martes, 14 de mayo de 2019

UN ANO MÁIS OS ALUMNOS DE SEXTO PARTICIPAN EN GALICIENCIA

Un ano máis os alumnos de sexto participaron e visitaron Galiciencia. 
Nesta ocasión presentamos 5 stands moi interesantes e cunha gran acollida na Feira. 
Alba P e Alba S amosaron coma ver o ADN dos amorodos. 
Vero e Soraya nos amosaron un tubo dixestivo. 
Sergio e Rebeca criaron bacterias.
Paula e David nos ensinaron canto azucre consumimos sen ser conscientes. 
Naiara e María fixeron un microscopio caseiro para poder observar a saliva.


lunes, 6 de mayo de 2019

VISITAMOS A CÁMARA ANECOICA DE TELECO

A profe Isa organizounos unha fantástica visita a Universidade de Telecomunicacións dentro do proxecto de "Física e Química" para ver a cámara semianecoica. Trátase dun laboratorio onde se aillan totalmente os ruídos externos xa que as paredes tragan todos os rebotes do son. Pero, mellor que contárvolo podedes velo.

viernes, 3 de mayo de 2019

MÁIS SOBRE O DÍA DO LIBRO

Aproveitando a celebración do día do libro, fotografamos a todos os alumn@s e mestres do cole co seu libro favorito. Despois colgamos todas esas fotos polos corredores. 

FELICES LECTURAS A TODOS!!!