jueves, 26 de febrero de 2009

CONCURSO NARRATIVA: "A REBORAINA"

Chegou o momento, xa é hora de plasmar en papel todas esas fantásticas ideas que tedes, esas estupendas historias que levades dentro, ... ide espremendo a vosa imaxinación, buscando personaxes, ubicando espazos, deseñando historias, .... e non pensedes que fai falla ir moi lonxe, ás veces as cousas máis sinxelas, as máis cotiás,... son as mellores aventuras.
Deixámosvos aquí as normas e o cartel para que botedes un ollo.
Ánimo e a participar!
Ben sabedes que os premios son estupendos!


HORTO NA ESCOLA

Por fin despois de tanta auga, chuvia, temporais, .... solciño, que xa iba tocando. E aproveitando o bo tempo, os nenos e nenas de educación infantil, saíron a preparar a terra e a plantar xa algunhas sementes, no que logo será un horto impresionante. Por que falando de Ciencia, Que hai máis científico que comprobar "in situ" como medran as plantas?

MÁIS DARWIN

Chegou ás nosas mans outra páxina bastante interesante sobre Darwin. Para aqueles que todavía quedaron coas ganas de saber máis aquí tedes. Nesta ocasión os vídeos están en Español.

miércoles, 25 de febrero de 2009

INSECTOS E OUTROS

Hai pouco nos correos das Biblios alguén nos recomendaba esta páxina. E nós non podemos menos que recomendárvola a todos vós.
É un blog dun rapaz de 12, 13 anos, e como vedes na imaxe e no título, trata sobre insectos.
É realmente moi interesante.
Botade unha ollada!!

sábado, 21 de febrero de 2009

TREMENDA SEMANA

Comezou o Meco dicindo o que facer cada día.

A golpe de luns chegan tres mestres dun cole inglés: "Hesketh-with-Becconsall All Saints" que despois de manter contacto a través de correo electrónico entre os nenos e nenas dos dous centros, querían coñecer máis de cerca o noso labor educativo.


Comeza o campeonato de Fútbol Sala de todos os anos.
Terceira semana de Videoconferencias. Esta con C.P. Villapendi de Asturias.
E para rematar o desfile de Entroido. Espectacular coma sempre. Cheo de imaxinación, son e cor. Este ano ademais de ciencia!


Disfrutade do Entroido!

jueves, 19 de febrero de 2009

O MECO MANDA 5

"O VENRES CIENCIA VAI DE FIN DE SEMANA
ASÍ QUE DISFRAZÁMONOS DO QUE NOS DA A GANA"

miércoles, 18 de febrero de 2009

GRAN PRESENTACIÓN

Estamos moi animados, as datas, o Entroido,... non paramos de publicar. Hoxe os nenos e nenas de segundo curso viñeron á Biblio a presentarnos dous libriños feitos por eles: un de acrósticos- que será eso?- vades ter que preguntarllo, ou pasar pola Biblio; e outro de pequenos contos e poemiñas. Logo estarán rexistrados e poderedes levalos en préstamo.
Animádevos a escribir!
Seguro que levades dentro grandes historias!

O MECO MANDA 4


"O XOVES OS CIENTÍFICOS XA IMOS MEDIO CANSADOS

BATA E PIXAMA E VIREMOS ENCANTADOS"

martes, 17 de febrero de 2009

O MECO MANDA 3

"O MÉRCORES OS CIENTÍFICOS PRESENTAMOS INVENTO
NON PODE FALTAR NO PESCOZO FUNDAMENTO"

lunes, 16 de febrero de 2009

O MECO MANDA


"O MARTES OS CIENTÍFICOS IMOS AO LABORATORIO

BATA DE TRABALLO ANTES DE ENTRAR AO ESCRITORIO"

domingo, 15 de febrero de 2009

RANO VOLTA ESCRIBIR

Os compañeiros e compañeiras de 3º B recibiron carta de Rano, si, o amiguiño doutra Galaxia que xa lles escribira noutra ocasión. Parece que Rano anda extrañado polas nosas costumes no Entroido. Seguramente onde el vive non teñen as mesmas tradicións. De todos os xeitos parece que xa eles llo explicaron nas cartas que lle escribiron.

sábado, 14 de febrero de 2009

SEMANA DE ENTROIDO

O luns comezamos a festexar o Entroido. Despois de tanto traballo, toca disfrutar un pouco coa tradición. O venres o colofón final.

Teredes que estar atentos se queredes seguir ao Meco.




"O Luns os científicos comezamos co traballo
traeremos algunha cousa nos ollos para dar o callo."

viernes, 13 de febrero de 2009

3 ANOS RECOMENDA

Esta semana Margarida foi de visita á aula dos "Vincis", estivo con Mandilón, xogou cos nenos e nenas, incluso estivo nos experimentos que fixeron esta semana.
Pero, chegou o momento de marchar, e aínda que todos nos puxemos moi tristes pola despedida, sabemos que Margarida ten que visitar a máis nenos e nenas no cole.
E a que non sabedes con que nos agasaiaron os "Vincis"?
Pois vede o vídeo.
Seguro que quedades abraiados como quedou Margarida

VIDEOCONFERENCIANDO

Esta foi a segunda semana de Videoconferencias e despois de moitos atrancos, por fin hoxe venres puidemos comunicarnos co cole de "El Burgo Ranero", en León. Os peques de tres anos, e os alumnos e alumnas de sexto curso, foron os protagonistas nesta ocasión.
Aínda que tamén houbo nervios, xa non foi tanto como a primeira vez. Sorprendeunos saber os pouquiños nenos e nenas que hai no seu cole, e incluso persoas no seu pobo. Pero ao fin, está sendo interesante coñecer unha realidade tan distinta da nosa.
Tal vez algún dos protagonistas queiran contarnos algunha cousiña.
Animádevos!!

miércoles, 11 de febrero de 2009

CHEGA O ENTROIDO

Se todos os días se traballa arreo, cando chega o Entroido esto é unha locura. Nenos e nenas, profes, nais,...

Todos a confeccionar os traxes para o desfile. Este ano uns disfraces moi científicos...


E para todos aqueles que queiran curiosear e saber un pouco máis do Entroido: tradición, costumes, gastronomía, máscaras, algún que outro xogo, ... e moito máis, aquí vos deixamos uns enlaces ás páxinas de dous coles con un montón de recursos para o Entroido.


Sabedes que en Redondela se celebra un Entroido de Verán?


lunes, 9 de febrero de 2009

BICENTENARIO DARWIN

Alerta Nivel Laranxa
Meteoroloxía adversa-fortes ventos
Suspéndense as clases en toda Galicia
Pois nós, mentras non se vaia a luz, como todos estos días atrás, vamos aproveitar o tempo.

CHARLES DARWIN

Seguro que sabedes que este ano é o bicentenario do nacemento de Charles Darwin. Claro que, quen era Darwin? Así a grandes rasgos, e para empezar a coñecer este home, dicirvos que foi un moi importante Naturalista, responsable da "Teoría da Evolución das Especies", que fixo unha viaxe moi importante históricamente nun barco chamado "Beagle".
Deixovos aquí algúns enlaces interesantes para que busquedes información, investiguedes arreo, contestedes ás preguntas, vexades os vídeos,... Seguro que mañá sabedes moito máis deste gran científico.

BIOGRAFÍA: Charles Darwin
Vídeo en Inglés:

Pasapalabra evolucionista (Ies As Mariñas-Betanzos):

A Evolución segundo Homer(Ies As Mariñas-Betanzos):

Concurso Científicos (Darwin)

Para comezar a saber cousiñas sobre Darwin xa van chegando.

CARTA DENDE BLANCAFORT

Desde Blancafort, unha das escolas do cole Zer de Poblet, co que falamos esta semana pasada, chegounos esta presentación que nos enviou Pau Espelt, un dos nenos co que falamos por videoconferencia. El e máis a súa nai sacaron fotos do pobo para que nós o coñeceramos.
Teremos que pensar en facer algo similar para que eles coñezan o noso.
Que vos parece?.
Pois veña, mans á obra.

sábado, 7 de febrero de 2009

MARGARIDA VISITA A MANDILÓN

Este ano Margarida está especialmente contenta e feliz. Tantas visitas, tantas actividades,... Pero é que ademais, este curso fixo un montón de amigos novos: Ciencia, Mandilón, ... e tanto os botaba de menos que foi de visita. Esta semana á aula dos "Vincis", que tamén é a de Mandilón, co que tan boas migas fixo.




A PRÓXIMA SEMANA VEREMOS!!

COMUNICÁNDONOS

Esta semana tocou videoconferencias de presentación coas distintas escolas de Zer de Poblet. Os nervios case que poden con nós. Pero, bueno, salvando algún que outro problemiña técnico, foi xenial!.
A próxima semana tócanos co "CRA El Burgo Ranero" de León.
Estamos deseosos de conocelos!



Chicos, chicas,... que vos pareceu a experiencia?

miércoles, 4 de febrero de 2009

ERUPCIÓN INMINENTE

Con este nome presentaban hoxe na Biblio o seu experimento os nenos e nenas de sexto curso.
Aforo completo!
(Vamos ter que cambiar a disposición dos mobles para realizar estas experiencias, pois no recuncho que tiñamos habilitado, xa non cabemos).
Como nos dicían estos grandes científicos, unha reación química sinxela. Cando o vinagre e o bicarbonato se mesturan, producen moitas burbullas diminutas de gas. Se ademáis lle poñemos cor, ... Tremenda erupción!!
Xenial!, Gustounos moito!.
Se a algún ou algunha se lle ocorre facelo na casa, pedide primeiro permiso,... non vaia ser o caso que enchamos a casa de "lava volcánica".

lunes, 2 de febrero de 2009

ONDE ANDAS MANDILÓN?

Margarida, viches a Mandilón pola Biblio?

Mandilón, un amiguiño dos "Vincis"(aula 3 anos) andaba perdido dende había uns días, non sabiamos onde estaba. Os nenos e nenas lupa en man pesquisando posibles pistas sobre o seu paradeiro acabaron na Biblio falando con Margarida.

E mira ti que sorpresa, alí estaban os dous, tan agarradiños. Seica son moi amigos.

Neste tempo que estiveron xuntos fixeron moi boas migas, leron moitos contos, viron algunha que outra peli e xogaron moito. Vamos o que fan os amigos.

"Vincis", non vos olvidedes de traer a Mandilón a Biblio de vez en cando. Xa o botamos de menos.

domingo, 1 de febrero de 2009

UN DÍA POLA PAZ

Vídeos, grabacións sonoras, recital de poemas, ... todo para recordar que si, queremos Paz, queremos entendemento, queremos solucións razonables, queremos exemplos a seguir nos adultos que nos gobernan, queremos...
O Venres, día 30, e como xornada especial:
  • Lemos o manifesto.
  • Vimos vídeos, presentacións con motivo do día da Paz.
  • Recitamos poemas nas distintas linguas que compoñen a nosa comunidade educativa.
  • Formamos o símbolo da Paz no patio.
  • Cantamos a canción elixida este ano, "Cantaré, cantarás".
  • Soltamos pombas como acto simbólico.
"Mi General"
José González Torices
Luis (6º)