viernes, 21 de mayo de 2010

CONCERTO DIDÁCTICO

O mércores da Semana das Letras Galegas tivemos un concerto didáctico no que vimos como a interculturalidade está presente tamén na nosa música popular. Algúns instrumentos dos que nos parece que sempre foron de aquí, teñen a súa orixe en outros instrumentos de culturas lonxanas no tempo e no espazo. Vimos e escoitamos catro deles: O VIOLÍN, O ACORDEÓN, O CLARINETE e O SAXOFÓN.
O violín foi un dos instrumentos elixidos por algúns cegos para acompañarse cando cantaban e contaban polas feiras romances, relatos de crimes, vodas, as novas de outras aldeas...
O acordeón, clarinete e saxofón sumáronse á gaita e á percusión formando CHARANGAS que gostaban de tocar todos os ritmos de moda, algún chegados de fóra como a RUMBA, a POLCA, a MAZURCA, o FOXTROT...
Contamos coa colaboración de:

Suso (avó de Pablo e Dani Martínez Couñago), que tocou o clarinete.
Manuel tocou o saxofón
Jaime tocou o acordeón
Ailén tocou o violín e logo a caixa
Vanessa tocou o bombo con prato
As profes Loli e Isabel tocaron a gaita coa CHARANGA.


Os nenos de 5º A investigaron as características e orixe destes catro instrumentos e tamén fixeron de presentadores no concerto. Decatámonos de que acollendo estes instrumentos, a nosa música enriqueceuse e non perdemos por iso a nosa identidade. Pensamos que entón podemos, sen medo, abrirnos a todas as culturas do universo... Sempre será para medrar.


No hay comentarios: