jueves, 28 de abril de 2011

"A FESTA DAS PALABRAS"

Este martes, 26 abril, contamos no cole coa "BIBLIOCARAVANA", con motivo da III SEMANA DO LIBRO, "A festa das palabras", que este ano se centraba nas linguas oficiais da península.
Puidemos ler libros en: portugués, catalán, castelán, aranés, euskaro, asturiano, aragonés, ... e por suposto en galego.
Foi cando menos sorprendente comprobar a escrita dalgunhas destas linguas!!
Ademais, e grazas á colaboración de o Ies de Chapela, tivemos con nós a Athenea, unha alumna deste instituto que tiña preparados para os máis pequechos algúns contiños.
Moi ben Athenea!!

Gustáronnos moito!!

Cando queiras xa sabes onde estamos!!

GAÑADORES MQS4

1º Clasificados:



  • Pequenos Cerebros e Grandes Mentes


  • Os S.B.L.

3º Clasificado:



  • El choco mecánico


miércoles, 20 de abril de 2011

REMATOU A OLIMPIADA DO SABER



O mércores 13 de abril saiu a última pregunta da Olimpiada "Margarida Quere Saber 4". Agora xa só nos queda saber que equipo gañou.

Vós o sabedes??

Falta que o xurado delibere sobre as últimas respostas,... e....

Tranquilos, xa falta pouco!

A volta saberemos quen son os gañadores!!!

Desconectádevos xa e a xogar ao aire libre, saide a pasear, a praia, á beira do río,...

lunes, 18 de abril de 2011

domingo, 17 de abril de 2011

DÍA DA ÁRBORE

Despois de todo un curso de preparativos, o último mes de arranxos finais e toda esta semana de actos máis ou menos formais, por fin chegou o día!! O día en que subimos ao monte a disfrutar da natureza, a plantar árbores e compartir unha merenda con parte da comunidade educativa.

Antes de sair, reparto de libros "O Señorito da Reboraina" e mochilas alusivas ao día e un ratiño de lectura silenciosa, que tamén celebramos o Día do Libro (acordádevos que é o 23 de Abril).

E listos para sair. Que co día estupendísimo que tiñamos...

Que tal o pasastes??

Aprendestes moito??

Que foi o que máis vos gustou??



Mañá máis fotos!!

sábado, 16 de abril de 2011

III FESTA DAS PALABRAS

QUEREMOS COMUNICARVOS QUE A BIBLIOCARAVANA ESTARÁ NO NOSO CENTRO O DÍA 26 DE ABRIL, ENTRE 12.00 E 14.00 H.


SERÁ VISITADA POLO ALUMNADO DE 6º, 5º E 4º DE E.P.




Entidades colaboradoras na


III Semana do libro,A FESTA DAS PALABRAS



· Instituto Camões de Vigo


· Euskararen Donostia Patronatua


(Servizo de promoción do euskera do Concello de Donostia)




  • Dirección de Promoción do Euskara (Goberno Vasco)


  • Secretaría de Política Lingüística (Generalitat de Catalunya)


  • Academia de la Llingua Asturiana


  • Academia de L'Aragonés


  • Protección Civil de Redondela


  • IES Chapela (Ciclo Superior de Educación Infantil).


O noso agradecemento


Axencia de Lectura de Chapela


Biblioteca Pública de Redondela


Servizo de Normalización Lingüística


Concellaría de Normalización Lingüística


Concellaría de Cultura


Concello de Redondela


PROGRAMA


(Imprime o tríptico: Exterior- interior)



Biblio-caravana (centros de ensino de primaria)



Do 11 ao 15,


e do 26 ao 29 de abril de 2011



Horario: de 12 a 14 horas



Biblio-caravana (alamedas)



Días 18, 19 e 20 de abril de 2011



Horario: de 10:30 a 13:30 horas


Lugar: Alameda de Chapela (18) e Alameda de Redondela (19 e 20).




Conferencia



Día 20 de abril de 2011, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela.



Carlos Pazos Justo e Roberto Samartim:


Presentación do premio Carballo Calero de investigación 2009




Expositor multilingüe permanente



Do 3 ao 6 de maio de 2011



Horario: de 9 a 14, e de 16 a 21 horas


Lugar: entrada do Multiusos da Xunqueira






A festa das palavras



La fiesta de las palabras



La festa de las paraulas



Hitzen jaia



La folixa de les palabres




Mostra de libros en galego, portugués, castelán, catalán, aranés, éuscaro, asturiano e aragonés.



Abril 2011

jueves, 14 de abril de 2011

O NOSO PATRIMONIO

Con motivo do acto de presentación da Edición Especial do libro "O señorito da Reboraina" que se realizou para o noso Centro preparamos esta presentación.


PROGRAMA DÍA DA ÁRBORE (MES DO LIBRO)

FAI CLIC ENRIBA DO PROGRAMA PARA PODER LELO CORRECTAMENTE

martes, 12 de abril de 2011

XIII edición Concurso de Narrativa "Da Reboraina"

Onte, 11 de abril, o noso Centro estivo de celebración: presentamos a edición especial da novela de D. Ramón Otero Pedrayo "O señorito da Reboraina", organizada polo propio colexio e coa colaboración das comunidades de montes de Ventosela e Reboreda e diversas entidades veciñais, municipais e ANPA, editada por Galaxia.

O acto comezou coa presentación do dito texto a cargo do director do Centro, Manuel Núñez Lamas, seguidamente fíxose público o fallo do xurado do XIII Concurso de Narrativa "Da Reboraina" (os gañadores xa os podedes ver neste mesmo blog), continuamos cunha proxección na que se recollen imaxes das parroquias de Reboreda e Ventosela e relacionadas co "Señorito da Reboraina"; despois tivemos o pracer de escoitar ao escritor e director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes e, para rematar este acto festivo, que mellor que facelo con música: escoitamos unhas pezas a cargo do grupo da profesora do colexio, Isabel Mouzo acompañada de Paco, Ailén e Chuco.

Foi unha emotiva xornada que lembraremos por moito tempo e para iso aquí podedes ver algunhas imaxes do acto.

lunes, 11 de abril de 2011

FALLO DO XURADO

Concurso Narrativa “Da Reboraina” 2011
Categoría A

Premio “Da Reboraina”: Irene Aguilar P. (6ºA) – “A seta Boleta”

1º Accesit: Laura Portela C. (4ºB) – “O soño de Pepe”

2º Accesit: Bárbara Castro C. (6ºA) – “Un día de moita chuvia na Montaña”

3º Accesit: Alba Dasilva C. (5ºA) – “A casa embruxada”

4º Accesit: Ángel Pérez B. (4ºB) – “O polbo Pablo”

Categoría B

1º Premio: Samuel Iglesias B. (Ies Mendiño) – “A venganza do Ferreiro”

2º Premio: Patricia Luis F. (4ºB-Ies Floriani) – “Memorias dun estudante”

3º Premio: Aída Darriba F. (4ºB-Ies Floriani) – “Un mal recordo”

domingo, 10 de abril de 2011

ENCONTROS PLAMBE

Este xoves 7 e o venres 8 de abril celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

Ao igual que os anos anteriores: IMPRESIONANTES.

Con relatores como Mónica Baró, Teresa Mañá,...; experiencias de bibliotecas galegas; traballos ao redor do cine, da banda deseñada, ...; e para rematar e pechar os Encontros as palabras experimentadas dun grande da nosa literatura: Xosé Neira Vilas.

Que máis se pode pedir??

Agradécese ter a posibilidade de poder compartir cos compañeiros doutras bibliotecas escolares as experiencias ao redor dos libros, a lectura,... a aprendizaxe en xeral.

Canto se aprende!!

Se queredes consultar os materiais dos distintos relatores e experiencias facede clic na imaxe, e entrade como convidados.

viernes, 8 de abril de 2011

EDICIÓN ESPECIAL DE "O SEÑORITO DA REBORAINA"

Este luns, día 11 de abril, celebraremos no salón de actos do noso colexio, a presentación da edición especial da novela de D. Ramón Otero Pedrayo "O señorito da Reboraina".

Esta novela está, en parte, situada no pazo Casa Grande de Reboreda, ao lado da igrexa da parroquia. O seu protagonista é don Xoán Manuel Pereira. Este é o nome que se lle deu á rúa que sae da praza da Farola (en Redondela) e chega a Reboreda.

O certame narrativo celebrado no noso centro, que chegou este ano á súa 13ª edición, tamén leva o nome "Da Reboraina" como homenaxe ao escritor ourensán e á súa novela.

Alá polo ano 1994 organizouse dende o colexio, contando coa colaboración de diversas entidades veciñais e municipais, a edición especial do libro "Sempre en Galiza", de Castelao. Este ano queremos facer o mesmo coa novela "O señorito da Reboraina" e con Otero Pedrayo. Editado pola editorial Galaxia e en colaboración con Comunidades de Montes de Ventosela e de Reboreda, co Concello de Redondela , ANPA e Colexio de Reboreda.

O programa de actos para o luns é o seguinte:



12.30: Presentación do acto

12.35: Fallo do xurado do Concurso de Narrativa "Da Reboraina"

12.45: Presentación en power-point do documental "O noso Patrimonio"

13.05: Intervención do escritor D. Víctor Freixanes

13.20: Actuación musical de Isabel Mouzo, Paco Barreiro, Ailén Kendelman e Chuco Estévez

13.35: Clausura do acto.
Un exemplar da novela será entregado a cada familia con alumnos no centro, o día 15 de abril, cando celebraremos "O día da Árbore".

martes, 5 de abril de 2011

CHEGANDO AO FINAL


Atentos, moi atentos, que estamos chegando ao final da "Olimpiada do Saber de Margarida".

Xa só quedan 4 preguntiñas de nada e agora máis que nunca debemos poñernos de acordo cos nosos compañeiros de equipo e buscar con moita atención a información precisa para respostar ás preguntas que nos fai a nosa Mascota Margarida.

Lede sempre con moita atención a pregunta (TODA A PREGUNTA), as explicacións primeiras tamén, e logo á hora de respostar, non vos precipitedes (tedes a lo menos dous días), con calma, poñede o nome do equipo, e verificade sempre cos vosos compañeiros.

MOITA SORTE PARA TODOS E TODAS!!

lunes, 4 de abril de 2011

UNHA SAÍDA INTERESANTE E... DIVERTIDA!

"A semana pasada fomos de excursión ao Museo do Mar. Ao día seguinte á saída fixemos unha redacción sobre o acontecido e este é o meu relato.

O día vinte e nove de Marzo fomos de saída ao museo do mar.

A viaxe foi longa. Unha rapaza chamada Carolina recibiunos na porta do museo. Primeiro vimos unha maqueta dun antigo barco de guerra e, despois, observamos a ría de Vigo. Carolina ensinounos un pequeno submarino, unha vella batea e usamos os sentidos para xogar a uns xogos interactivos. Logo Carolina mostrounos dúas salas: unha sobre a pesca e outra sobre o mar.

Tempo despois fomos a un acuario onde había: mantas, un polbo, anémonas, etc... Ao terminar fomos merendar ao parque de Samil e xogamos un pouco.

LIDIA V.


E APRENDESTES MOITO???

sábado, 2 de abril de 2011

CONCURSO DE DEBUXO AO REDOR DA AUGA

Dende AQUALIA (empresa responsable da xestión da auga no Municipio de Redondela) chéganos esta convocatoria para un concurso de debuxo.
IX CONCURSO INTERNACIONAL DE DEBUXO INFANTIL

EL AGUA EL LUJO MÁS TRANSPARENTE

Mójate, dibuja y !Gana!

A pena é que só poden participar os alumnos de 3º e 4º cursos. Outra vez será!. Pero os que si podedes participar, animádevos!!!

Se lestes a convocatoria seguro que xa sabedes que hai premios interesantes: consolas Nintendo Wii, maletíns de pintura,... e a nós o tema vennos ao pelo.

De que levamos falado este curso arreo???

Pois si: AUGA

E non vos olvidedes do plazo límite de presentación, 29 de abril.

Co bos debuxantes, pintores, ... artistas,... que temos no cole...

Moita Sorte!!


http://www.aqualia.es/