martes, 29 de abril de 2008

EXPOSICIÓN CONTOS ( 4 )

Finalizando Abril, damos xa por finalizada a exposición "Xogamos cos contos". Despois do éxito acadado, a masiva participación e a gran calidade dos materiais elaborados teremos que volver repetir a experiencia.
Agora xa teremos que deixar espazo para novas iniciativas. As Letras Galegas están á volta da esquina e tamén vamos necesitar da vosa axuda.

Moitas grazas outra vez!



Podedes ver no Faro de Vigo noticias sobre algunhas das actividades realizadas no Centro.
Día do Libro (22-04-08)
Concurso Reboraina (27-04-08)

lunes, 28 de abril de 2008

CONCURSO "REBORAINA"

Como todos estos anos atrás, este ano 2008, celebramos a décima edición do concurso de Narrativa "Reboraina", onde todos os nenos e nenas de primaria do Centro participan na modalidade A, e damos entrada a secundaria (aínda que non temos nenos nesas idades), na modalidade B.

O fallo do xurado foi este venres 25 de Abril onde comunicamos os gañadores do concurso, que serán premiados no festival de fin de curso:

Modalidade A:

  • 1º Premio: Alba Rodríguez (3ºB)

  • 1º Accesit: Alba Campo(6ºA)

  • 2ºAccesit: Katarina Adao(4º)

  • 3º Accesit: Nerea Bouzón(4º)

  • 4ºAccesit: Alba Estévez(6ºA)

Modalidade B:

  • 1º Premio: Lucía Pérez

  • 2º Premio: Nerea Crespo

  • 3º Premio: Deserto

Ademáis fixemos uns pequenos agasaios a todos aqueles nenos e nenas que dalgún xeito colaboraron nas distintas actividades e sairon seleccionados: Portada e contraportada revista, calendario, ...



miércoles, 23 de abril de 2008

23 ABRIL: D.I. do LIBRO

Seguimos a festexar e traballar ao redor do libro. Durante estas semanas tivemos: Contacontos, teatro, contanenos, ... sempre ao redor dos contos.
Agora mesmo estamos en metade dun taller de escritura. Xa vos iremos contando. Estan a salir cousas moi interesantes.


miércoles, 16 de abril de 2008

EXPOSICIÓN CONTOS ( 3 )

Estamos abraiados coa aceptación, participación, imaxinación, bo facer,... das nosas familias. Non nos chegan as mesas para a exposición, xa levamos dúas extensións e seguimos.
Que libros tan bonitos!
que historias tan fermosas!
que traballos tan creativos!
Moitas grazas a todos e todas!!!!


lunes, 14 de abril de 2008

EXPOSICIÓN CONTOS ( 2 )

Aquí temos máis fotos das extraordinarias creacións que están a realizar os nosos alumnos e alumnas con axuda das súas familias.


viernes, 11 de abril de 2008

EXPOSICIÓN CONTOS ( 1 )

Impresionante a participación do alumnado e as súas familias na exposición que estamos a realizar con motivo do Mes do Libro. A idea era traer un conto entrañable, que significara moito para cada un e acompañalo dalgún elemento relacionado con este, elaborado coas propias mans e coa colaboración dos pais, nais, avós, avoas, tíos, tías,...
Dende os máis pequeniños de 3, 4 e 5 anos, pasando por toda primaria, ata algúns mestres, son incribles as obras de artesanía que se están a realizar, canta imaxinación e orixinalidade!. Tivemos que ampliar a mesa de exposicións, habilitar máis espazos, ...
Enhoraboa e moitas grazas a todas as familias participantes!!!!
Seguiremos poñendo máis fotos




miércoles, 9 de abril de 2008

ABRIL: MES DOS LIBROS

Dende o 2 de Abril, Día do Libro Infantil, en honor ao nacemento de Hans Christiam Andersen, ata o 23 de Abril, Día Internacional do Libro, en honor a Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakerpeare, na Biblioteca estamos de noraboa, pois temos un motivo máis para celebrar e festexar ao redor da lectura.
Neste mes de Abril temos previstas moitas actividades:
Contanenos: Durante os recreos dos mércores e nalgunhas clases os nenos maiores contarán contos aos máis pequenos.
Encontros con contadores, autores e ilustradores.
Exposicións-murais: "Xogamos cos contos", na que recordamos aqueles contos máis entrañables da nosa infancia e xunto coa nosa familia elaboramos algún elemento relacionado co conto. Está a quedar chulísima, sodes uns artistas. A ver se temos sitio para todos.
Bueno e moitas cousas máis. Xa vos iremos contando.
Bo mes de Abril!!

Gústavos ler?

Por que razón?

Pasa a anotar a túa polo noso mural interactivo.

lunes, 7 de abril de 2008

CONTO VIAXEIRO

o fin de fomentar a lectoescritura e o uso das novas tecnoloxías en galego, dende o centro de educación infantil de O Con (Moaña), propoñían levar a cabo a elaboración dun conto viaxeiro. As titoras de Ed. Infantil do noso Centro, como non podía ser menos aceptaron o reto, como outros sete coles, en total 9 centros. Non hai moito que chegou ata nós, e debaixo destas liñas amosamosvos algúns dos traballos que levaron a cabo na súa realización.
Esperamos polo resultado final!!!




Atentos á páxina que acaban de inaugurar os máis peques onde vades poder ver todo o que fan nas súas clases:

http://pequesreboreda.wordpress.com/

sábado, 5 de abril de 2008

ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como seguro que sabedes estamos dentro do plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE)). Fomos seleccionados no seu momento e cada ano a asesoría de Bibliotecas invítanos a participar nuns encontros coas outras bibliotecas do PLAMBE de toda Galicia. Este ano realizáronse os días 3 e 4 de Abril en Sanxenxo, dúas xornadas intensas, cheas de coñecementos, detalles, ponencias, intercambios, obradoiros,...

Este ano tivemos a sorte de ter con nos como outros anos, a grandes profesionais do mundo da literatura, das bibliotecas, das novas tecnoloxías,... De distintos lugares de España e incluso de Portugal. Tivemos connosco a : José A. Camacho, María de Lourdes Dionisio, Manuel Bragado, Antón Castro, Charo Pita, José Fariña, José L. Barreiro, Villar Arellano, José Manuel Luque, Laura Borrás Castanyer e Gonzalo Moure.

Dous días moi interesantes nos que recollemos grandes e pequenas ideas para seguir a traballar na nosa biblioteca. Unha gran idea eso de compartir cos demáis. Grazas!!!