ANIMÁDEVOS A IR !!!
SEGURO QUE VOS GUSTARÁ!!!

lunes, 25 de marzo de 2019

XX CONCURSO "DA REBORAINA"

Xa está en marcha o concurso de Narrativa que  vai pola vixésima edición,  convocado dende o noso Colexio. Hai dúas categorías:
-unha para o alumnado de 3º a 6º de Primaria do noso Centro
-outra para o alumnado da ESO dos institutos de Redondela
Animádevos a participar e optaredes a algún dos estupendos premios e ..., sobre todo, veredes publicada a vosa narración na revista "Bolboreta" que será publicada a fin de curso neste colexio.
Xa sabedes:  

ESCRIBIR NON CREA PRODUTOS PERIGOSOS. ESCRIBE!!!

miércoles, 20 de marzo de 2019

ENTROIDO NO CEIP REBOREDA

Xa pasaron unhas semanas pero, o bo sempre se fai esperar!!
Aquí tedes as fotos do entroido.

lunes, 18 de marzo de 2019

IMATXINA ESCOLA

Os alumn@s de sexto participamos nos talleres Imatxina escola onde traballamos matemáticas de xeito lúdico. Tivemos que enfrontarnos a diferentes retos matemáticos e poñer os nosos coñecementos a funcionar. Pasámolo moi ben. Despois de darlle tanta caña ao cerebro tocaba un pouco de descanso e, ainda que xa estamos en sexto, no fondo encántannos seguir sendo nen@s.

viernes, 15 de marzo de 2019

MÁIS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER

O luns 11 seguimos coas actividades adicadas ao Día da Muller. Se o xoves fomos nos os encargados de levar a cabo os talleres, desta volta fomos os receptores dos talleres. Fai un tempo contactamos con Paxaretas para proporlles unha actividade para celebrar o día da Muller. A nosa idea era contar cunha membra de Xanela, a primeira organización feminista de Redondela e con outra membra de Paxaretas. Queriamos falar das motivacións para crear a organización e a asamblea e falar un pouco dos cambios ao longo destes 28 anos que separan unha asociación da outra. Ademais, coma levamos todo o trimestre co proxecto de "Facendo visibles ás invisibles" tiñamos unha chea de preguntas e aproveitamos a súa visita para facer un coloquio e falar de cousas que non paramos de escoitar ao noso redor coma: o patriarcado, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia de xénero fronte a doméstica, o feminismo liberal fronte ao radical... O tempo fíxesenos curto, aprendemos unha chea de cousas. Foi unha visita moi interesante, amena e didáctica.

Moitísimas grazas a Ceci e Maica por prestarse a vir e darnos tantas facilidades. Un pracer compartir ese rato convosco 

jueves, 14 de marzo de 2019

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA


O primeiro que fixemos foi ver un anaco da muralla de Pontevedra. A continuación , fomos ver uns cadros do fillo de Rosalía de Castro. Despois, ensináronnos técnicas de pintura como salpicando. Despois, déronnos un agasallo.

Foi unha mañá fantástica!!


/

lunes, 11 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

Os alumn@s de sexto fomos os encargados de levar a cabo as actividades para conmemorar o Día da Muller. 
Fixemos talleres dende Infantil ata 4º de primaria, adaptados a idade dos nen@s e nos que participamos todos os equipos que temos para o proxecto "Facendo visibles as invisibles".  

A preparación dos talleres foi express porque nos pillou en medio do entroido e do noso propio proxecto de aula, inda así, unha vez máis temos que darvos a noraboa a todos porque o fixéstedes xenial.

jueves, 28 de febrero de 2019

miércoles, 27 de febrero de 2019

E SEGUIMOS DE ENTROIDO...



martes, 26 de febrero de 2019

E MÁIS MANDATO DO MECO...

lunes, 25 de febrero de 2019

O MECO DI...

SEMANA DA CIENCIA

Dentro do desenvolvemento do PDI "Física e Química que estamos levando a cabo este ano e coordinado pola biblioteca, esta semana tivemos unhas xornadas de ciencia en vivo no cole da man da organización cienciaenmovimiento. Houbo talleres e actividades para os alumnos dende terceiro ata sexto. Aquí vos deixamos un resumo das actividades para que vexades coma nos foi.



domingo, 24 de febrero de 2019

FELIZ DÍA DE ROSALÍA


Subscribimos as palabras do EEI Cristo da Victoria, en Vigo.

 Feliz día de Rosalía de Castro, a nosa musa!!! Os seus versos atemporais sempre emocionan e nos fan sentir orgullo pola lingua e a nosa terra. Pioneira# Rebelde# Musa

NAMÓRATE DO GALEGO!!

Coincidindo co 14 de febreiro propuxemos esta actividade, que consistiu en elixir e escribir palabras do noso idioma que nos pareceran fermosas ou especialmente relevantes. Escribímolas en pequenos corazóns multicolores.
Con todas esas palabras formamos un gran corazón no que queremos amosar o amor polo noso idioma.





viernes, 22 de febrero de 2019

PREPARADOS!!! CHEGA O ENTROIDO

E o meco xa está preparado para facer das súas!!!

miércoles, 20 de febrero de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado mércores tivemos unha xornada de portas abertas.
As familias que nos visitaron puideron ver o noso centro:

Tamén coñeceron o xeito de traballar que temos en Reboreda

E, desfrutaron dun baño sonoro.

Grazas a todas as familias por acudir a invitación e esperamos que formedes parte da nosa comunidade educativa o vindeiro curso.

lunes, 18 de febrero de 2019

COMEZAMOS A SEMANA DA CIENCIA!!!

Esta semana o cole está transformado.
Imos levar a cabo actividades relacionadas coa ciencia da man de Cienciaenmovemento.
Imos ter unha chea de sorpresas.


martes, 5 de febrero de 2019

CIENCIA NA CORUÑA

Os alumn@s de sexto de primaria seguimos traballando no PDI do centro, neste caso visitando o MUNCYT e a CASA DAS CIENCIAS na Coruña. Foi un día moi intenso no que aprendemos unha chea de cousas. Aquí vos deixamos un resumo:

O DÍA DA PAZ

O pasado mércores día 30 todos os centros celebramos o Día da Paz.
Este ano os alumn@s de sexto fomos os encargados de facer o manifesto e logo, todos xuntos, cantamos a canción seleccionada para esta celebración.
Este ano cada curso encargábase de interpretar unha estrofa, nos escollemos facela en lingua de signos.

domingo, 3 de febrero de 2019

UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA: AS CURUXAS

A aula das Curuxas tamén fixo unha chea de experimentos e así nolos ensinarons:












viernes, 1 de febrero de 2019

UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA: OS PEQUEROES

É a quenda dos Pequeroes e os seus experimentos:

miércoles, 30 de enero de 2019

UN ANO CHEO DE QUÍMICA: FÍSICA E QUÍMICA QUE NOS RODEA

Os rapaces e rapazas de 2º amósannos todo o traballo que fixeron durante o primeiro trimestre sobre o tema:

martes, 29 de enero de 2019

UN ANO CHEO DE QUÍMICA: A QUÍMICA ALIMENTARIA

Desta volta é 5º B quen nos vai explicar coma funciona o etiquetado dos alimentos que comemos.

lunes, 28 de enero de 2019

UN ANO CHEO DE QUÍMICA: ENERXÍA HIDRÁULICA

Seguimos amosando as presentacións dos alumnos. Tócalle a 4º B que nos vai falar da enerxía hidráulica:

miércoles, 23 de enero de 2019

UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA: A ENERXÍA SOLAR

Quenda para os compañeir@s de 4º A que nos van falar dunha enerxía limpa, sostible e que temos en abundancia no noso país. 

martes, 22 de enero de 2019

UN ANO CHEO DE QUÍMICA: MÚSICA 1,2, 3... VOLCÁN!

É a quenda dos alumnos de 5º A amosándonos o seu traballo:

lunes, 21 de enero de 2019

UN ANO CHEO DE QUÍMICA: A QUÍMICA QUE NOS RODEA

Os alumnos de sexto A e B presentan o seu traballo deste trimestre. Para preparar a exposición fixemos 5 equipos de 6 membros cada un, con alumn@s de A e B. Cada equipo preparou unha das partes que traballamos na aula e, cada equipo, escolleu aos seus representantes na defensa oral.



A presentación vai acompañada deste vídeo resumo:

jueves, 17 de enero de 2019

UN ANO CHEO DE QUÍMICA: OS ALQUIMISTAS

Os máis peques do cole estiveron investigando porque se chamaban “ALQUIMISTAS” e descubriron moitas cousas interesantes acerca destes primeiros científicos.
Como aínda somos moi pequenos custábanos moito falar diante dun público tan grande polo que fixemos un vídeo na tranquilidade da nosa clase que logo compartimos con todo o alumnado do cole o día das exposicións. Hoxe imos compartilo con todos vós e esperamos que vos guste.

miércoles, 16 de enero de 2019

XOGANDO COA AUGA

O martes 15 de xaneiro observamos os diferentes estados da auga e vimos tamén como é o ciclo da auga.




UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA: O TRABALLO DOS AULAS

Non hai mellor xeito de rematar un trimestre que compartindo o traballo feito nas aulas.Cada aula amosou ao resto dos compañeiros do centro o seu traballo ao redor do PDI deste curso.
As presentacións foron moi variadas e tivemos un pouco de todo.
Imos ir dando conta dos traballos realizados durante os vindeiros días.
Comezamos con este resumo publicando o traballo dos alumn@s de 3ºB que falaron sobre:

 O ADN


lunes, 14 de enero de 2019

SUSA HERRERA VISITA AOS PEQUES DE REBOREDA

A comezos de Decembro, Susa Herrera visitou aos nenos e nenas do cole. Cos máis peques cantou parte do seu disco “Cantos animais”. Foi moi divertido aprender os retrouxos e os bailes da cada canción. 

viernes, 11 de enero de 2019

LECTURA VINTE MIL LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO

Máis de 300 persoas súmanse á lectura radiofónica de Verne
Colexios, institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a emisora de radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da "chegada" do Nautilus a enseada de San Simón. En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a obra "Vinte mil leguas baixo dos mares" de Jules Verne.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=9155


 Xa tedes colgado en Ivoox a lectura do capítulo XII de VINTE mil leguas de VIAXE submarino que lemos en Radio Redondela.

https://www.ivoox.com/xii-todo-pola-electricidade-audios-mp3_rf_31056613_1.html?fbclid=IwAR10227uCLGv1pxNoFp_Ikuv-6hY4VhGGgME108L2bGVpQgyaLt1QRWbK4I

miércoles, 9 de enero de 2019

TALLER DE POESÍA

Durante este trimestre adicamos o noso taller de expresión escrita á poesía. 
Estudiar poesía sempre parece algo tedioso pero os poemas están máis preto do que cremos.
Comezamos o trimestre traballando coa canción "Dejala que baile" de Melendi, Arcano e Alejandro Sanz e serviunos para analizar a métrica, o ritmo e a ritma.
Rematamos o trimestre cun reto que ofrecía 15 puntos no class dojo, tratábase de analizar a canción "Lo siento" de Beret, un éxito que encanta na nosa aula.
Despois dunha semana de pescudas analizamos en conxunto a canción e sairon cousas moi, moi interesantes. 
Evidentemente, os recursos literarios son máis e máis complexos do que vimos na aula pero coma iniciación ao tema estivo xenial, sobre todo, porque as pescudas foron un traballo individual de investigación e  de exposición oral argumentada. Direivos que sairon máis das que puxen no poema pero non podía poñer máis información senón quedaba todo demasiado saturado.
Inda así, teño que darvos a noraboa a todos porque fixéstedes un traballo estupendo e, sobre todo, porque unha vez máis, aprendemos divertíndonos e moitos dos recursos non os esqueceremos na vida, coma pasa por exemplo, coa "paranoja".
 
Montar o vídeo levounos un par de sesións de gravación, xuntamos sobre 40 minutos de edición e, tanto tempo, tamén deu para tomas falsas.