martes, 27 de mayo de 2008

SEMANA TÍTERES EN REDONDELA

Máis de cincuenta actuacións conforman a novena edición do Festival de Títeres de Redondela.
Ademais da programación de sala que comeza o mércores 28 de maio, hai tamén unha programación de rúa o sábado 31 de maio e o domingo 1 de xuño.
Por riba temos a sorte de contar cunha programación para escolares. Onte foron os máis pequenos de educación infantil a ver a obra, "La historia de un huevo perdido", de Ocelot Teatro (O Salvador); Hoxe van os maiores a ver, "Branca de neve" de Vita Marcik (República Checa); e o venres irán os de primeiro ciclo e terceiro, "Historias de media suela", de Fernán Cardama (Arxentina).
Polo que sabemos vai haber moitas sorpresas. Se queredes saber máis sobre a programación das actuacións premede aquí.



sábado, 17 de mayo de 2008

LETRAS GALEGAS ( 3 )

Ademáis no Centro cada ano celebramos este día das Letras Galegas: Cantando o Himno, recitando ao autor (este ano Xosé Mª Álvarez Blázquez), repartindo a nosa revista,... e como non realizando xogos populares.



LETRAS GALEGAS ( 2 )

Aquí en Redondela hai tradición de facer alfombras de flores polo Corpus. Pois vede o que con motivo das Letras se fixo no Colexio.


viernes, 16 de mayo de 2008

LETRAS GALEGAS 2008 (1)

Letras fan palabras, as que utilizamos para escribir a nosa revista. Non é por que sea nosa, pero, a que quedou chula???
Fai clic enriba da revista para vela en grande


sábado, 10 de mayo de 2008

TAUMATROPO

Pero, que é eso do Taumatropo?, tamén chamado Rotoscopio, é un obxecto moi sinxelo que produce unha ilusión óptica. Como xa vos explicamos máis abaixo, colles un cartón , recortas dous círculos de cartulina e debuxas en cada un deles un obxecto como por exemplo un paxaro e unha gaiola, peixeira e peixes, espazo e cohete, árbore e froita..... e pégalos de forma invertida no cartón, a continuación poslle dúas gomas nos laterais para que xire. Ao moverse da a impresión de que é unha soa imaxe. Por se todavía quedan dúbidas, ahí vai eso.








E agora a xirar


Que cousas nos ensinan estos nenos e nenas!!!

Se queredes saber máis clicade aquí

Nenos e nenas de 3º e 4º

CONTACONTOS: BENXAMÍN

Non só os nosos alumnos e alumnas contan contos, ás veces traemos outros contacontos. Nesta ocasión foi Benxamín que nos contou algunhas historias de maxia e algo máis.


jueves, 8 de mayo de 2008

VISITA AO "MARCO"

O pasado mércores 7 de maio os nenos e nenas de 3º e 4º fomos visitar a exposición "Xeopolítica" de Animación no Marco.
Alí pudemos ver distintas técnicas que utiliza o cinema de animación: debuxo, sombras, plastilina e animación dixital por ordenador nas películas que se estaban proxectando nas diferentes salas.
Sabedes que, á diferenza do cinema que rexistra imaxes en movemento continuo, na animación non existe movemento senón que as imaxes se producen unha a unha e ao proxectarse conseguimos que se produza a ilusión de movemento. ¿Queredes comprobalo?.
Para empezar só tedes que fabricar o voso propio taumatropo como fixemos nós. Si, esa palabra tan rara sirve para nomear un obxecto moi sinxelo que produce unha ilusión óptica. Tedes que coller un cartón e poñerlle dúas gomas nos laterais para que xire, a continuación , recortamos dous círculos de cartulina e debuxamos en cada un deles un obxecto como por exemplo un paxaro e unha gaiola, peixeira e peixes, espazo e cohete, árbore e froita..... e pegámolos de forma invertida no cartón. Ao moverse da a impresión de que é unha soa imaxe.
Pero non nos conformamos con construir un taumatropo senón que FIXEMOS UNHA PELI. ¿Non o credes? Unha non, fixemos dúas, e non é tan difícil so un pouco traballoso porque hai que fotografiar unha a unha as imaxes. Este é o resultado.


Unha visita moi interesante na que disfrutamos aprendendo, o único que nos estropeou un pouco a visita foi o pequeno accidente que sufriu a profe Mari Carmen, dende aquí moitos bicos e que se recupere moi pronto.




3º e 4º cursos

martes, 6 de mayo de 2008

LETRAS GALEGAS 2008

Como xa viñemos anunciando en artigos anteriores, este ano o Día das Letras Galegas adícase ao editor, poeta, escritor e animador cultural, Xosé María Álvarez Blázquez.
Nós dende este blog e querendo que estedes ben informados remitímosvos ao novo enlace na barra lateral: "Letras Galegas 2008". Aquí vades atopar moita información sobre este autor, moitas posibilidades para traballar e incluso algún xogo.


sábado, 3 de mayo de 2008

MARGARIDA: DA BIBLIO AO MONTE

Despois de escoitar o fallo do xurado do concurso Reboraina de narrativa, e enfundados na nosa mochila (agasaio da ANPA e as comunidades de montes da zona), subimos a Chan da Costa. Que alegría, xa non se ve negro como o ano pasado, e aínda que non é o que foi, xa semella.
Naquel lugar paradisíaco, plantamos, xogamos, comimos, e incluso descansamos,... que non vai ser todo traballar.
Que fermoso día!
Margarida volveu esgotada, pero encantada!