lunes, 30 de abril de 2018

FINALISTAS EN GALICIENCIA

O equipo formado por Alba S, Alba P e María conseguiron colarse no desafío final de Galiciencia que terá lugar o vindeiro día 11 de maio.

NORABOA RAPAZAS
Quero felicitar tamén ao resto dos equipos que fixeron un gran traballo. Noraboa a todos.
 Ter un equipo da nosa aula no desafío final é un victoria de todos. Non o esquezades.
Aquí tedes os tres vídeos que lle deron o premio a ALBAMAS

DESAFÍO 1: O PRONÓSTICO DO TEMPO
 

DESAFÍO 2: QUE SABEN DO CAMBIO CLIMÁTICO OS QUE ME RODEAN
 DESAFÍO 3: UN ANUNCIO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

jueves, 26 de abril de 2018

PARLAMENTO E RÍA BAROSA

O día 17 de abril de 2018 fixemos unha excursión ao Parlamento de Galicia. Chegamos ao colexio ás 8.45 e saimos en autobús ás 9:07. Chegamos ao edificio da Xunta de Galicia ásS 10.57, despois de merendar nun centro comercial. Chegamos ao Pazo do Hórreo ás 12.30 da mañá e alí visitamos moitas salas pero a que máis me gustou foi o hemiciclo e a sala de comisións. Tamén me gustaron outras coma o salón dos reis. Explicáronnos moitas cousas e tamén vimos algúns vídeos, visitamos as bibliotecas (unha pequena e outra grande) Antes de entrar ao hemiciclo fomos a sala dos pasos perdidos que é a sala onde durante os plenos os deputados poden usala para descansar. Está decorada coas imaxes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas.  
 Fomos comer a alameda de Santiago onde xogamos mentres as profes tomaban uns cafés e, por último, fomos facer a ruta dos muíños do río Barosa, en Barro. Hai moitos muíños que visitamos coa profe Vero. O paseo mellorou moito grazas as explicacións que fixo a profe Luisa. Despois merendamos e xogamos durante un bo anaco.

BRAIS 5º B

martes, 24 de abril de 2018

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O pasado luns 23, día do libro, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º fomos a Pontevedra. Alí visitamos a Illa das Esculturas e o Salón do libro, este ano baixo o lema mulleres de conto, con especial adicación á cultura mexicana e á figura de María Victoria Moreno, homenaxeada das letras galegas 2018.

Foi unha grande saída na que puidemos desfrutar da paisaxe de Pontevedra e do achegamento á cultura.

VISITAMOS A PRAIA DE CESANTES

Despois dun mes buscando un día sen chuvia para poder ir a praia e poder comprobar "in situ" todo o traballado na aula, por fin chegou o día. A chuvia deunos unha tregua e aproveitamos para ir a Cesantes. Fixemos a visita acompañados por Marcelo de Faia, Educación Medioambiental. Comezamo a visita no porto e, andando pola praia, fomos observando, falando e aprendendo máis cousas sobre as algas e a súa importancia no ecosistema, os moluscos, as aves, algúns animais mariños coma as babosas de mar, a composición da area, as dunas... 
Foi unha visita moi instructiva!!!

lunes, 2 de abril de 2018

VISITAMOS O MUSEO DO MAR DE VIGO

O día 23 de marzo, os alumnos e as alumnas de primeiro e de segundo de educación primaria visitamos o museo do mar de Vigo. Unha vez alí fixemos a actividade de Jason o tiburón, na que investgamos e aprendemos sobre os tiburón e as raias.